Este ano ten un espazo para todos e cada un dos concellos da provincia a través dos RECANTOS CON ENCANTO onde se promociona o coñecemento de espazos de cada concello que teñen un encanto especial. Por este motivo o calendario non solo promove o desenvolvemento de procesos cognitivos como valorar, tomar decisións, comparar,... ou Competencias como aprender a aprender, sentido da iniciativa e espíritu emprendedor, competencia lingÜística, matemática,...
É un instrumento que axude ás familias a educar, a educar en positivo, a educar en valores, a educar na igualdade, na corresponsabilidade, a disfrutrar xuntos do lecer e, ao mesmo tempo, permita mellorar a atención, a percepción auditiva e visual ou a mellorar memoria..
Debemos facer da educación unha tarefa compartida por todos e tamén reivindicar a importancia de APRENDER XUNTOS.
Existen propostas deseñadas por docentes do CRA MESTRA CLARA TORRES:
Actividades competenciais: TERESA DOMÍNGUEZ
Música: ADELA GONZÁLEZ
Inglés:ELVI PEREIRA
Mellora da fala: PATRICIA ALONSO
A maquetación foi realizada por JAVIER ARGüELLES (+ que ideas)
Nos vindeiros días será presentado ás familias.