domingo, 17 de julio de 2016

QUE FACER EN VACACIÓNS?

As vacacións de verán son longas e por este motivo as veces pensamos que o mellor e deseñar para os fillos e fillas actividades estructuradas.
O periodo estival é o momento óptimo para facer cousas en familia e poder recuperar eses tempos que no inverno non son posibles.
Nenas e nenos aprenden en interacción cos demáis e sobre todo cos adultos da familia.
Falando, conversando, buscando tesouros, experimentando, lendo, imaxinando, facendo excursións pola contorna, etc poden ser os "mellores deberes" para o periodo estival.
É IMPORTANTE ABURRIRSE pois deste xeito a imaxinación e creatividade entran en acción. Estructurar cada minuto da vida dos fillos e fillas non é saudable provocando posibles situacións:
-a sobreestimulación anula a capacidade de asombro, de creatividade e de imaxinación que son o motor para as aprendizaxes.
-nenos e nenas se transforman en persoas sen iniciativa, con pereza mental, apatía,...
-nenos e nenas hiperactivas , nerviosos, que non están a gusto consigo mesmo pois botan en falta a simultaneidade de estímulos
-Recúrrese á tecnoloxía e aos medios de comunicación para acceder a contidos impactantes, trepidantes,...mantendo así un NIVEL ALTO DE ESTIMULACIÓN EXTERNA.
 É importante que vivencien que ter un libro nas mans é unha fonte inagotable de soños, posibilidades,...
Os nenos e nenas de E. INFANTIL tamén len: imaxes, inventan historias a partir desas imaxes, repiten os textos lidos polos adultos,...
Polo tanto, leamos con eles e aproveitemos tamén para ter un libro nas mans os adultos.

PROPOSTAS DE LECTURA PARA SOÑAR NO VERÁN

OUTRAS PROPOSTAS DE LECTURA PARA O VERÁN