domingo, 1 de mayo de 2016

¿COMO EDUCAMOS?

Tal como afirma Javier Urra detectouse un incremento de casos de familias con problemas polo comportamentos dos seus fillos ou fillas.
O máis doado é botarlle a culpa as familias. Pero non, iso sería inxusto. as realidades familiares mudaron: familias monoparentais, 2 proxenitores traballando, moitas preses para conciliar vida familiar e laboral,....

Imos ás veces sen rumbo, estamos con presencia física pero sen presenza emocional, miramos pero de esguello, oímos pero non escoitamos, difícil ter tempo para a conversa, para ter paciencia,....

Nais e pais sen manual de instruccións.
non nos alarmemos. Xa na época dos filósofos gregos existían estas dificultades: ARISTÓFANES, SOCRATES.
Debemos ofrecer técnicas e estratexias.
deberían existir progra,mas educativos que facilitases a resolución de conflictos. hai que educar con amor, sensibilidade, respecto, transmitindo confianza e responsabilidade e ofrecendo normas para que se sentan seguros.
Os fillos deben vivenciar que teñen responsabilidades na vida familiar e tamén responsabilidade social.
Debemos desterrar modelos educativos ERRÁTICOS: Indiferencia ante actitudes e conducats dos fillos-fillas, permisividade, pasividade, ambivalencia, variabilidade. o poder e o control está nos fillos.Os problemas son resoltos polos proxenitores. Debemos desbotar o modelo AUTORITARIO: sometemento temerosos aos proxenitores. trato estricto, severo con coaccións, ridiculizar,...  Outro modelo pouco aconsellable é o MONOPOLIO-SOBREPROTECCIÓN: ansiedade pater-materna, falta de confianza, proteccionismo excesivo, mimos.
O modelo recomendado é o INDUCTIVO DE APOIO -DEMOCRÁTICO: autoridade basada no diálogo, no amor, na sensibilidade, na comprensión, libertade pero con límites claros e precisos, tomar decisións para que aprendan a sconsecuencias,...

Cando educamos non cabe a permisividade e a indiferencia, nin mirar cara a outro lado para non discutir. Os fillos precisan que os pais actúen como figuras de autoridade, que lles inculquen valores e normas de convivencia. Debemos definir ben e claro o que hay que cambiar e, con actitude positiva, buscar solucións para facelo.
É importante fixar límites con indicacións claras, directas , conductas concretas, esixir obediencia e proporcionar responsabilidade. As normas son para cumplilas todos. Debemos ter responsabilidade cara a cada conducta. "Non" significa "NON", . Nunca se pode ceder ante pataletas, choros e rabietas.  Debemos explicar por qué as accións que realiza non son correctas e indicar as que sí son axeitadas. Hai que alabar os logros, os esforzos. A medida que as conductas se van instaurando imos retirando os reforzos positivos pouco a pouco. Os reforzos positivos  empezan por recompensas primarias (golosinas, alimentos) para pasar despois, progresivamente, a recompensas sociais (eloxios) para rematar con recompensas de actividade (calquera cousa que lle guste facer). podemos completar con sorpresas, privilexios ou actividade que lle gusta.
Existirán sancións? Ás veces son enevitables. pero deben estar en relación coa gravedade da conducta e a idade. Debemos pensar moi ben antes de impoñela pois hai que chegar ata o final e facela cumprir. Estas sancions deben ser inmediatas e as veces chega con avisar da sanción.
O tempo fóra e a retirada de atención son outras estratexias. Os adultos debemos estar preparados para ser quen de "aguantar" a sanción ou o tempo fóra e, por suposto, non dar marcha atrás pois nese momento perdemos toda a credibilidade.
a continuación sempre debemos ofrecer oportunidades de aprendizaxes novos con éxito.