lunes, 21 de septiembre de 2020

FILA CERO SETEMBRO 2020


As propostas para setembro dese CINE QUE NOS MIRA pretenden facer posible a mellora da percepción visual e auditiva, a atención e, sobre todo, o disfrute en familia cunha explosión de cores, bandas sonoras, de historias ...

E. INFANTIL


E. PRIMARIA

Agora a disfrutar!

domingo, 20 de septiembre de 2020

AVALIACIÓN INICIAL NA EDUCACIÓN INFANTIL


 Ao inicio do curso é necesario coñecer de onde parte o noso alumnado para poder deseñar programacións reais e que dean respostas ás necesidades do alumnado.

EXEMPLO AVALIACIÓN INICIAL 4º E.I.

EXEMPLO AVALIACIÓN INICIAL 5º E.I.

EXEMPLO AVALIACIÓN INICIAL 6º E.I.

Outra opción será tomar como referente mínimos esixibles, no seu grao mínimo de Consecución, do Documento de Concreción Curricular de 4º e de 5º para ser utilizados ao inicio de curso de 5º e de 6º de E.I.

Para 4º de E.I. pódese crear tamén empregando o currículo de 3º de E.I.

lunes, 14 de septiembre de 2020

LECTURAS PARA FAMILIAS EN SETEMBRO

 

As familias son o mellor exemplo para os seus fillos e fillas e, polo tanto, se viven a lectura como momentos de pracer, de maxia, de soños ...serán quen de facer seus libros e contos como momento de lecer.

As propostas das familias tamén están escritas por mulleres:



Agora a disfrutar e a deixarse levar polas palabras, polas emocións ...

martes, 8 de septiembre de 2020

LENDO, LENDO EN SETEMBRO

 

As proposta de lectura para E. I. son:



As lecturas compartidas farán maxia, ilusión, soños.

Agora as propostas de lectura para E. Primaria teñen un saco de estrelas con aroma de liquidámbar recreándose na historia de brancaneves coma unha pel do mundo e sempre historias para imaxinar escritas por mulleres.






martes, 1 de septiembre de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE SETEMBRO

 


Xa iniciamos un novo mes, o mes de setembro!

A piques do inicio do curso faemos propostas competenciais que promoven a autonomía, a responsabilidade, a iniciativa ...

Como cada mes homenaxeamos a unha MESTRA DE SEMPRE: CLARA TORRES de Tui.

Algúns exemplos de actividades son:

-Crear cuñas publicitarias de receitas de cociña.

-Deseñar cronograma de tarefas corresponsables.

-Cear sen TV e conversar sobre os beneficios dunha alimentación saudable.

-Indagar sobre o funcionamento de determinados aparellos.

-Deseñar xogos ou xoguetes con material de refugallo.

-Explicar que tarefas resultaron complexas ao longo do día ou semana.

-Analizar gastos do mes e buscar estratexias para a reducción.

-Crear unha historia descriptiva que teña como protagonistas membros da familia.

-Deseñar problemas matemáticos empregando as medidas de capacidade e/ou lonxitude ...

Este mes tamén leva propostas de LITERATURA INFANTIL E DE ADULTOS e PROPOSTAS CINÉFILAS de adultos e infantil-xuvenil.

CALENDARIO COMPETENCIAL EDUCACIÓN INFANTIL MES DE SETEMBRO 20 

CALENDARIO COMPETENCIAL EDUCACIÓN PRIMARIA MES DE SETEMBRO 20