Ao longo destes días con
tranquilidade, sosego e tempo é un bó
escenario para reflexionar sobre educación. Para poder avanzar e aprender é
necesario deterse e realizar unha breve radiografía da situación:
-Profesorado asumindo funcións de teledocencia e buscando fórmulas para
a interacción co alumnado e familias: O profesorado tivo que adaptarse a
unha nova realidade e sen experiencias previas (en moitas ocasións) no uso da
docencia empregando ferramentas TIC. A premura para que o alumnado seguise a
aprender (apenas 24 horas) fixo que nos lanzásemos a crear, buscar e reproducir recursos. Pero esa premura fixo que nos
reparámos nalgunhas cuestións: ¿cantas veces mandaran ao seu alumnado realizar
un escaneado, unha impresión ou remisión
dun documento a través do e-mail?, ¿en cantas ocasións implementaran a creación
dun DRIVE ou subir ou abrir enlaces do Drive?, ¿existiron situacións nas que se
empregou PADLET para realizar tarefas en rede?
- Incremento e proliferación de recursos telemáticos, ferramentas
dixitais e plataformas con recursos educativos: A situación fixo pensar que
as familias deberían ter un banco de recursos de aprendizaxe para que os fillos
e fillas non paralizasen o seu proceso de aprendizaxe. Por ese motivo
apareceron múltitude de recursos en rede. Pola súa parte, o profesorado
-Alumnado e familias realizando tarefas telemáticas, virtuais que envían
os docentes. En moitos contextos familiares os nenos e nenas igual non
podían estar durante o día cos seus proxenitores senón con avós e avoas que
deben coidar a persoas dependentes e, por este
motivo, o prioritario non era facer "deberes". Outras
situacións nos leva a fotografiar a familias traballando e con xornadas laborais complexas e duras que
fai difícil pensar nas actividades escolares. É se a cobertura non existe ou se
non hai trebellos tecnolóxicos as recomendacións escolares son inviables.
Por outro lado, o alumnado de E.
infantil E primeiros cursos de E.P. non teñen suficientemente desenvolvida a
autonomía, a capacidade de traballar sós. E nos derradeiros cursos de E.
Primaria poderíanse dar as circunstancias da posible existencia da capacidade
de esforzo, de traballo autónomo, etc. pero estes aspectos hai que
"traballalos" antes, hai que vivencialos anteriormente.
Seguimos a esixir ao alumnado o
mesmo que se as clases fosen presenciais e se nos esquece que as interaccións
entre iguais, as linguaxes non verbais nas aulas e mesmo a a motivación medra
nas aula.
-Familias teletraballando e empregando ordenadores e tablets: Neste
espazo familiar é complexo que o alumnado poida estar, ao mesmo tempo,
realizando as súas tarefas escolares on line ou collendo enlaces é unha misión
imposible. Serían necesarios máis ordenadores ou tablets pero iso suporía máis desigualdade. Por outra
banda o estado emocional de moitas familias polos ERTES está ocasionando
inseguridade, desazón e preocupación polo que o avance ou non do
desenvolvemento curricular de fillos e fillas queda nun segundo plano.
-Familias sen formación e competencia dixital: Durante anos, ainda
que sabemos que as familias deben ser corresponsables da educación dos fillos e
fillas e, en poucas ocasións, desenvolvemos formación e orientación familiar.
Sabemos se as familias saben manexar un DRIVE? Papás e mamás teñen competencias
en videoconferencias? Os proxenitores teñen competencia no desenvolvemento
curricular e na resolución de cuestións relacionadas cos "deberes"?
Cales serán os motivos polos que un 80% de alumnado nalgúns centros non
devolvan as tarefas ao profesorado?
-Canles de TV con recursos para o alumnado memorísticos, mecánicos, descontextualizados,
que non levan ao alumnado a pensar, a argumentar ou a ser
competente. As persoas que mellor coñecen ao alumnado son as titoras e titores,
as docentes e os docentes do centro e, por este motivo, debemos fuxir de
conectar ao alumnado a unha pantalla e por riba con propostas obsoletas e nada
competenciais.
-Plataformas, blogs, enlaces,... de recursos educativos: No afán
colaborador coas familias e cos docentes lanzámonos a xerar recursos e recursos
sen demasiada validez pedagóxica. Confundimos cantidade con calidade e por usar
as Tic non quere dicir que favoreza a reflexión, o aprender a aprender, a tomar
iniciativas, o protagonismo activo do alumnado,... pois na maioría dos casos
son propostas mecanicistas, transmisivas ou repititivas. Onde quedaron as
tarefas e desempeños que promovan a creatividade, a solidariedade, o consumo
responsable, un medio ambiente sostible, etc.
-A educación compensa desigualdades e a fenda educativa da
desiguladade estase a disparar nestes momentos. Aqueles alumnos e alumnas de
entornos familiares estimulantes, creativos, responsables terán unha
oportunidade para seguir enriquecéndose no fogar mentras que aqueles nenos e
nenas de ambientes e contextos xeográficos desfavorecidos incrementarán a súa
desigualdade. O confinamento nos fogares confinará tamén as posibilidades de
aprendizaxe en comunidade ou en interacción cos demáis.
-Preocupación pola perda ou non do curso escolar: Dende o inicio do
curso escolar, no mes de setembro e, ata o 13 de marzo, pasaron 6 meses. Cunha
operación matemática poderemos comprobar que xa pasou 2/3 do calendario
escolar. Os contidos curriculares vanse construindo curso a curso e sempre
repetimos contidos. Se existe unha boa planificación e desenvolvemento
curricular no centro existen un mínimo
de contidos novos cada curso pois os
demáis serven para reforzar, para complementar. Por este motivo, o curso non
está perdido. Se os docentes pensamos nisto e que poucas aprendizaxes
realizaron os nenos e nenas nas aulas ata o mes de marzo. Lembremos que en
abril tiñamos vacacións de S. Santa, 1 de maio festivo e, por cuestións
atmosféricas, en maio e xuño sucédense saídas complementarias (moitas delas
descontextualizadas e sen valor curricular ou pedagóxico).
- Sistema de avaliación das tarefas realizadas no fogar no confinamento a través da valoración do esforzo pero tamén
do desempeño de forma cualitativa e non
cuantitativa e que non produza unha fenda na igualdade da educación para todos.
Pidamos que nos relaten a través de textos escritos ou audios que fan cada día
e igual descubrimos que axudan nas tarefas domésticas, colaboran no coidados da
horta ou dos animais, participan en conversas
ou no coidado de persoas maiores.
-Incertidume sobre a avaliación do alumnado se o curso non se reinicia:
O alumnado terá unha avaliación normal do 2º Trimestre e para a valoración do
terceiro trimestre teremos que botar man
do grao de consecución dos mínimos esixibles establecidos na programación pero
tamén vai serr o momento de que os equipos docentes valoren cales son os
contidos básicos, útiles para a vida, relevantes e necesarios para poder seguir con aproveitamento
o seguinte curso. Tras ese análise igual se descubre que a maioría dos contidos
estaban desenvoltos e que ao inicio do curso
seguinte realizarase un recorrido cara atrás para poder avanzar, como se
realiza en cada inicio de curso para poder "andamiar" as novas
aprendizaxes. Ainda que exista alumnado que non ten acadado o desenvolvemento
das competencias e dos obxectivos plantexados inicialmente nos 2 primeiros
trimestres penso que non é o momento de favorecer a non promoción. Eso sí, cun programa de reforzo ou de recuperación e de
apoio personalizado, realista, sistematizado e cun cronograma de titorización
por parte dos docentes. Non estamos falando aquí de aprobado xeral, estamos
establecendo que os dous trimestres avaliados deben ser o referente e o punto
de partida para o inicio do curso escolar.
-Pantallas e pantallas: Sempre estamos a falar da necesaria
desintoxicación tecnolóxica do alumnado no fogar e agora somos os docentes os
que priorizamos eses uso. Existen moitas actividades para aprendizaxes dinámicos
ou competenciais que non precisan ferramentas tecnolóxicas: calcular o gasto da
cesta da compra, falar e conversar, escoitar, saudar aos veciños e veciñas, ler, expresar sentimentos ás persoas da
familia, cociñar, limpar,...
Conclusións:
-A xestión e a reparación
emocional das familias e alumnado deben ser o prioritario neste momento.
-Se queremos que o alumnado sexa
autónomo e responsable poñámolos en situacións para selo ao longo do curso presencial
e non na situación de Alarma Nacional.
-Se as aprendizaxes non son
significativas case mellor que se perdan
pois non van formar parte dese universo persoal ao longo dos anos.
-Pensemos en acompañar ás
familias e non agobialas con chamadas, videochamadas e dando tranquilidade,
asesorando, calmando, tranquilizando e dando respostas que son de sentido común
ás incertezas (ainda que non as teñamos).
-Se o curso se inicia alá polo
mes de maio o alumnado e o profesorado precisará rir, sentir, soñar, interaccionar,
coñecerse de novo (xa que medrarían emocionalmente) e non pecharse entre catro
paredes da aula para seguir un ritmo normal xa que nada será igual nin deberá
ser igual. Será a oportunidade para coñecer como se sentiron, como se senten,
que botaron en falta, que fpoi o que máis lles gustou nos días de confinamento,...e
aí atoparemos sin lugar a dúbida moitos contidos curriculares como empregar a linguaxe para argumentar,
describir ou descubrir que os contidos relacionados cun consumo responsabvle
estivo moi presente nos fogares xa que se evitou ir moitas veces ao
supermercado, reciclouse comida,...
-Busquemos estratexias efectivas
para que o alumnado teña neste periodo posibilidades de aprender
competencialmente a través de tarefas ou resolucións de situacións problema
pois seráa mellor bagaxe para iniciar un novo curso en setembro. Cando se expón
que queremos alumnos e alumnas competentes, seres humanos competentes supón que
son quen de poñer en práctica habilidades, coñecementos, motivacións, valores
éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que
se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz (Orde ECD 65/2015). É o momento de facer prácticas no contexto
educativo informail que é a familia. Ofertemos actividades para «saber facer» pois
lle valerán para a súa realización e
desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social. Por outra parte, este tipo de aprendizaxes
perfectamente realizables no fogar (Exemplos en CALENDARIOS
COMPETENCIAIS) favorecen a motivación por aprender.
-A implementación e proliferación
das Tic nestas dúas semanas non quere dicir que poñamos en acción metodoloxías
activas, dinámicas, creativas senón que podemos estar a mutalas co cobertor da
innovación pois igual estamos a empregalas de forma reproductiva, como un medio
para "lanzar" fichas e fichas via telemática.
-Existe alumnado e familias
diversas e cada unha desas familias e dese alumnado deben ter unha atención personalizada, individualizada
pois hai que respectar os distintos ritmos e estilos de aprendizaxe, situación
social, intereses e sempre partindo do nivel competencial inicial destes.
-Reformulemos, desaprendamos o
aprendido que resulta ineficaz, espertemos e manteñamos a motivación e a
curiosidade (Educar en la realidad, Educar en el asombro, La Educación por escenarios) por adquirir coñecementos,
destrezas e actitudes e valores en situacións reais e creativas da súa vida
diaria pois serán aprendizaxes máis transferibles e duradeiras.
-Deixemos tempo libre para
aburrirse pois neses momentos se crea, se buscan estratexias para non aburrirse
e se logran grandes descubrimentos: podo cantar, podo bailar, podo escoitar as
conversas dos adultos, podo crear unha letra para unha canción, podo inventarme
un doce,...
-Busquemos e atopemos os piares
dunha nova educación baseada no ser, no
sentir, no convivir, no facer e tamén no coñecer (por esta orde). Este tempo
deberá ser un TEMPO gañado para a EDUCACIÓN.
Sintamos a necesidade de mellorar a educación, de crear unha nova realidade educativa!
Imos aló!