jueves, 28 de febrero de 2019

TIC-TAC-TEP-TRIC CON APLICACIÓNS

O uso das TIC de forma creativa para transformar as aprendizaxes en coñecemento, para empoderar ao profesorado e ao alumnado, para comunicar e para comunicarse,...
As TIC favorecen a organización da aula, a organización de contidos, a información, a avaliación do alumnado, a motivación, a creación de avatares ou de presentación atractiva de contidos ou información, dinamiza as aprendizaxes a través do xogo (gamificación),...
Para saber máis premede no seguinte enlace onde aparecerá unha escola de aplicacións TIC ou ben descargades o código QR da parte inicial da páxina

miércoles, 27 de febrero de 2019

RADIOBLOG: JOSÉ MOYA COMPETENCIAS PROFESIONALES DOCENTES

Determinar ou visibilizar as competencias profesionais docentes son necesarias para que a educación do século XXI dea unha resposta ao alumnado, ás súas necesidades.
Moya establece 4 grandes bloques nos que integrar as diferentes competencias docentes:
  1. COMPETENCIAS CIENTÍFICAS-TECNOLÓXICAS (ser competente no coñecemento que vai ensinar)
  2.  COMPETENCIAS PSICOPEDAGÓXICAS E METODOLÓXICAS (saber ensinar, que o coñecemento poida chegar ao alumnado, a todos os alumnos e alumnas nas mellores condicións)
  3. COMPETENCIAS PERSONAIS (habilidades sociais, comunicativas, empatía,...)
  4. COMPETENCIAS EN TRABALLO COOPERATIVO, COLABORATIVO EN INSTITUCIÓNS-ORGANIZACIÓNS EDUCATIVAS.
COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES, JOSÉ MOYA 

martes, 26 de febrero de 2019

viernes, 22 de febrero de 2019

PROTOCOLO DIVERSIDADE FUNCIONAL SENSORIAL AUDITIVA

Acaba de sair!
Pero se a palabra DISCAPACIDADE debe desaparecer e falar cunha linguaxe inclusiva como por exemplo DE DIVERSIDADE DE CAPACIDADES OU DIVERSIDADE FUNCIONAL neste PROTOCOLO titúlase PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA DISCAPACIDADE AUDITIVA.


jueves, 21 de febrero de 2019

A ESCOLA DE NAIS E PAIS EN RADIO BLOG DE FEBREIRO





Xa estamos a finais de febreiro e chega a segunda sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS na RADIO MUNICIPAL DE TUI.
Mércores 27 de febreiro ás 12,30 teremos o privilexio de conversar con D. José Moya, catedrático da Universidade  das Palmas, Gran Canaria.
Pepe Moya é un das persoas expertas no panorama educativo nacional e internacional nas COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES.
Cales serán esas competencias necesarias?
É necesario redeseñar as competencias profesionais docentes?
Como deben ser os docentes do s. XXI?
Esta se outras cuestións seran respostadas no programa en directo.
Non esquezades enviar por escrito preguntas ao  Whatsapp  da RADIO MUNICIPAL tfno.664061200

miércoles, 20 de febrero de 2019

QUE APRENDEMOS DAS NENAS E NENOS?


Sempre pensamos que son os nenos e nenas os que aprenden de nós. É certo! Aprenden! Pero poucas veces os adultos nos paramos a pensar nas múltiples cousas que aprendemos cada día dos nenos e nenas: a sorrir, a  non ser rencorosos, a ser transparentes, ....

Deixovos as palabras de FERNÁNDEZ BRAVO para que disfrutedes:

Todo lo que me enseñaron los niños

José Antonio Fernández Bravo



viernes, 15 de febrero de 2019

MÉTODOS EDUCATIVOS: VERDADES E FALACIAS

Estamos na época de decidir en que centro matriculamos aos nosos fillos e fillas.
O seguinte artigo deberá servir para facernos reflexionar e pensar .
Javier Guillenea fai un análise exhaustivo sobre os MÉTODOS EDUCATIVOS valorando o que hai de verdades e o que de falacias ou marketing comercial.
Lembrade que todo se compra e todo se vende.

"Es época de prematriculaciones y los colegios intentan ganar alumnos enseñando sus mejores y más modernos métodos pedagógicos. ¿Tienen todos ellos acreditados su valía?"

 ARTIGO METODOS EDUCATIVOS (JAVIER GUILLENEA)

martes, 12 de febrero de 2019

CREMOS NAS POTENCIALIDADES DOS FILLOS-AS?

Alex Rovira trata de facernos reflexionar sobre o papel que teñen pais, nais, profesoras, profesoras, amigos, amigas,....sobre no futuro dos fillos ou alumnado. Debemos creer nas potencialidades de cada ser humanos, nas súas fortalezas,...non podemos quedarnos coas debilidades pois o potencial de cada ser humano é  infinito: amar, sentir, facer, mirar, escoitar,...
Para saber máis debedes premer no seguinte enlace.

Por qué es tan importante como miras a tu hijo?

miércoles, 6 de febrero de 2019

martes, 5 de febrero de 2019

LENDO, LENDO EN EDUCACIÓN INFANTIL


Seguimos ofertando propostas lectoras para soñar, imaxinar, rir, .....
As propostas lectora spara estes mes son:






CALENDARIO COMPETENCIAL EDUCACIÓN PRIMARIA FEBREIRO 2019


Xa estamos no mes de febreiro de 2019.
Seguimos coas propostas funcionais para a vida!
Existen propostas para deseñar a planificación de menús saudables, redactar a lista da compra, elaborar recetas, palnificar tarefas corresponsábeis no fogar, visitas a recantos con encanto da provincia (Baiona, arbo, Barro, Bueu), crear murais coas normas de convivencia da familia,...inventar problemas matemáticos con xeometría, probabilidade, sacar fotos a monumentos da contorna,...
Amáis teredes propostas de cine en familia, de cine para adultos e propostas lectoras para nenos e nenas e para adultos.
Disfrutade educando xuntos!


CALENDARIO COMPETENCIAL E. INFANTIL FEBREIRO 19


Xa estamos no mes de febreiro de 2019.
Seguimos coas propostas funcionais para a vida!
Existen propostas para a mellora da fala: inflar globos, inspirar e espirar, lanzar bicos voadores, agochar obxectos da cada e identificar o que falta,...
Temos tamén a posibilidade de crear disfraces, realizar descricións de disfraces, buscar no dicionario nome de alimentos, xogar en familia ás palabra sencadenadas, deseñar a lista da compra, aprender os nomes dos barrios da parroquia, visitas a recantos con encanto da provincia ( Baiona, arbo, Barro, Bueu).
Amáis teredes propostas de cine en familia, de cine para adultos e propostas lectoras para nenos e nenas e para adultos.
Disfrutade educando xuntos!
FEBREIRO 19
FEBREIRO 19 BIS


lunes, 4 de febrero de 2019

TÉCNICAS DE ESTUDIO


Recompilación de recursos para desenvolver TÉCNICAS DE ESTUDIO
TÉCNICAS DE ESTUDIO

DIFICULTADES DE APRENDIZAXE E IIMM

o El término “dificultades de aprendizaje” se suele utilizar en la literatura para referirse a los niños/as con dificultades en el aprendizaje de la lectura, escritura y cálculo matemático. En este artículo adoptaremos una perspectiva más amplia para describir someramente aquellos problemas, dificultades, trastornos, etc. que afectan al funcionamiento escolar. El marco teórico ofrecido por la Teoría de las Inteligencias Múltiples es adecuado para este propósito.
Es necesario que la escuela modifique una buena parte de sus planteamientos didácticos. De este cambio se beneficiarían todos los alumnos, también los que presentan dificultades. La intervención educativa con alumnos con dificultades debería ampliar su perspectiva y no centrarse únicamente en el “déficit”, sino también en las fortalezas y habilidades
INTELIXENCIAS MÚLTIPLES E DIFICULTADES DE APRENDIZAXE

OS EFECTOS DAS PANTALLAS NA VIDA DE NENOS E NENAS

Na sociedade actual é frecuente atoparnos con nenos e nenas de poucos meses ou 1 ano escaso manipulando un dispositivo móbil ou unha tablet.
A pregunta que poderiamos facernos é: É aconsellable? Favorecerá o desenvolvemento da intelixencia? Provocará a hiperestimulación?,...
Para que teñamos mellores argumentos de análise e de reflexión deberedes ler o seguinte artigo:
 LOS EFECTOS DE LAS PANTALLAS EN LOS NIÑOS (ÁLVARO BILBAO, Neuropsicólogo)
Los efectos de las pantallas en los niños: "Reducen la atención y aumentan el riesgo de fracaso escolar"

Ver más en: https://www.20minutos.es/noticia/3536787/0/alvaro-bilbao-pantallas-nuevas-tecnologias-menores/#xtor=AD-15&xts=467263
Los efectos de las pantallas en los niños: "Reducen la atención y aumentan el riesgo de fracaso escolar"

Ver más en: https://www.20minutos.es/noticia/3536787/0/alvaro-bilbao-pantallas-nuevas-tecnologias-menores/#xtor=AD-15&xts=467263

viernes, 1 de febrero de 2019

LIBROS PARA APRENDER:

Mar Romera, experta en educación dos afectos, explica a importancia da familia como 1º educadora e insustituible da educación das emocións.

EDUCACIÓN AFECTIVA E DOS AFECTOS: MAR ROMERA

Xa tivemos a primeira sesión formativa para a Comunidade Educativa do Baixo Miño.
Mar Romera reflexionou sobre a importancia dos afectos, da afectividade e do desenvolvemento emocional.
Lanzounos moitos interrogantes para que pensemos e reflexionemos críticamente sobre esta scuestións.
Se queredes escoitar o programa debedes premer no seguinte enlace
PROGRAMA DE RADIO EDUCACIÓN AFECTIVA E DOS AFECTOS, MAR ROMERA