A violencia machista contra as mulleres segue e por este motivo debemos seguir loitando. O 25 de novembro, o DÍA DA VIOLENCIA DE
XÉNERO debe ser un día para a reflexión, para cuestionarnos que estamos facendo en educación para ir rachando con esta lacra pero a reflexión debe continuar cada día. Se temos que seguir reflexionando é porque moitas mulleres e
nenas están sendo víctimas da violencia verbal, psíquica ou física.
A historia da violencia adoitase escribir con nomes de MULLERES.
Son as vidas de mulleres que, en moitos casos, descoñecemos.
En 1999 a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS declarou o 25 de novembro como día Internacional contra a violencia cara as mulleres.
Dende aquela moitas mulleres morreron, moitas mulleres foron asasiñadas.
Para modificar esta situación cómpre que EDUQUEMOS na igualdade, no
respecto, na consciencia emocional, no autocontrol das emocións e na
autoestima e autopercepción xa dende EDUCACIÓN INFANTIL.
A continuación, fágovos unhas propostas de lectura para que os valores
de escoitar, respectar, compartir, ser corresponsables,... se vaian
"vivenciando" cada día.