O Nadal é unha época para compartir: ilusións, amizade, historias,...
Deste xeito facémosvos propostas de cine:
viernes, 16 de diciembre de 2016
jueves, 15 de diciembre de 2016
GUÍA PARA A ELECCIÓN DE XOGOS E XOGUETES PARA A IGUALDADE
Nestas datas é complexo facer unha boa elección de xogos, xoguetes e libros cos que poidamos agasallar, e agasallar para facer nenos e nenas sensibles, reflexivos, xcríticos, activos,...
Debemos ter presente que xogar favorece o
desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social e motriz.
Por outra parte, é importante non fomentar e perpetuar os estereotipos de xénero entre as nenas e nenos nestas idades e por iso debemos ofertar un abano amplo de posibilidades de xogo: nenas xogando con coches ou nenos xogando con cociñas, basoiras ou bonecas.
Os xogos e xoguetes deben promover unha educación en igualdade.
A continuación o enlace para unha GUÍA
Se queredes saber máis premede no seguinte enlace
miércoles, 14 de diciembre de 2016
LECTURAS CON VALORES PARA AGASALLAR
A continuación facemos unha proposta de lecturas para agasallar onde se visibilizan valores como a tolerancia, o valor da diferencia, compartir, respecto, solidariedade, consumo responsable,...
CONTOS CON MOITOS VALORES
CONTOS CON MOITOS VALORES
martes, 13 de diciembre de 2016
ESTRATEXIAS PARA A RESPOSTA EDUCATIVA AO ALUMNADO TDAH
Para
a atención á Diversidade debemos partir do que a LOMCE 8/2013 ou a
LOE 2/2006 establece como PRINCIPIOS da educación: a
calidade da
educación para todo o alumnado; a equidade,
a inclusión
educativa e a non
discriminación; a
concepción da
educación ao longo de toda a vida;
a flexibilidade
para adecuar a educación á diversidade
de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado;
a orientación
educativa e profesional do
estudantado; o esforzo
compartido por alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais,
profesorado, centros, administracións, institucións e o conxunto da
sociedade, e a
autonomía para
establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares.
Mediante eses principios trátase de conseguir o éxito
escolar de todo o
alumnado.
O fin da educación ou o obxectivo prioritario da ATENCIÓN Á DIVERSIDADE debe ser que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas as alumnas e alumnos cunha atención integral. tratando de evitar as desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole. La atención a la diversidad de todo el alumnado desde una perspectiva inclusiva y compensadora, a fin de dar respuesta a sus necesidades educativas, considerando sus intereses, motivaciones y capacidades para el aprendizaje en un entorno normalizado.
A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centro educativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dos profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma, nunha sociedade democrática.
A atención á diversidade da respostas a diferentes capacidades, intereses, motivacións, estilos e ritmos de aprendizaxe, a compensar desigualdades educactivas, sociais, xeográficas, culturais,..ás necesidades educativas especiales, ás dificultades específicas de aprendizaje, ao alumnado con TDAH, ao alumnado con altas capacidades intelectuales, á incorporación tardía ao sistema educativo como se reflicte no TÍTULO II, CAP. I da LOMCE.

A
atención educativa á diversidade
concíbese
como un conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de
adecuar a resposta educativa ás diferentes características,
potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e
intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
Partirase
dunha premisa importante: A estructura da aula, os tempos, os
espazos, o desenvolvemento curricular deberá ADAPTARSE ás
NECESIDADES DO ALUMNO-ALUMNA. E NUNCA será o alumno-alumna a que se
teña que adaptar á aula.
Tal
como aparece explicitado no Artigo 1. do D. 229/2011 a
atención á
diversidade do pretende facilitar o desenvolvemento persoal e social
de cada alumna e alumno e o seu potencial de aprendizaxe e, polo
tanto deberanse
deseñar un conxunto
de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta
educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e
estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais
e culturais de todo o alumnado.
A
atención á diversidade rexerase polos principios de normalización
e inclusión; equidade, igualdade
de oportunidades e non
discriminación; flexibilidade e accesibilidade ;interculturalidade e
promoción da convivencia (art. 4)
Na resposta educativa á diversidade priorizaranse
as medidas de carácter ordinario e normalizador.
As de carácter extraordinario só se levarán a cabo unha vez
esgotadas as anteriores.
A intervención
educativa basearase nun enfoque multidisciplinar, individualizado,
integral, flexible, comunicativo, inclusivo, dinámico e de
colaboración e coordinación entre os diferentes profesionais.
Os
ÁMBITOS de intervención da atención educativa serán:
Educativo:
centrado
no proceso formativo e no seguimento das aprendizaxes curriculares
que permitan unha continuación dos estudos o máis normalizada
posible. (Aprender a coñecer)
Competencial:
centrado
no desenvolvemento das competencias clave ao longo dos diferentes
momentos e situacións da vida das persoas. (Aprender a facer)
Social:
enfocado
ao mantemento dos vínculos que unen á persoa coa súa comunidade
educativa, no sentido amplo, e ao seu grupo-clase de referencia, nun
senso máis restrinxido. Desenvólvense, polo tanto, competencias de
relación interpersoal. (Aprender a estar)
Afectivo-emocional:
orientado
a desenvolver competencias intra-persoais, de autocoñecemento e de
desenvolvemento da intelixencia emocional. (Aprender a ser)
O
trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) responde
a un patrón
persistente de conduta de desatención, hiperactividade e
impulsividade
que comeza na idade infantil (Fonte:
PROTOCOLO DE CONSENSO TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA, XUNTA DE
GALICIA)
TDAH
maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas,
nenos e adolescentes (familia, escola, relacións interpersoais,
actividades de lecer), en forma de dificultades para agardar, para
concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e
emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
A
desatención
obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade
para manter a concentración nas
tarefas, a
falta de perseveranza
durante a súa realización e a desorganización.
A hiperactividade
refírese ao exceso
de mobilidade e á inquietude constante.
E a impulsividade
ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa
procura da recompensa inmediata, así como á dificultade para
agardar polos beneficios que se demoran no tempo.
A
hiperactividade,
a desatención e a impulsividade poden darse combinada ou con
predominancia dun destes tres aspectos:
-Presentación
combinada.
é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como
os de impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o
nivel evolutivo da persoa.
-Presentación
predominantemente impulsivo-hiperactiva.
nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou hiperactividade,
mentres que os síntomas de inatención teñen unha menor presenza.
Esta presentación é máis frecuente nas
nenas e nos nenos de menor idade.
-Presentación
predominantemente inatenta.
nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de
inatención.
ENLACES PARA SABER MÁIS:
3º FALADOIRO DE EDUCACIÓN
Familias,
O
xoves 15 de decembro, ás 18,00 horas teremos a terceira sesión dos
FALADOIROS DE EDUCACIÓN. Pregamos a vosa asistencia. Nesta xornada
abordaremos a importancia do USO REFLEXIVO E SEGURO DE INTERNET E
REDES SOCIAIS tanto por parte do alumnado como por parte das mamás e
papás. É importante coñecer ferramentas e estratexias para este bó
uso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)