martes, 29 de noviembre de 2016

PODEMOS CAMBIAR O MUNDO?

Por suposto que sí!
César Bona fai esta afirmación no seu segundo libro.
O que se vive nos fogares de cada alumno e alumna e o que se vive nas escolas serán os alicerces necesarios para que o mundo sexa máis habitable, máis xusto, máis solidario, máis comprometido.
 Debemos partir de que a diversidade é unha realidade e esa realidade é positiva, é rica,...é O VALOR DA DIFERENCIA.
Débense deseñar secuencias didácticas nas que o alumnado tome decisións, sexa reflexivo, sexa crítico, analice, indague, compare, delibere, cree,...
Solo desta maneira as aprendizaxes competenciais  serán posible.
As aprendizaxes deben ser SITUADAS (LAVE e WENGER) pois apréndese tamén no contexto social, cultural, familiar.
As aulas deben abrir fiestras ao contexto para nel desenvolver aprendizaxes.

LECTURAS PARA A IGUALDADE

A Igualdade vaise vivenciando dende o nacemento.
Por iso é importante que se realicen lecturas que fagan pensar, reflexionar, analizar, indagar,...
TERRIBLE






jueves, 24 de noviembre de 2016

lunes, 21 de noviembre de 2016

CINEANDO NO CRA!

A continuación propostas de cine de animación para nenas e nenos realizadas por alumnado de diferentes centros de Galicia.
Animádevos a disfrutar do cine de animación!

Proposta do mes:
AS PEMENTEIRAS DE PELOSTROSTOS

A PARTES IGUAIS

FALADOIRO DE EDUCACIÓN Nº 2



Familias,
O xoves 24, Á 18,00 horas teremos a segunda sesión dos FALADOIROS DE EDUCACIÓN. Pregamos a vosa asistencia. nesta xornada abordaremos a importancia de educar na igualdade para poder rachar coa violencia e os estereotipos de xénero. É importante iniciar e vivenciar estes aspectos na infancia como estratexia de prevención.