Queremos
nenos e nenas competentes pero para ese logro deberemos desenvolver
actuacións que o propicien. Ademais debemos ter presente que non solo se
desenvolven competencias no contexto formal da escola senón tamén no
contexto non formal e informal. Por ese motivo o centro debe por en
marcha diferentes estratexias dinamizadoras de accións ciudadanas e
comunitarias que promovan o aprender a aprender, a iniciativa e a
autonomía persoal, espíritu crítico, o consumo responsable, a
sostibilidade, solidariedade,....en definitiva, APRENDIZAXES BÁSICAS
PARA A VIDA.
SON PARTE DA TÚA VIDA, CONSÉRVAME!
O CRA MESTRA CLARA TORRES CONVÍDAVOS A PARTICIPAR NUNHA CAMPAÑA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL QUE PROMOVERÁ O CONSUMO RESPONSABLE DE LUZ.
EXISTIRÁN 2 ACTUACIÓNS DIFERENCIADAS:
-O SABADO DÍA 19 DE MARZO DE 2014 APAGA AS LUCES DO TEU FOGAR, DA CAFETERÍA, DO RESTAURANTE, DO LOCAL COMERCIAL,....5 MINUTOS E ACOMPÁÑATE DE VELAS (CANDEAS).
-UNHA CEA CON VELAS (CANDEAS) O DÍA QUE SE DESEXE.
OS LEMAS DESTA CAMPAÑA SERÁN:
1.- SE ENERXÍA QUERES AFORRAR 5 MINUTOS CON VELAS (CANDEAS) ESTARÁS!
2.- SE ENERXÍA QUERES AFORRAR UNHA CEA CON VELAS (CANDEAS) REALIZARÁS E MOITO, MOITO CONVERSARÁS!!!
ANIMADEVOS A PARTICIPAR E CIDADANÍA ACTIVA E RESPONSABLE SERÁS!