jueves, 28 de enero de 2016

CALENDARIOS COMPETENCIAIS

Xa estamos nun novo ano e seguimos ofecendo unha forma diferente de aprender en familia.
o alumnado non solo aprende nas aulas, no espazo escolar. As aprendizaxes que se realizan en familia e dentro da contorna social, cultural e natural son moito máis significativos e competentes.
Ademáis motivan, interesan e, polo tanto, se convertirán en APRENDIZAXES CLAVE para o seu desenvolvemento emocional, intelectual, motriz, social,...
Solo temos que querer aprender xuntos pois os fillos e as fillas se comprometerán e se implicarán nas aprendizaxes cando intúen, percibe, senten,... que as familias comparten con eles ese esforzo, ese gusto por aprender, por coñecer, por experimentar.
Se clicades na seguinte imaxe teredes propostas para xaneiro.
https://drive.google.com/file/d/0ByuERuzb3V_TUnJFbV9ES3BnSGs/view?usp=sharing
UNHA HISTORIA PARA DISFRUTAR EN FAMILIA!
Presentamos un POSTER DIXITAL para disfrutar co conto  A MÁSCARA DO LEÓN.
-escoitar (clicando no pictograma de escoitar)
-ler (clicando noo pictograma escoitar)
-operación rastrexo polas páxinas da historia (clicando pictograma escribir)


miércoles, 20 de enero de 2016

LIBROS DIFERENTES PARA LER!

Facemos unha proposta de libros para ler de forma diferente e creativa. Ás veces o alumnado precisa de outras referencias visuais para guiar a lectura de forma coherentes. Non todos lemos igual, polo que hai que ofrecer accións diferentes e situacións de aprendizaxe que dean resposta aos diferentes estilos e ritmos de aprendizaxe, diferentes motivacións e intereses, diferentes habilidades e destrezas.
Cada un de nós é DIFERENTE e este aspecto é unha RIQUEZA. CADA SER HUMANO É UNHA POSIBILIDADE INFINITA DE SENTIR, COÑECER, AMAR, SABER,....:


h

Outra posibilidade para traballar é:
https://drive.google.com/file/d/0B6M4YMc0cwJBWFV2c2pyaU9QRFU/view?usp=sharing

viernes, 15 de enero de 2016

PAZ PARA COMPARTIR, PAZ PARA SOÑAR, PAZ PARA, RIR,....


PAZ É.... 



As nenas e os nenos, os seres humanos desexan vivir en PAZ. Unha pomba branca simboliza a PAZ.

PERO A PREGUNTA PODERÍA SER: QUE É PAZ?

DIVERSIDADE DE RESPOSTAS:



PAZ É..........RIR, ACARICIAR
PAZ É..........XOGAR, COMPARTIR
PAZ É..........DAR UN SORRISO E UNHA APERTA
PAZ É..........AFORRAR AUGA
PAZ É..........COIDAR A NOSA CONTORNA
PAZ É.......... NON RIRSE DAS PERSOAS NON CAPACES
PAZ É..........SAUDAR SEMPRE
PAZ É..........OFRECER AXUDA
PAZ É..........COIDAR OS LIBROS  E XOGUETES
PAZ É..........NON TIRAR COS ALIMENTOS E COMPARTILOS,...