viernes, 16 de diciembre de 2016

IMOS DE CINE EN NADAL!

O Nadal é unha época para compartir: ilusións, amizade, historias,...
Deste xeito facémosvos propostas  de cine:

jueves, 15 de diciembre de 2016

GUÍA PARA A ELECCIÓN DE XOGOS E XOGUETES PARA A IGUALDADE

Nestas datas é complexo  facer unha boa elección de xogos, xoguetes e libros cos que poidamos agasallar, e agasallar para facer nenos e nenas sensibles, reflexivos, xcríticos, activos,...
Debemos ter  presente que xogar favorece o desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social e motriz.
Por outra parte, é importante non fomentar e perpetuar os estereotipos de xénero entre as nenas e nenos nestas idades e por iso debemos ofertar un abano amplo de posibilidades de xogo: nenas xogando con coches ou nenos xogando con cociñas, basoiras ou bonecas.
Os xogos e xoguetes deben promover unha educación en igualdade.
  
A continuación  o enlace para unha GUÍA  

Se queredes saber máis premede no seguinte enlace


miércoles, 14 de diciembre de 2016

LECTURAS CON VALORES PARA AGASALLAR

A continuación facemos unha proposta de lecturas para agasallar onde se visibilizan valores como a tolerancia, o valor da diferencia, compartir, respecto, solidariedade, consumo responsable,...

CONTOS CON MOITOS VALORES

martes, 13 de diciembre de 2016

ESTRATEXIAS PARA A RESPOSTA EDUCATIVA AO ALUMNADO TDAH

Para a atención á Diversidade debemos partir do que a LOMCE 8/2013 ou a LOE 2/2006 establece como  PRINCIPIOS da educación: a calidade da educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación; a concepción da educación ao longo de toda a vida; a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado; a orientación educativa e profesional do estudantado; o esforzo compartido por alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais, profesorado, centros, administracións, institucións e o conxunto da sociedade, e a autonomía para establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares. Mediante eses principios trátase de conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.

O fin da educación ou o obxectivo prioritario da ATENCIÓN Á DIVERSIDADE debe ser que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas as alumnas e alumnos cunha atención integral. tratando de evitar as desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole. La atención a la diversidad de todo el alumnado desde una perspectiva inclusiva y compensadora, a fin de dar respuesta a sus necesidades educativas, considerando sus intereses, motivaciones y capacidades para el aprendizaje en un entorno normalizado.
A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centro educativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dos profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma, nunha sociedade democrática.
A atención á diversidade da respostas a diferentes capacidades, intereses, motivacións, estilos e ritmos de aprendizaxe, a compensar desigualdades educactivas, sociais, xeográficas, culturais,..ás necesidades educativas especiales, ás dificultades específicas de aprendizaje, ao alumnado con TDAH, ao alumnado con altas capacidades intelectuales, á incorporación tardía ao sistema educativo como se reflicte no TÍTULO II, CAP. I da LOMCE.
 
 
 
A atención educativa á diversidade concíbese como un conxunto de medidas e accións deseñadas coa finalidade de adecuar a resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
Partirase dunha premisa importante: A estructura da aula, os tempos, os espazos, o desenvolvemento curricular deberá ADAPTARSE ás NECESIDADES DO ALUMNO-ALUMNA. E NUNCA será o alumno-alumna a que se teña que adaptar á aula.
Tal como aparece explicitado no Artigo 1. do D. 229/2011 a atención á diversidade do pretende facilitar o desenvolvemento persoal e social de cada alumna e alumno e o seu potencial de aprendizaxe e, polo tanto deberanse deseñar un conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado.
   
 
A atención á diversidade rexerase polos principios de normalización e inclusión; equidade, igualdade

  de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade ;interculturalidade e 

promoción da convivencia (art. 4)
 
Na resposta educativa á diversidade priorizaranse as medidas de carácter ordinario e normalizador. As de carácter extraordinario só se levarán a cabo unha vez esgotadas as anteriores.
A intervención educativa basearase nun enfoque multidisciplinar, individualizado, integral, flexible, comunicativo, inclusivo, dinámico e de colaboración e coordinación entre os diferentes profesionais.
Os ÁMBITOS de intervención da atención educativa serán:

Educativo: centrado no proceso formativo e no seguimento das aprendizaxes curriculares que permitan unha continuación dos estudos o máis normalizada posible. (Aprender a coñecer)
Competencial: centrado no desenvolvemento das competencias clave ao longo dos diferentes momentos e situacións da vida das persoas. (Aprender a facer)
Social: enfocado ao mantemento dos vínculos que unen á persoa coa súa comunidade educativa, no sentido amplo, e ao seu grupo-clase de referencia, nun senso máis restrinxido. Desenvólvense, polo tanto, competencias de relación interpersoal. (Aprender a estar)
Afectivo-emocional: orientado a desenvolver competencias intra-persoais, de autocoñecemento e de desenvolvemento da intelixencia emocional. (Aprender a ser)

 
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) responde a un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza na idade infantil (Fonte: PROTOCOLO DE CONSENSO TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA, XUNTA DE GALICIA)
TDAH maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola, relacións interpersoais, actividades de lecer), en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
A desatención obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade para manter a concentración nas tarefas, a falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización. A hiperactividade refírese ao exceso de mobilidade e á inquietude constante. E a impulsividade ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como á dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo.
A hiperactividade, a desatención e a impulsividade poden darse combinada ou con predominancia dun destes tres aspectos:

-Presentación combinada. é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como os de impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o nivel evolutivo da persoa.
-Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva. nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou hiperactividade, mentres que os síntomas de inatención teñen unha menor presenza. Esta presentación é máis frecuente nas nenas e nos nenos de menor idade.
-Presentación predominantemente inatenta. nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de inatención.
ENLACES PARA SABER MÁIS:

 

3º FALADOIRO DE EDUCACIÓN


Familias,
O xoves 15 de decembro, ás 18,00 horas teremos a terceira sesión dos FALADOIROS DE EDUCACIÓN. Pregamos a vosa asistencia. Nesta xornada abordaremos a importancia do USO REFLEXIVO E SEGURO DE INTERNET E REDES SOCIAIS tanto por parte do alumnado como por parte das mamás e papás. É importante coñecer ferramentas e estratexias para este bó uso.