Un novo ano con CALENDARIOS COMPETENCIAIS!
Este calendario tamén fai
unha “ponte de unión” con VALENÇA e dende alí posibilidades de lectura en portugués e lugares fermosos
para descubrir e disfrutar.
É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o
principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.
Non é novo que a educación
debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.
Coas transformacións
sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de
competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.
Deste xeito as familias
serán co-partícipes activas do proceso educativo
dos fillos e das fillas.
E o esforzo compartido
que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade
A finalidade será dinamizar
aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques
competenciais.
Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo 7 COMPETENCIAS, como COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa
na sociedade actual e futura.
O seu desenvolvemento debe
iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se
realice de forma progresiva e coherente.
Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma
educacional debe ser o de aprender a aprender e aprender
facendo.
No calendario aparecen propostas de
aprendizaxe colaborativo lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación
ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga,
suxerencias de lectura e cine,
pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da
linguaxe, a atención,
a percepción, educación para
a saúde con creación de menús saudables,
corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Estas 7 Competencias deben ser integradas e
desenvolvidas en tódalas áreas curriculares.
Trataremos de facer unha reseña
das 7 Competencias Clave (7
CC):
As CCCC son:
1.º
COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL). 2.º COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS
BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA (CMCT). 3.º COMPETENCIA DIXITAL (CD). 4.º
APRENDER A APRENDER (CAA). 5.º COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS (CSC). 6.º
SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR (CSIEE). 7.º CONCIENCIA E
EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC).
Dende o proceso de ensinanza-aprendizaxe poderase
contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar,
emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con
creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional sobre a forma de aprender e de ensinar non se
debe a acumulación de coñecementos,
senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas
e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida
cotiá.
O noso desexo é que este calendario
favoreza o desenvolvemento físico, afectivo,
social e intelectual de fillos e fillas, pais e
nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en
familia.
O noso calendario ten propostas de lecer en familia, de literatura infantil e de adultos, recomendacións de cine, estratexias para mellorar a memoria, a competencia matemática, a atención, a discriminación, a fala,...
Se queredes APRENDER xuntos non tedes máis que premer nos seguintes enlaces:
https://www.dropbox.com/s/b075ggjp0vrfdcg/XANEIRO%2015.pdf?dl=0
https://www.dropbox.com/s/2ugsexkqh61fasd/FEBREIRO%2015.pdf?dl=0