miércoles, 26 de noviembre de 2014

1, 2, 3 ....ACCIÓN E AO CINE!

Xa estamos aquí de novo!
E a nosa travesía pola linguaxe audiovisual inicia a súa andaina!
Como inicio  unhas máxicas palabras sobre cine:



"Hai películas que miramos. Na pantalla ábrese unha fiestra sobre o mundo (cómo foi, como tería sido, como chegaría a ser, como é). O mellor cine é sempre un arte comprometido co presente, un espello sobre o mundo no que vivimos.
Pero hai películas que nos miran. Na pantalla ábrese unha fiestra que ilumina a nosa intimidade. O mellor cine é sempre un espello que nos retrata.
Esas son as películas que nos cambian!
Así, o cine  representa unha experiencia da mirada como medio de coñecemento"(D. Domínguez, 2014)



E ata temos CARTEL realizado de forma altruista por unha cidadá de TUI.


A aposta polo cine en TUI vai ser unha actividade cidadá e colaborativa onde todas e todos estaremos implicados:
-Concellería de Educación
-Seminario Menor de Tui
-Casas Culturais das Parroquias
-Foro TUDE
A organización é como segue:
Os derradeiros xoves. ás 20,30 horas (agás se é festivo ou é unha data moi especial) teremos sesión de cine de adultos e os derradeiros venres de mes ás 18 horas  ofreceremos sesións infantís no Salón de Actos do seminario Menor de Tui.
Os sábados derradeiros de mes proxectaremos nas CASAS CULTURAIS. Iremos polas diferentes parroquias de Tui e decidimos facelo por orde  alfabético.
SESIÓN INAUGURAL O XOVES 27 DE NOVEMBRO ÁS 17,30 HORAS CON SESIÓN INFANTIL, MONSTRUOS UNIVERSITY e ás 20,30 horas CINEMA PARADISO para adultos.

 Se precisades dunha guía didáctica da película Monstruos University premede no seguinte enlace:
https://www.dropbox.com/s/cl6oudlsnbo36kk/guia%20de%20visionado%20MOnstruos%20University.docx?dl=0

O programa que teremos ao longo do curso é o que segue:
https://www.dropbox.com/s/oc8wgqlm3jueg9k/CRONOGRAMA%20CINECRA%202014%20-%202015%20def..docx?dl=0


O SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN inaugurou este Proxecto de CINECRA e expuxo que "é unha iniciativa que emprega o cine como vehículo educativo ao tempo que sirve para introducir aos máis pequenos na maxia do sétimo arte" 
 Se precisades máis información premede no seguinte enlace:


http://www.edu.xunta.es/web/node/13947
















martes, 25 de noviembre de 2014

A VIOLENCIA DE XÉNERO: ESA REALIDADE ÁS VECES INVISIBLE

Hoxe, 25 de novembro, seguimos a conmemorar o DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Se temos que seguir reflexionando é porque moitas mulleres e nenas están sendo víctimas da violencia verbal, psíquica ou física.
 A historia da violencia adoitase escribir con nomes de MULLERES.
Son as vidas de mulleres que, en moitos casos, descoñecemos.
En 1999  a ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS declarou o 25 de novembro como día Internacional contra a violencia cara as mulleres.
Dende aquela moitas  mulleres morreron, moitas mulleres foron asasiñadas. 

Para modificar esta situación  cómpre que EDUQUEMOS na igualdade, no respecto, na consciencia emocional, no autocontrol das emocións e na autoestima e autopercepción xa dende EDUCACIÓN INFANTIL. 

A continuación  fágovos unhas propostas de lectura para que os valores de escoitar, respectar, compartir, ser corresponsables,... se vaian "vivenciando" cada día.













jueves, 20 de noviembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS

Hoxe, 20 de novembro debemos lembrarnos desta data pois hai 25 anos que a ASAMBLEA das NACIÓNS UNIDAS estableceu que habería que facer todo lo posible para protexer e promover os DEREITOS de nenas e nenos. Entre os dereitos máis relevantes temos:

  • a ter educación
  • sobrevivir e prosperar,
  • a aprender e a medrar 
  • a seren protexidos
  • a recibir sorrisos
  • a recibir caricias
  • a ter atención médica
  • a ter alimentos,...

Descubride algúns dos dereitos nos seguintes videos:









Se queredes aprender unha canción premede no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=PsvtmnjGKEk

Para saber máis premede nos seguintes enlaces:
http://www.un.org/es/events/childrenday/

As veces pensamos que existe unha sociedade xusta e igualitaria pero a realidade é moitas veces dura, inxusta, excluinte,...
Para poder pensar e repensar premede no seguinte enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=bsdKKfRp8BY

Algunhas fichas de traballo a continuación:

https://www.dropbox.com/s/f1xuk1rzouki2hm/DEREITOS%20DOS%20NENOS-NENAS%20.pdf?dl=0

martes, 4 de noviembre de 2014

CALENDARIO COMPETENTE DE NOVEMBRO

Xa estamos en novembro!
E seguimos querendo ser competentes!
Durante o mes de novembro temos propostas de cine, literatura e de diferentes tarefas a desenvolver cos fillos e fillas no contexto social e familiar que permiten mellorar a atención, a memoria, a percepción,... e ademáis promover a comunicación entre os membros da familia que sempre desembocan en APRENDER XUNTAS E XUNTOS.
Algunha das tarefas colaborativas a realizar son:
-comentar na cea os alimentos que máis nos gustan e os que menos e dar motivos
-conversar sobre momentos felices da xornada ou da semana
- cepillar os dentes
-buscar palabras ou novas nun xornal
-visitar unha galería de arte
-facer doces con castañas e cabaza
 Se premedes no seguinte enlace teredes o calendario:
https://www.dropbox.com/s/4po2dl8swnx5fjj/NOVEMBRO%2014_2.pdf?dl=0

PROPOSTAS DE BIBLIOTECA BÁSICA DE ORIENTACIÓN E TITORÍA PARA AS FAMILIAS

Hoxe iniciamos unha andaina polo eido das referencias documentais básicas para a orientación e titoría ás familias.
Cada mes realizaremos varias referencias propstas polo filósofo J.A. MARINA e experto en orientación e titoría coas familias.
  1. ¡A JUGAR! (2008), E. ESTIVILL para fomentar os bós hábitos a través do xogo.
  2. APRENDER A EDUCAR CON CUENTOS (2001), LISA LIPKIN, aborda de forma creativa a utilidade dos relatos realizados polas familias paera educar aos fillos e fillas.
  3. LOS DESAFÍOS INVISIBLES DE SER MADRE O PADRE (2010), J. BARUDE y  M. DANTAGNAN que establecen as capacidades que deben definir as competencias parentais. 
Agora é o voso momento!