Páginas

martes, 9 de abril de 2019

PLANIFICACIÓN MULTINIVEL

A Planificación Multinivel amáis de ter en conta o acceso á información, os diferentes soportes para recibir e expresar información, as diferentes estratexias metodolóxicas ou os diferentes instrumentos, tempos de avaliación precisa ter claros cales son os contidos nucleares-subiacentes-prioritarios, aqueles contidos complementarios, os enriquecidos ou os personalizados.
A modo de exemplo o seguinte: 

EXEMPLIFICACIÓN SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS MULTINIVEL, 3º E.P.

Escollemos un área ou varias. Reflexionamos sobre os elementos curriculares relacionados cun E.A. ou Contido. Determinamos cal é o concepto subyacente (Collicot) ou contido nuclear ou prioritario que é necesario aprender.
  d
  h
  o
  B4.6.O noso patrimonio natural, histórico e cultural. Os espazos protexidos.
  B4.4.Desenvolver a curiosidade por coñecer as formas da vida humana no pasado, valorando a importancia que teñen os restos para o coñecemento e estudo da historia e como patrimonio cultural que hai que coidar e legar.
  CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico do contorno próximo e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
  CSC
  CCEC

Partimos analizando o seguinte E.A.:
  CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico do contorno próximo e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

Ten varios procesos cognitivos como identifica, valora, respecta. Aparece tamén que o patrimonio que precisan identificar, valorar e respectar é o natural, histórico, cultural e artístico:
  CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico do contorno próximo e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

Para o alumnado de 3º de E.P. podemos priorizar en aspectos de valoración e respecto polo patrimonio natural: ríos, regatos, fontes,… xa que é o patrimonio menos coñecido ou ben porque é o patrimonio que disfrutan no tempo de lecer e constituirían, polo tanto, os conceptos subyacentes ou contidos nucleares-prioritarios que terían un carácter obrigatorio para todo o alumnado.  Como contidos complementarios poderíanse integrar os restos de patrimonio relacionados coa auga: muiños, fontes ou lavadoiros.
Os restos de patrimonio histórico, cultural e artístico nos servirían para ofrecer contidos enriquecidos motivadores para activar os coñecementos previos ou  para que certo nº de alumnos-as logren motivarse porque aparece a igrexa do seu barrio ou parroquia, o cruceiro do torreiro da festa ou unha escultura que está na súa rúa ou praza.
Ademáis poderiase propoñer un reto: sobre que quererías indagar? Que che apetecería facer para concierciarnos da importancia do patrimonio da zona? cales serán os restos de patrimonio artístico da zona que máis che gustaría presentar a outros alumnos-as das aulas/ persoas? Atréveste a indagar? Estes contidos serían personalizados permitindo empoderar ao alumnado outorgando máis autonomía nas súas aprendizaxes, para que se "autoaxusten" sendo capaces de definir  ás súas propias preferencias e contextos e promovendo o uso das Tic.

TAREFA INTEGRADA
Para a elaboración dunha tarefa integrada concebida como un RETO ou MISIÓN: Deseño e creación dun folleto descritivo dos mellores recantos de auga da zona e decálogo de argumentos para a súa conservación.
ACTIVIDADES CON CONTIDOS NUCLEARES-PRIORITARIOS E OBRIGATORIOS
1.    Presentación das actividades de anticipación e de motivación  empregando diferentes  soportes, textos, … (Acceso á información) por exemplo: presentación dun vídeo con patrimonio natural de auga da zona, vídeo con subtítulos y audios de patrimonio cultural e artístico da zona,  folletos turísticos,  imaxes cos nomes  dos lugares e ubicación, mapas da zona con códigos QR que expliquen o patrimonio da zona,... O alumnado nesta fase prepárase para a indagación e tamén para aportar ideas para aprendizaxes relacionados, coñecementos previos sobre a temática
1.    Rexistro do que saben, do que teñen que aprender, onde poden aprender ou buscar información,…
O alumnado terá unha grella-rexistro que poderá completarse con imaxes, títulos de libros, capturas de pantallas, fotocopias, emoticonos, pictogramas,…
REXISTRO
Que sei sobre a temática
Que teño que aprender/facer
Quen me axudou
Dificultades
Aprendizaxes pendentes
Reflexión global







2.    Investigación sobre a importancia da auga e recursos naturais e patrimoniais de auga na zona: listado de zonas de auga con debuxos, videolistados, audiolistados, …
3.    Establece solucións á misión/reto encomendado: audios, mapas mentais, recheo de folleto xa deseñado e aportado polos compañeiros-as, docente, listado dos recantos con complemento de audios,…
4.    Explica o producto creado: con apoios visuais, gravando a exposición previamente e insertándoa no P. Point ou empregando Genial.ly, ou fotografiando o producto e realizando unha montaxe con Kizoa,...
5.    Reflexiona sobre o realizado con texto escrito, con audios ou   mesmamente con debuxos , emoticonos, fotografías,...
ACTIVIDADES CON CONTIDOS COMPLEMENTARIOS
1.    Creación e ubicación dos recursos patrimoniais nun mapa da zona
ACTIVIDADES CON CONTIDOS ENRIQUECIDOS (de carácter alternativo)
1.    Búsqueda, análise de recursos patrimoniais relacionados coa escultura ou pintura  e dos creadores-as dos mesmos creando un poster en soporte papel ou dixital coa información.
ACTIVIDADES CON CONTIDOS PERSONALIZADOS (de carácter optativo)
1.    Realización dun maratón fotográfico na zona fotografiando aqueles exemplos de patrimonio cultural, artístico, etc que máis gusten ao alumnado argumentando a elección.
2.    Realización dun producto socialmente relevante elexido libremente e relacionado coa temática empregando soportes diferentes,...