Páginas

viernes, 12 de abril de 2019

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE ABRIL


Xa estamos en abril e as familias teñen mil e unha posibilidades de aprender cos seus fillos e fillas, de pensar, de imaxinar, de ler, de ter sesións de cine en familia,  de resolver enigmas en contos, de conversar en familia, gravar titoriais sobre a importancia de non consumer exceso de azucre, crear un guión e gravar unha película empregando o móbil, de escoitar música ou de practicar inglés, de planificar menús saudables, indagar sobre mulleres, facer carreira sen familia, realizar algunha visita a recantos con encanto da provincia (Cotobade, Combarro, As Neves, Cerdedo, Catoira, Meis, Poio), crear un mapa da zona e identificar percorridos,...
As nosas heroinas deste mes: JULIA CARO (violonchelista), NOELIA GONZÁLEZ (acordionista), CHUS LAGO (alpinista) A educación compartida é máis sensata, máis coherente, máis motivadora, máis ilusionante,...A través das propostas do calendario educamos na realidade, no asombro e para a vida dende a propia vida e o que é moi importante unha EDUCACIÓN INCLUSIVA que compensa desigualdade.