Páginas

domingo, 26 de marzo de 2017

MAPAS MENTAIS-BURBULLAS DE COÑECEMENTO



Existen recursos e ferramentas metodolóxicas creativas e activas para organizar coñecementos. Estes recursos son os MAPAS MENTAIS, BURBULLAS DE COÑECEMENTO e OS MAPAS CONCEPTUAIS.
 A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral dende diferentes áreas de coñecemento e tanto nos ámbitos formais coma nos non formais e informais; o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun de­terminado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desen­volvemento mediante o cal os individuos van adquirindomaioresniveis de desempeño no seu uso.



De igual maneira debemos ter como referente que debemos desenvolver  diferentes modelos de pensamento como o reflexivo, analítico, lóxico, analóxico, crítico, deliberativo, creativo, práctico, sistémico e que as nosas secuencias didácticas deberán promover que o alumnado poña en funcionamento variados procesos cognitivos que integran os dominios COÑECER, COMPRENDER, APLICAR, ANALIZAR, SINTETIZAR, AVALIAR E CREAR,... (Taxonomía de BLOOM revisada  por Anderson y Krathwohl (2001).

 
O marco teórico anterior lévanos a buscar estratexias e ferramentas ou recursos metodolóxicos para promover esas aprendizaxes competenciais.

Amáis favorece a adecuación da resposta educativa ás diferentes características, potencialidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado pois o noso obxectivo educativo de conseguir que todas as persoas acaden o máximo desenvolvemento persoal e social posible require que se lles facilite unha educación adaptada ás súas singularidades, que se lles garanta unha igualdade efectiva de oportunidades e que se lles ofrezan os recursos necesarios, tanto ao alumnado que o precise como aos centros en que se escolariza. 


Por todo o anterior, o deseño e creación de mapas mentais, de burbullas de coñecemento e de mapas conceptuais  desenvolven procesos cognitivos como a asociación, a reflexión, a análise,  a organización, a categorización, a contrastación, a compilación,  a organización, o resumo, a planificación,...

Estes anteriores recursos metodolóxicos dinamizan de organización e representación do coñecemento empregando gráficos e esquemas.
Os mapas conceptuais foron creados por NOVAK.
Existen diferentes tipos de mapas conceptuais e algúns deles son: os de araña, xerárquico, organigráma, sistémico, multidimensional,...



Mapas mentais

Os mapas mentais favorecen a creación do  coñecemento xa que representa conceptos ou ideas asociadas visualizando ideas de forma esquematizada, relacionadas entre sí que axudan a explicar contidos de temas específicos, explican significados ou características de obxectos, de emocións, de palabras,...É un recurso gráfico, dinámico, creativo,...permite a integración de imaxes, símbolos, cores, ...polo que acentuamos ideas, estimulamos ao cerebro a crear novas conexións. Poden existir ramificacións secundarias.



En E. I. son un recurso necesario para ir guiando as aprendizaxes, promover as funcións executivas, o incremento da concentración e atención, dinamiza o interese e a motivación.

 A continuación uns exemplos realizados por algúns alumnos e alumnas do centro (Ribadelouro, Caldelas)