Páginas

sábado, 25 de marzo de 2017

APRENDIZAXE BASADO EN NÚMEROS


QUÉ É A APRENDIZAXE BASADA EN NÚMEROS?  Consiste na habilidade para empregar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información, como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá. Así mesmo, implica o coñecemento e manexo dos elementos matemáticos básicos –distintos tipos de números, medidas, símbolos, elementos xeométricos, etc.- en situacións reais ou simuladas da vida cotiá, e a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución dos problemas ou á obtención de información. Todo será empregado para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.
As aprendizaxes realizadas con números maipulando, investigando, experimentando a través das posicións no espacio, das semellanzas e diferenzas das figuras xeométricas, dos cuantificadores, ...farán posible que se poñan en acción procesos cognitivos presentes nos dominios cognitivos (Bloom, revisado por Anderson et al. 2001) como son: coñecer, identificar, comparar, categorizar, crear, deliberar, analizar,...
Por outra parte, as actividades manipulativas a través dos bloques lóxicos, regletas, sudokus, dominós, ...incrementan a concentración, a atención, a capacidade de observación, a planificacioón, o razonamento, ,...
Do mesmo xeito, promove a autoestima e autoconcepto, o pensamento reflexivo, analítico, analóxico, deliberativo, creativo,...
Igualmente favorece a capacidade creativa, a imaxinación, a resolución de problemas, a tomar iniciativas,...
Como vemos, o deseño de secuencias didácticas que integren o pensamento lóxico-matemático deben incluir actividades e exercicios  de cálculo matemático, pensamento numéricos, razonamento, comprensión de relacións, ou ben que as tarefas integradas conten coa necesidade de desenvolver o pensamento lóxico.
Existen múltiples intelixencias e unha delas é a INTELIXENCIA LÓXICA MATEMÁTICA

 
A aprendizaxe baseada en números é manipulativa (polo que as fichas de lápiz e papel non poden ser o principal recurso), parte de obxectos reais, desenvolve o pensamento lóxico-matemático, favorece a aplicación do razoamento matemático e as súas ferramentas para describir, interpretar e predicir distintos fenómenos  no seu contexto, o sentido do número, a acción de contar (ascendente-descendente), as transformacións de números-segmentacións-composición-descomposición de números, a subitización, a estimación, a xeometría e  á loxica.
Os números están na vida cotiá e debemos visbilizalos e procurar a pescuda entre o alumnado.
Se queremos empregar o ABN será perfecto pero sabendo  que debemos favorecer que o alumnado indague, valore, planifique, ... 
Os números serven para crear textos enumerativos, para crear: receitas de cociña, para pasar lista, para  cuantificar os días de sol e de choiva, para coñecer e identificar nomes largos e nomes curtos, frases longas e frases curtas, etc
Os números teñen familias: familia da decena 10 (11, 12, 13, 14, ...), 20 (21, 22, 23, ...), 30,....
 Os números teñen amigos ou teñen rúas: a rúa do 5 (5, 15, 25, ...), rúa do 7 (7, 17, 27,...)
Os números teñen veciños: anterior e posterior a un número, a unha decena,...
PARA SABER MÁIS

Orientacións metodolóxicas do pensamento matemático


Para avanzar no desenvolvemento do pensamento matemático, as mestras e os mestres terán presente que as nocións numéricas, as de localización espacial, as de xeometría ou as de medición se favorecen cando as criaturas manipulan, comparan, observan e, sobre todo, expresan as súas ideas e estas son tomadas en conta para saber como interpretan, como perciben o mundo e como se ven a si mesmas como parte del.

Os procesos de adquisición das nocións matemáticas básicas –numéricas, espaciais, de forma e de medida– involucran actividade, pensamento e fala como parte de algo que as criaturas xa fan informalmente e acotío.

É importante para desenvolver o pensamento lóxico-matemático ofrecerlles a oportunidade de resolver pequenos problemas e situacións problemáticas concretas relacionados coa súa vida diaria; por exemplo, chegar a recoñecer as medidas reais dun cadro que estamos vendo nunha ilustración, nos que constrúan explicacións e analicen información utilizando diversos cuantificadores. Isto implica poder ofrecerlles un conxunto de información, incentivándoos a que observen e que formulen preguntas, que fagan estimacións, que busquen os datos que necesitan, identificando os diferentes camiños que se poden seguir para contestar unha pregunta dada.

É preciso considerar que o medio ofrece múltiples alternativas para aproximar naturalmente a nena e o neno ás primeiras nocións matemáticas. No contorno inmediato, é posible atopar e descubrir similitudes e diferenzas, series distintas de elementos, agrupacións, organizacións e cantidades.

Terase en conta que cando as criaturas chegan á escola xa teñen un percorrido no seu coñecemento lóxico-matemático. Este comeza cos primeiros esquemas perceptivos e motores na manipulación dos obxectos. A partir desta manipulación, vai formando novos esquemas máis precisos que lle permiten coñecer cada obxecto individualmente e distinguilo dos outros, establecendo as primeiras relacións entre eles. Unha actividade posterior, básica para a lóxica, é a agrupación dos obxectos. Esta primeira selección é a orixe da clasificación,

cuxos criterios van dende os máis subxectivos e arbitrarios, ata outros máis convencionais. As nenas e os nenos van elaborando progresivamente novas relacións entre os obxectos e así aparece o establecemento de semellanzas e diferenzas e das relacións de equivalencia. Estas, pola súa vez, dan paso ás relacións de orde e ás súas primeiras seriacións de elementos, guiadas por criterios cada vez máis complexos. A partir de todas estas actividades, as nenas e os nenos van adquirindo o concepto intuitivo de cantidade e poderán

utilizar algunhas nocións –cuantificadores– previas ao concepto de número. Un concepto básico para asentar o coñecemento lóxicomatemático é o de conservación da cantidade. Van organizando o espazo e adquirindo nocións topolóxicas básicas, asociadas ás temporais, aínda que a construción do concepto de tempo é un proceso lento e gradual que as criaturas realizarán a partir das súas propias secuencias temporais.

No descubrimento dos números e do seu sentido, é esencial favorecer que as nenas e os nenos constaten a súa existencia e achega á súa vida cotiá en diferentes actividades, xogos, visitas e saídas que realicen a distintos lugares. As nocións numéricas e a súa expresión deben contextualizarse en situacións que impliquen agregar, reunir, quitar, igualar, comparar e combinar.

Para favorecer o establecemento das relacións espaciais, é importante considerar que as nenas e os nenos adquiren as primeiras nocións en función do seu propio corpo e, progresivamente, transfírenas aos obxectos e ao seu contorno inmediato. Por iso, todas aquelas actividades lúdicas, tales como xogos corporais, bailes, percorridos que establezan distintas posicións e direccións…, a realización de sinxelos planos e mapas de situación, son propostas adecuadas para desenvolver este aspecto.

En canto ao descubrimento de figuras e corpos xeométricos e as súas diversas variacións segundo a posición en que se sitúen, é fundamental provelos de experiencias que lles permitan observalos dende diferentes perspectivas e en distintos lugares, favorecendo comentarios sobre o que sucede e representándoos graficamente.

Nas formas de medición, cabe considerar os medios primarios a través dos cales as criaturas poden facelo: coas mans para lonxitude, peso ou superficie ou a través dos seus brazos ou pés en traxectos ou volumes máis extensos; tamén se poden utilizar unidades tales como: medidas arbitrarias de lonxitude –varas, cordeis…–, de superficie –follas, baldosas, ladrillos…–, de capacidade –mans, cuncas, botellas…–. Posteriormente, incentivarase que se inicien en sistemas de medición convencionais, como regras, termómetros, reloxos, pesas, etc.

Fomentarase a súa capacidade de comprensión axudándolles a establecer relacións entre as calidades e as características das persoas e dos obxectos: comparando tamaños, texturas, formas, figuras; agrupándoos segundo algún criterio de clasificación; buscando correspondencia entre os elementos e ordenando secuencias en patróns.
 Explicacións xerais

A ABN consiste na habilidade para empregar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información, como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá. Así mesmo, implica o coñecemento e manexo dos elementos matemáticos básicos –distintos tipos de números, medidas, símbolos, elementos xeométricos, etc.- en situacións reais ou simuladas da vida cotiá, e a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución dos problemas ou á obtención de información. Todo será empregado para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.

As aprendizaxes realizadas con números maipulando, investigando, experimentando a través das posicións no espacio, das semellanzas e diferenzas das figuras xeométricas, dos cuantificadores, ...farán posible que se poñan en acción procesos cognitivos presentes nos dominios cognitivos (Bloom, revisado por Anderson et al. 2001) como son: coñecer, identificar, comparar, categorizar, crear, deliberar, analizar,...

Por outra parte, as actividades manipulativas a través dos bloques lóxicos, regletas, sudokus, dominós, ...incrementan a concentración, a atención, a capacidade de observación, a planificacioón, o razonamento, ,...

Do mesmo xeito promove a autoestima e autoconcepto, o pensamento reflexivo, analítico, analóxico, deliberativo, creativo,...

Igualmente favorece a capacidade creativa, a imaxinación, a resolución de problemas, a tomar iniciativas,...

Como vemos, o deseño de secuencias didácticas que integren o pensamento lóxico-matemático deben incluir actividades e exercicios  de cálculo matemático, pensamento numéricos, razonamento, comprensión de relacións, .ou ben que as tarefas integradas conten coa necesidade de desenvolver o pensamento lóxico.
 Non podemos esquecer a existencia das INTELIXENCIAS MÚLTIPLES (Howard Gardner) e que establece que na INTELIXENCIA LÓXICA-MATEMÁTICA faise uso do hemisferio lóxico do cerebro.
As Capacidades implicadas son: capacidade para identificar modelos, calcular, formular e verificar hipóteses, utilizar o método científico e os razonamentos inductivo e deductiv