Páginas

domingo, 26 de marzo de 2017

DESENVOLVEMENTO CURRICULAR E ARTE

Ás veces podemos preguntarnos que facer co alumnado cando contemplamos unha obra de arte?
Tal como aparece reflectido na Orde ECD 65/2015 pór ao alumnado en contacto coa arte favorece o desenvolvemento da competencia en conciencia e expresión cultural pois implica coñecer, comprender,  apreciar e valorar con espírito crítico, cunha actitude aberta e respectuosa, as diferentes  manifestacións culturais e artísticas. Por outra parte, serán utilizadas como fonte de enriquecemento e desfrute  persoal e deberán ser consideradas polos nenos e nenas como parte da riqueza e patrimonio dos pobos. Esta competencia incorpora tamén un compoñente expresivo referido á propia  capacidade estética e creadora e ao dominio daquelas capacidades relacionadas cos  diferentes códigos artísticos e culturais, para poder utilizalas como medio de comunicación Comprende a concreción da cultura en  diferentes autores e obras, así como en diferentes xéneros e estilos. Incorpora, así mesmo, o coñecemento básico das principais técnicas, recursos e convencións das diferentes linguaxes artísticas e a identificación das relacións existentes entre esas manifestacións e a sociedade, o cal supón tamén ter conciencia da evolución do pensamento, as correntes estéticas, as modas e os gustos, así como da importancia representativa, expresiva e comunicativa dos factores estéticos na  vida cotiá. Os ditos coñecementos son necesarios para pór en funcionamento destrezas como a  aplicación de diferentes habilidades de pensamento, perceptivas, comunicativas, de  sensibilidade e sentido estético para poder comprendelas, valoralas, emocionarse e  desfrutalas.  

Favorecer a creación, a análise, a reflexión de arte (pintura, literatura, escultura,...) leva consigo que ós nenos e nenas  recoñecezan, identifiquen, comparen técnicas, formas, cores, distribución do espazo, a mensaxe,...
Algunhas das actividades poderían ser:
-Elección de obras de arte, que argumenten as súas eleccións entre un abano de mostras,  ...
-analizar o título (número de palabras)
-buscar información sobre o creador, creadora 
-inventar un título con determinadas propiedades ( integrar 2 palabras novas, que leve determinada palabra,...)
-imprimir e realizar puzzles-crebacabezas
-recrear ou reinterpretar o cadro con diferentes recursos: colocando elementos reais na mesma posición e fotografiar, recortando e pegando imaxes de folletos, pegando elementos con relevo (pasta de papel, plastilina, papeis de xornais, papel encolado,...)
-engadir  na nova recreación 3 elementos novos (que poden ser obxectos intrusos,...)
-identificar e nomear os obxectos ou elementos do cadro ou da escultura
-crear un texto enumerativo cos elementos, personaxes, obxectos,..
-establecer  (2-3) semellanzas e diferenzas entre 2-3 mostras pictóricas, escultóricas,...

-crear códigos para traballar cun escornabot
-crear un mapa mental ou burbullas de coñecemento coas características, elementos, cores, formas,...
-identificar as posicións dos obxectos no espazo
-crear unha historia empregando aplicacións de narrativa dixital (story jumper)

No cadro seguinte do pintor tudense LIS que poderiamos aprender?



-que aparece no cadro?
-como se llama ese instrumento?
-buscamos outros semellantes?
-identificas cores?
-como se titulará este cadro?
-inventas un novo título de 6 palabras?
-inventamos unha historia na que aparezan palabras como: bosque, auga, festa, música,...?
-deseñamos un mapa mental do cadro? (cores, persoas, vestiario,...)
-gravamos un titorial sobre o cadro?
-que partes do corpo aparecen na figura do cadro? 
-buscas outro cadro semellante?
-deseñas un mapa mental comparando os dous cadros?