Páginas

martes, 4 de febrero de 2020

PROTOCOLO DE DISLEXIA/DEA, MARCO TEÓRICO E CARACTERÍSTICAS 1ª parte


 Fonte: Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe, Xunta de Galicia

Xa temos un novo protocolo que dará respostas á diversidade. Ofrece comprensión da temática, un marco epistemolóxico amplo, estratexias para a detección temperá e a intervención psicoeducativa.
Pero, que é un alumno-a con dislexia ou DEA (dificultades específicas de aprendizaxe)?
Alumnado con dislexia ou alumnado con DEA  son alumnos/as con Necesidades Específicas Apoio Educativo (TÍTULO II, LOE/LOMCE) que “requiren unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, TDAH, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar”
A escolarización dos alumnos e das alumnas con DEA“... rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurará a súa non discriminación e a igualdade efectiva no acceso e permanencia no sistema educativo, e a identificación, valoración e intervención das necesidades educativas deste alumnado realizarase da forma máis temperá posible”

Hay que intervir para “compensar” ou minimizar esas dificultades dende un enfoque INCLUSIVO pois a riqueza e o valor da diversidade existe. Cadaquén é diferente e diverso.

A competencia en lectura e escritura, unha das oito competencias clave que establece a Recomendación do Consello da Unión Europea do 22 de maio de 2018, relativa ás competencias clave para a aprendizaxe permanente, constitúe, en opinión de dito Consello, “a base da aprendizaxe posterior e a interacción lingüística sucesiva”, por tratarse da “habilidade de identificar, comprender, expresar, crear e interpretar conceptos, sentimentos, feitos e opinións de forma oral e escrita, mediante materiais visuais, sonoros ou de audio e dixitais nas distintas disciplinas e contextos. E iso implica a habilidade de comunicarse e conectar eficazmente con outras persoas, de forma adecuada e creativa”
A dislexia, segundo o DSM-5 (APA, 2014. Páx. 67), ”é un termo alternativo ao de 1dificultades lectoras, que se refire a un patrón de dificultades da aprendizaxe que se caracteriza por problemas co recoñecemento de palabras en forma precisa ou fluída, deletrear mal e pouca capacidade ortográfica. Se se utiliza dislexia para especificar este patrón particular de dificultades, tamén é importante especificar calquera dificultade adicional presente, como dificultades de comprensión da lectura ou do razoamento matemático"

No DSMV o trastorno específico de aprendizaxe integra DEA

DELIMITACIÓN CONCEPTUAL DEA
O National Joint Committee Learning Disabilities (NJCLD): “Dificultade da aprendizaxe é un termo xenérico que se refire a un grupo heteroxéneo de alteracións que se manifestan por dificultades significativas na adquisición e uso da comprensión oral, expresión oral, lectura, escritura, razoamento, ou habilidades matemáticas. Estas alteracións son intrínsecas á persoa, presumiblemente debidas a unha disfunción do Sistema Nervioso Central, e poden ocorrer ao longo de todo o ciclo vital (life span). Xunto coas dificultades da aprendizaxe poden existir problemas nas condutas de autorregulación, percepción social e interacción social, pero non constitúen por si mesmas unha dificultade da aprendizaxe. Aínda que as dificultades da aprendizaxe poden ocorrer conxuntamente con outras condicións incapacitantes (por exemplo: deficiencias sensoriais, atraso mental, trastornos emocionais graves) ou con influencias extrínsecas ou ambientais (diferenzas culturais, instrución insuficiente ou inapropiada), non son o resultado directo destas condicións ou influencias” (Hammill, 1990, páx. 77)


ASPECTOS COMÚNS DAS DIFERENTES DEA
ü  Fallos na execución
ü  Discrepancias entre rendemento real e esperado e entre ámbitos do desenvolvemento.
ü  Disfuncións nos procesos psicolóxicos.
ü  Factores etiolóxicos (funcionalidade).
ü  Criterios excluíntes.
ü  Criterio de especificidade.

CARACTERÍSTICAS
-Persistencia.
-Discrepancia entre o rendemento real na lectura, na escritura e/ou no cálculo e o Cociente Intelectual.
 -Interferencia destas dificultades no rendemento académico,
-Heteroxeneidade na súa aparición e nas características específicas.

A Clasificación internacional de enfermedades.CIE-10 (OMS, 1998) considera que as dificultades 2específicas da aprendizaxe son trastornos específicos do desenvolvemento da aprendizaxe escolar que abarcan grupos de trastornos que se manifestan por déficits específicos e significativos da aprendizaxe escolar, os cales xorden de alteracións nos procesos cognoscitivos, en gran parte secundarias a algún tipo de disfunción biolóxica. Estes déficits da aprendizaxe non son a consecuencia directa doutros trastornos (como discapacidade intelectual, déficits neurolóxicos importantes, problemas visuais ou auditivos sen corrixir ou trastornos emocionais), aínda que poden estar presentes. Os trastornos específicos do desenvolvemento da aprendizaxe escolar adoitan presentarse acompañados doutras síndromes, tales como trastornos por déficit de atención ou trastornos específicos do desenvolvemento da fala e a linguaxe.
O DSM-5 inclúe as dificultades específicas da aprendizaxe nos trastornos do neurodesenvolvemento; concretamente, no denominado trastorno específico da aprendizaxe, o cal se manifesta durante os anos escolares, caracterizándose por dificultades persistentes que impiden a aprendizaxe das aptitudes académicas básicas de lectura, escritura e matemáticas. O rendemento deste alumnado nas habilidades académicas afectadas está por debaixo da media da súa idade, ou ben conseguen alcanzar niveis aceptables de rendemento tras un gran esforzo, a pesar de que a súa intelixencia é adecuada ou “dotada” para con respecto á súa idade, e tampouco presentan outros trastornos sensoriais non corrixidos, mentais ou neurolóxicos, nin se atopan en situación de adversidade psicosocial ou baixo directrices educativas inadecuadas.
A neuropsicoloxía infantil, considérase que as dificultades específicas da aprendizaxe son “dificultades neuropsicolóxicas de aprendizaxe”,
Os trastornos neuropsicolóxicos que preexisten antes de que se inicie a escolaridade e afectan á aprendizaxe de procesos básicos como lectura, escritura, razoamento e cálculo. Son discapacidades menores, máis específicas, que afectan a un único proceso cognitivo, estando preservada a intelixencia (Portellano, 2008).
Do anterior se deriva a necesidade dunha intervención PSICOEDUCATIVA.
As características comúns e xerais das DEA son:
-a persistencia

-a discrepancia

-a interferencia

-a heteroxeneidade.

Según o DSM-5 as dificultades son:
-dificultade na lectura de palabras ou lentitude e conn moito esforzo

-dificultade para comprender o que lé

-dificultades ortográficas

-dificultades na expresión escrita

-dificultades para dominar o sentido numérico, datos numéricos, o cálculo

-dificultades no razonamento matemático