Páginas

viernes, 7 de febrero de 2020

DISLEXIA/DEA, CARACTERÍSTICAS, 4ª parte



CARACTERÍSTICAS
Dificultades na lectura 0-6 anos. Características
Dificultades na lectura E.P. dislexia. Características
Pobreza de vocabulario e expresión verbal, así como comprensión verbal
baixa.
• Omisións de fonemas, sobre todo en sílabas compostas e inversas. Confusións de fonemas na linguaxe espontánea, que, ademais, adoita ser
pouco nítida.
• Inversións de fonemas nas sílabas ou de sílabas nas palabras.
• Escasa conciencia fonolóxica á hora de identificar os sons constitutivos
de palabras monosilábicas, bisilábicas ou trisilábicas; para localizar un
mesmo son en palabras diferentes; etc.
• Atraso na estruturación e coñecemento do esquema corporal.
• Dificultades na coordinación.
• Dificultades para diferenciar dereita-esquerda.
• Dificultades na estruturación espazo-temporal.
Substitucións: substituír unha letra por outra (por exemplo: rota-sota) ou unha palabra por outra coa que garda certa similitude visual e/ou fonética (por exemplo: pirámide-primavera), ou semántica (por exemplo: cego-mudo).
• Inversións estáticas ou rotacións: cambiar unha letra por outra ao rotala - en espello- (por exemplo: p- b; p-q; q-b; m-w; n-u).
• Agregados ou adicións: engadir letras, sílabas ou palabras inexistentes (por exemplo: pataca-patacas; flan-falán).
• Omisións: suprimir unha letra, principalmente a final de palabra e nas sílabas compostas; suprimir sílabas, palabras ou liñas -salto de liña- (por exemplo: espela-espuela; panaría- panadaría).
• Alteracións secuenciais ou inversións dinámicas: modificar a secuencia correcta das sílabas directas, inversas ou compostas (por exemplo: golbo-globo).
• Contaminacións: cando se produce unha mestura de dúas palabras (por exemplo: paxaro roxo-paxaxo).
Disociacións: fragmentar unha palabra de forma inconsistente. (por exemplo: encerado; ence rado).
• Reiteracións de sílabas: repítense certas sílabas (por exemplo: pelolota por pelota; cociciña por cociña).
-lentitude, falta de ritmo e perda de liña.
A partir dos 9 anos os nenos e as nenas con dificultades lectoras adóitanse quedar nun nivel de lectura mecánica, lendo con gran esforzo para descifrar as palabras e decodificar correctamente o texto, o que lles cansa e acaba afectando á comprensión do mesmo.
Dificultades na escritura-disortografía. Características
Tipos de disortografía. Características
Erros de ortografía natural, necesaria para establecer a correcta asociación fonema-grafema, dando lugar a unha maior dificultade para escribir pseudopalabras que palabras.
• Erros de ortografía arbitraria, necesaria para escribir palabras inconsistentes que non se axustan a regra algunha, dando lugar a maior número de erros na escritura de palabras irregulares e homófonas.
• Erros de ortografía regrada, necesaria para escribir correctamente de acordo coas normas da lingua.
As características específicas da disortografía inclúen os seguintes erros:
• Erros Lingüístico-perceptivos:
- Substitucións polo punto e/ou modo articulatorio.
-Omisións e adicións de fonemas, sílabas ou palabras.
- Engadido de fonemas, sílabas e palabras.
• Erros Viso-espaciais:
- Substitucións de letras que se diferencian pola súa posición espacial (p/q).
-Escritura en espello.
-Confusión de palabras con fonemas que admiten dobre grafía.
- Omisión de letras sen correspondencia fonética.
• Erros Viso-auditivos:
- Dificultades na asociación grafema-fonema.
- Erros de contido: dificultades de segmentación.
- Erros no manexo das regras de ortografía.
Disortografía temporal: a persoa mostra inhabilidade para a percepción clara e constante dos aspectos fonémicos da cadea falada, coa súa correspondente tradución fonémica, e a ordenación e separación dos seus elementos.
b) Disortografía perceptivo-cinestésica: o déficit céntrase nunha inhabilidade para analizar correctamente as sensacións kinésicas que interveñen na articulación. Esta incapacidade impide á persoa repetir con exactitude os sons escoitados, xurdindo substitucións polo punto
e modo de articulación dos fonemas.
c) Disortografía cinética: neste tipo de disortografía atópase alterada a secuenciación fonemática do discurso. Tal dificultade, para a ordenación e secuenciación dos elementos gráficos, xera erros de unión-separación.
d) Disortografía viso-espacial: consiste nunha alteración na percepción distintiva da imaxe dos grafemas ou conxuntos de grafemas.
Aparecen, pois, rotacións ou inversións estáticas (p/b, d/q),
substitucións de grafemas con formas parecidas (m/n, o/a) e
confusión de letras de dobre grafía (b/v, g/j).
e) Disortografía dinámica: neste caso, aparecen alteracións na expresión
escrita das ideas e na estruturación sintáctica das oracións. Con todo, estas dificultades denomínanse, a miúdo, disgramatismo.
f) Disortografía semántica: atópase alterada a análise conceptual, necesaria para o establecemento dos límites das palabras, así como o uso dos elementos diacríticos ou signos ortográficos.
g) Disortografía cultural: radica nunha grave dificultade para a aprendizaxe da ortografía convencional ou de regras.
Disgrafía. Características
Dificultade nas matemáticas. Características
Unha postura gráfica inadecuada.
• Un soporte inadecuado do útil escritor.
• Deficiencias en prensión e presión.
• Ritmo escritor inadecuado -demasiado rápido ou moi lento-. Tamaño das letras, excesivamente grande -por movementos anómalos do brazo e collendo o lapis moi alto-, ou pequeno -por movementos
exclusivos de dedos e sostendo o lapis moi abaixo-.
• Forma das letras, que pode depender do sentido das unidades rítmicas encargadas de controlar o movemento gráfico, ou ben do seu tamaño, inclinación e espaciado. En ocasións, as persoas con disgrafía distorsionan ou simplifican as letras, de tal forma que estas resultan
irrecoñecibles e os seus escritos, practicamente indescifrables. Inclinación, que pode observarse tanto a nivel da liña -aliñación-, como a nivel da letra. En moitos casos, estes erros pódense deber a unha excesiva inclinación do papel ou a unha falta total da mesma, o que tampouco é recomendable.
• Espaciado das letras ou das palabras, con situacións nas que as letras poden aparecer desligadas unhas doutras, ou todo o contrario; é dicir, apiñadas e ilexibles, o que tamén pode suceder coas palabras. Neste caso, mesmo se confunden os límites entre os distintos vocábulos, ao non respectar os espazos de forma adecuada. Estas unións indebidas entre os grafemas poden deberse ao descoñecemento dos mesmos ou
aos movementos necesarios para a súa execución -xiros e rotación da man-.
• Trazos, dado que o tipo de trazo depende, en gran medida, da presión exercida sobre o lapis e da pinza escritora -soporte do lapis-. Os trazos poden ser esaxerados e grosos, ou demasiado suaves, case inapreciables.
Emprego reiterado dos dedos para contar e para realizar certos cálculos, sobre todo de suma e resta.
• Dificultades para contar cara atrás, que son máis evidentes se se fai en secuencias impares.
• Dificultades para realizar cálculos aproximados.
• Erros persistentes na transcrición de números ditados.
• Dificultades no manexo simbólico de cifras grandes, como os centenares e os millares.
• Escasa memorización das táboas de multiplicar, con frecuentes
confusións.
• Resolución de problemas a modo de ensaio-erro e por tenteo ou aproximación, non fundamentando, razoablemente, as operacións que se deben aplicar nun problema.
-Dificultades os procesos precepto-motrices (orientación espacial e discriminación) e os cognitivos (procesos de simbolización, comprensión e razoamento).
Dificultades na adquisición do concepto de número, que afectan á capacidade para establecer unha correspondencia recíproca entre distintas actividades que gardan relación co significado dos números (por exemplo: asociar número-obxecto), á transcrición correcta dos números
(confusións, rotacións e inversións) e ás seriacións.
• Dificultades co cálculo na realización das operacións aritméticas básicas, que non teñen automatizadas e non manexan de maneira mecánica.
Tampouco teñen interiorizados os símbolos matemáticos.
• Dificultades cos sistemas de medida e a súa representación, non logrando comprender o concepto de medida nin as súas implicacións.
Ademais, mostran dificultades cos valores, as equivalencias e as relación entre as medidas. Tampouco son capaces de realizar esquemas, gráficos
ou representacións das medidas.
• Dificultades para a resolución de problemas matemáticos, pois, fundamentalmente, teñen dificultades iniciais para acceder á súa comprensión, así como para captar os interrogantes e atender aos datos que achega. Cústalles ordenar a secuencia para a súa resolución, e tampouco teñen adquirida a lóxica resolutiva nin a de comprobación de resultados.
• Dificultades coa álxebra e coa xeometría, pois non comprenden os símbolos, mostrando dificultades cos termos alxébricos e xeométricos, así como coa resolución de problemas derivados deles.