Páginas

miércoles, 18 de diciembre de 2019

XOGUETES E XOGOS POLA IGUALDADE


Todas as nenas e nenos teñen a necesidade de xogar e divertirse. Os xoguetes e os libros son instrumentos que posibilitan o dereito ao xogo na infancia de nenas e nenos.

Xogar favorece o desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social e motriz.
Xoguetes e libros favorecen a súa necesidade de moverse, curiosear, crear, relacionarse, expresarse, intercambiar vivencias, accións e pensamentos. En definitiva, a súa necesidade de estar e de vivir no mundo. 

Ao mesmo tempo, os xogos, juguetes e contos son instrumentos que socializan, que estimulan a comunicación, que serven para a evolución social, individual e social, inculcan ideas, crenzas, valores sociais, expectativas, necesidades, ofrecen modelos de actuación, ensinan a solucionar conflitos, esbozan un mundo máxico e proporcionan unha fonte de imaxinación e creación. 

Xogar con xoguetes ou ler un libro son un medio imprescindible para promover e favorecer a educación das emocións, dos afectos, a fantasía, a creatividade, linguaxe, articulación, as relacións, a discriminación visual, desenvolvemento do control corporal, relación coespazo, 

Todos estes elementos inflúen profundamente na construción da personalidade e identidade das persoasnassúasprimeiras etapas de vida. Por iso, debemos ser conscientes do importante papel que desempeñan xogos, xoguetes e contos no desenvolvemento de das criaturas.


QUÉ DEBEMOS PREGUNTARNOS ANTES DE ELEXIR UN XOGUETE?
-Que ou cales son as capacidades que pon en actividade.
-Que imaxes ofrece a caixa, o envoltorio ou a publicidade do xogo.
-Cal é o motivo polo que o noso fillo ou filla pediunos ese xogo ou xoguete: moda, procura de aprobación do grupo, cores, anuncio rechamante…
-Que roles ofrece desenvolver o xogo ou o xoguete.
-Que valoración ofrece o propio xogo/xoguete dos roles que ofrece (positiva/negativa).
-Que representación simbólica mediante imaxes ou sons teñen as figuras masculinas e femininas.


GUÍA PARA O DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DE NENAS E NENOS
Os xoguetes que elixamos, deben ser adecuados ás súas idades e deben permitirlles o desenvolvemento das capacidades asociadas á súa idade. Se ademáis queres estimular un aspecto concreto como o movemento, a linguaxe, a creatividade ou a memoria, débense ter en conta que obxectivos traballa o xoguete. A elección do xogo e o xoguete ten unha gran importancia.

Outro aspecto a ter en conta é que o xogo compartidocos adultos e con outras nenas e nenos favorece que aprendan a negociar, consensuar, tomar decisións e iniciativas, ceder e compartir responsabilidades. Inventar xogos con eles e amosarlles os nosos xogos favoritos da infancia resulta imprescindible.

É necesario tamén facer fincapé en que debemos ensinarlles a recoller e gardar os xogos e xoguetesdespois de úsalos e hai que colaborar con eles nesta tarefa.

ALGUNS ASPECTOS PARA TER EN CONTA NA ELECCIÓN DUN XOGUETE
-Que poidan xogar con el nenas e nenos indistintamente.
-Que evite a transmisión de estereotipos sexistas e non potencie a violencia.
-Que facilite poder xogar coas demaispersoas, a comunicación entre os e as participantes e que fomente as relacións entre iguais.
-Que favoreza a axuda entre iguais e non a rivalidad nin a competitividad.
-Que o xogo evite a competitividadeesaxerada, non fomente a agresividade e facilite as relacións entre nenas e nenos.
-Que potencie relacións cooperativas de axuda, que se poidaalcanzar un mesmoobxectivoou propósito entre todos e todas (pasalo ben)
-Que con el poida xogar calquera neno e/ou nena e non só quen teña habilidades moi específicas (que non exclúa a ninguén).
-Que sexa divertido, motivador e que esperte o desexo de xogar.
-Que desenvolva a imaxinación e a creatividade.
-Que estimule a súa curiosidade, o seu interese por investigar e que permita á nena ou o neno descubrir novas posibilidades no xogo.
-Que potencie a capacidade de pensar e a resolución de problemas.


EXEMPLIFICACIÓN DE XOGUETES E XOGOS:

XOGOS E XOGUETES FAVORECEDORES DA SOCIALIZACIÓN:
-xogos de mesa: parchis, oca, lince, memory, naipes, dominó,...

XOGUETES PARA O MOVEMENTO
-patíns, triciclos, bicicletas, monopatíns, ...

XOGOS E XOGUETES PARA A CONSTRUCCIÓN

XOGUETES PARA O XOGO SIMBÓLICO E IMITACIÓN DE ROLES (empregados por nenas e nenos):
-casiñas, supermercado, carpintería, talleres de mecánica, costureiras, garaxes, bonecas, médicas e médicos, granxas, disfraces,…


XOGOS DIDÁCTICOS: desenvolven determinadas habilidades, competencias ou procesos psicolóxicos como a atención, memoria, percepción visual, auditiva, razonamento, habilidades sociais: memorys, ensartables, encaixables, dominós, lotos, bingos, contos, quebracabezas,...


XOGUETES MUSICAIS que favorecen o ritmo e a percepción auditiva: pandeiretas, guitarras, teclados, xilófonos, baterías,...