Páginas

viernes, 22 de marzo de 2019

PLANIFICACIÓN MULTINIVEL



A atención á diversidade debe ser un desafío  nas aulas xa que a diversidade é unha realidade social. A resposta  a esa diversidade debe ser deseñada baixo un enfoque inclusivo. Nos espazos escolares non existen 2 alumnos-as  que sintan, pensen, razonen, clasifiquen, resolvan situacións problemas ou argumenten da mesma forma. Ademáis, entre 2 alumnas ou alumnos os intereses, motivacións, capacidades, ritmos ou estilos de aprendizaxe son verdadeiramente diferentes.
Baixo este cobertor non podemos pensar que un  deseño curricular homoxéneo  dea respostas a todos. Igual, cun pouco de sorte,  dará resposta a un alumnado etiquetado como "medio".
E, entón que facer?
A proposta dun Diseño Universal de Aprendizaje (DUA) fará posible que o propio deseño curricular dea resposta a esa diversidade e cobre vida nas aulas cando un alumno manifeste DEA, cando unha nena sexa hipoacúsica ou outra teña TDA.
Que é un DUA?
Os antecedentes do DUA están no DESEÑO UNIVERSAL que naceu en EEUU polos anos 80 e que pretendía facer accesible e eficaz á cidadanía a vida nas cidades colocando rampas, tendo en conta a información en braille ou iconas-pictogramas para facilitar a información a todos. Tiñan a convicción de que a accesibilidade para todas e todos debía ser o camiño, dar respostas, anticiparse ás necesidades.
Que se debe ter en conta nunha planificación multinivel? 
-que canais de acceso á información son os mellores para o alumnado
-que soportes e canais de expresión serán os mellores para o alumnado
-que aprendizaxes prioritarios-nucleares-subyacentes deben aprender os alumnos e alumnas
-como aprende o alumnado
-cando o aprenden
-onde e con quen o aprenden: no contexto escolar, no contexto social, cultural,...?
-que debe avaliar
-como debo avaliar
-cando debo avaliar
Para saber máis e visualizar exemplos de actividades multinivel premede no seguinte enlace:
PLANIFICACIÓN MULTINIVEL