Páginas

lunes, 9 de abril de 2018

LENDO E ESCRIBINDO COS CONTOS





Hoxe escribiremos sobre a lectura e a escritura pero antes é poreciso coñecer algúns dos factores que favorecen ese proceso ou que poden actuar como obstáculos:
PROCESOS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO LECTO-ESCRITOR
De forma cotiá expoñemos que para ler e escribir o alumnado ten que estar ben lateralizado e co esquema corporal adquirido. Pero hoxe sábese que son moitas as capacidades e habilidades que inflúen no proceso.
·       -  Procesamento perceptivo
·        - Procesamento léxico
·         -Procesamiento semántico
·         -Procesamento do texto
·         -Elaboración da mensaxe
·         -Textualización
·         -Revisión
·         -Percepción e discriminación visual e auditiva
·        - Memoria visual
·        - Esquema corporal
·         -Orientación espacial e temporal
·        -Lateralidade
·        - Coordinación visual e motriz
·         -Coordinación óculo-motriz
·        -Orientación espacio-temporal
·       -  Memoria visual
·       -  Ritmo
·         -Análise e síntese visual e auditiva
·        - Habilidades auditivas e visuais
·        - Memoria cinestésica
·        - Adquisición da linguaxe oral
·         -Habilidade grafomotriz
·        - Habilidade analítico-sintética
·         -Capacidade de atención
·         -Capacidade de establecer relacións espacio-temporais
·        - Simbolismos e aptitudes psicolingüísticas.
·       - Resistencia á fatiga.
·       -  Facultade de memorización e de evocación inmediata.
·      -Habilidades para realizar actividades de segmentación e manipulación: segmentar e aillar palabras, sílabas, fonos, tarefas de adición, omisión, comparación silábica e fonémica,...


Amáis, é necesario abordar a lectura e a escritura de forma global, integral, lúdica, significativo, multisensorial, fomentando aprender a conocer, aprender a hacer, aprender a estar y convivir y aprender a ser.
Os métodos e enfoques deben ser integrados para crear un método "personalizado" para o grupo de alumnado pois a rixidez metodolóxica nunca leva a dar resposta á diversidade do alumnado en canto a intereses, capacidades, competencias, estilos e ritmos de aprendizaxe, realidades culturais, sociais e familiares.
-Eleximos 2 portadas de contos: 




-Agora analizamos os títulos: nº de palabras, se son oracións ou non, título longo ou curto, personaxes que poden existir na historia, editorial, escritora ou escritor, ilustrador ou ilustradora, cores que aparecen,...
-Tentamos ler o título ou adiviñar o título
-Reflexionamos sobre os títulos e indagamos se son oracións ou non
-Escribimos ou copiamos os títulos empregando folios ou o ordenador
-Se temos un listado de títulos longos e curtos podemos completar ese listado con estes 2 novos títulos
-Descubrir e debuxar as palabras do título
-Inventar outros títulos: LA LUNA JUGUETONA, LA LUNA AMARILLA, LA LUNA SILENCIOSA,...O SEÑOR CORPO QUERE XOGAR, O SEÑOR CORPO QUERE CANTAR, ...
-Elexir a palabra dos títulos que máis lle gusta a cada neno-nena para ir recheando o noso banco de palabras máxicas dos contos
-Fotocopiar ou escanear unha páxina do libro e separar as palabras, contar o número de palabras, localizar a primeira e a derradeira palabra, rescribir-copiar-escribir de novo, identificar a palabra máis curta e a máis longa, extraer unha palabra e integrala noutras frases,...

-Recoñecer se existe parte dialogada polo uso de guións,...