Páginas

sábado, 10 de marzo de 2018

PROTOCOLO RISCO SUICIDA

Tal como aparece no Protocolo de prevención, detección e intervención do RISCO SUICIDA no ámbito educativo as escolas deben ser inclusivas e saudables.  A OMS concibe a saúde mental como un estado de benestar no que o individuo realiza as súas capacidades, supera o estrés normal da vida, traballa de forma produtiva e frutífera, e achega algo positivo á súa comunidade. Con respecto ao alumnado, faise fincapé en aspectos do desenvolvemento como o sentido positivo da identidade, a capacidade para xestionar os pensamentos e as emocións, así como para crear relacións sociais, a aptitude para aprender e adquirir unha educación que o capacitará para participar activamente na sociedade. A prevención do suicidio require unha mirada complexa, un enfoque global, multidisciplinario e interinstitucional centrada nos aspectos positivos do benestar e saúde mental, no que se implique nos distintos contextos educativos ao profesorado en xeral, departamentos de orientación, equipos directivos, equipos de orientación educativa, servizos de saúde mental, servizos sociais, traballando en rede, en estreita colaboración coas organizacións comunitarias. 

Por outra parte debemos ter en conta que a diversidade é unha fonte de enriquecemento e de aprendizaxes en interacción e debe ser concebida como un VALOR.