Páginas

sábado, 10 de marzo de 2018

IDENTIDADE DIXITAL


 A nosa identidade persoal vese ampliada cando empregamos redes sociais ou entornos dixitais e, por este motivo, debemos coñecer que todas as persoas necesitamos desenvolver as nosas competencias para manexarnos no medio físico e social, tamén precisamos ser quen de acadar plena autonomía para levar a cabo o noso proxecto vital no mundo dixital. A xestión da nosa identidade dixital, de quen somos para os demais nas redes, quen queremos ser e como percibimos e somos percibidos, require que os máis novos conten co apoio e o acompañamento que normalmente prestamos nas contornas físicas. Pero cando falamos de contornas dixitais, tan efémeras e cambiantes, familias e profesorado atopámonos con dúbidas.
No marco da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 (Educonvives.gal), da man de expertos de recoñecido prestixio tanto nos seus ámbitos de coñecemento como na contorna dixital, abórdanse as dúbidas máis comúns que tanto familias como profesorado ou mesmo o alumnado ten ao respecto de cuestións que teñen que ver coa xestión da identidade dixital (https://eventos-edu.xunta.gal/identidade-dixital)

GUÍA IDENTIDADE DIXITAL