Páginas

domingo, 25 de febrero de 2018

ACOMPAÑANDO A APRENDER AO ALUMNADO DE ALTAS CAPACIDADES, 3ª PARTE



RESPOSTA EDUCATIVA
A INTERVENCIÓN EDUCATIVA pretende desenvolver todos e cada un dos factores que configuran o pensamento diverxente: fluidez, elaboración, orixinalidade e flexibilidade.
É dicir, estimular a creatividade como un compoñentemáis da intelixencia e en combinación con múltiples intelixencias como serían a lingüística ou verbal, a lóxico-matemática e a espacial. A persoa posúe en distinta proporción ou grado cada unha destas intelixencias, pero o modo de combinalas ou mesturalas xera múltiples formas individualizadas do comportamento intelixente. Neste sentido poderiamos argumentar que a creatividade podería de igual modo combinarse con calquera outro tipo delas. Así, por exemplo, se se está  a falar dunha intelixencia verbal, en tal caso, tamén podería falarse dunha creatividade verbal; se nos referimos a unha intelixencia espacial, de idéntico xeito, falariase dunha creatividade espacial, e así sucesivamente. En definitiva, en todos estes casos estaríase estimulando o pensamento diverxente no contexto de diferentes ámbitos intelectuais. Por outra banda, podemos afirmar que non existe un patrón de comportamento entre o alumnadocon altas capacidades respecto ao desenvolvemento emocional e social.


Con todo, nalgúns casos presentan na aula certa tendencia ao traballo máis individualizado que cooperativo e noutros, algunhas dificultades para relacionarse ou para controlar as súas propias emocións, sen que difiera demasiado do resto do alumnado.  
Así no Programa de Enriquecimiento integraranse unha serie de actividades que potencien o axuste socio emocional, a partir das características individuais de cada compoñente do grupo, estimulando habilidades de comunicación verbal e non verbal (dialogar, negociar, consensuar), mellorando as destrezas de comunicación e procurando unhacondutaaltruísta entre iguais, así como a cooperación coscompañeiros (dar e recibir axuda para contribuír a un fin común), acatando as normas do grupo e do xogo.
Os obxectivos refírense aos distintos compoñentes da creatividade (fluidez, originalidad,flexibilidad e elaboración). A fluidez é a facilidade para xerar un número elevado de ideas; a flexibilidad é a capacidade de producir distintas ideas para cambiar dun enfoque de pensamento a outro e para utilizar diferentes estratexias de resolución de problemas; a originalidad ten que ver coa habilidade para producir respostas novedosas, pouco convencionais, lonxe do establecido e usual e, finalmente, a elaboración é a capacidade para desenvolver, completar ou embellecer unha resposta determinada. Respecto de os contidos son os diferentes modos de percibir e adquirir a información (simbólico, semántico, figurativo e conductual). O contido simbólico implica o procesamiento da información mediante sinaisou códigos, representando unha idea a través de símbolos afastados da realidade e que supoña un consenso entre varios; o contido semántico alude á aprendizaxe mediante a modalidade verbal; o contido figurativo refírese a cando a información preséntase a través de iconos e imaxes reais ou imaxinarias e por fin, o contido conductual implica unha aprendizaxe e adquisición da información por medio de procedementos non verbales relacionados cos xestos, os movementos e as interaccións humanas como son as actitudes, as necesidades, os desexos, o humor, as intencións e ata as percepcións e os pensamentos doutras persoas e de nós mesmos.


Axustar a resposta educativa para estes alumnos supón ter claro cales son as necesidades educativas que presenta. Pódese afirmar que:
-Precisan dunha ensinanza adaptada, cun enfoque multidisciplinar nun contexto educativo enriquecido e dinámico, estimulante para o seu desenvolvemento (TRABALLO POR TAREFAS INTEGRADAS, APRENDIZAXE BASADO EN PROBLEMAS, PROXECTOS, APRENDIZAXE BASADO NO PENSAMENTO, PAISAXES DE APRENDIZAXE,... )
-Requiren do acceso a recursos e materiais adicionais, que deben ser planificados especificamente.
-Cómprelles flexibilidade no seu horario e nas súas actividades, polo que é conveniente que, cando sexa posible, deixemos que continúe co traballo ata que estea seguro e satisfeito coa tarefa realizada.
-Precisan participar moi activamente no proceso de ensinanza e aprendizaxe e ter a oportunidade de poder poñer en práctica as súas habilidades.
-Élles imprescindible un contorno no que se valoren as ideas creativas e orixinais, mái cá repetición dos contidos.
-Cómprelles un clima social no que se sinta aceptado, e precisa de orientación no manexo das relación interpersoais e sociais.

Tal como establece o Artigo 7.  Do D. 229/2011 diseñaranse actuacións, estratexias e/ou programas para proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas da alumna. 
Neste curso igual que no anterior as medidas recomendadas serán Medidas ordinarias (art. 8) que facilitarán a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seusobxectivos, contidos e criterios de avaliación. Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias.
Entre as medidas a desenvolver estarán:
a)Adecuación da estrutura organizativa da aula (horarios-tempos, agrupamentos, espazos) ás características do alumno.
b) Adecuación das programacións didácticas ao alumno debendo contar co deseño de secuencias didácticas de ampliación.
c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo-cooperativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, resolucións de situacións problema, aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe a través de tarefas integradas, ….
d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. 
e) Programas específicos personalizados para desenvolvemento no contorno familiar.

f)Programa de enriquecemento curricular
Estas  medidas baséanse na individualización da ensinanza e consisten en deseñar programas axustados ás características de cada alumno ou alumna, ao tempo que estes se manteñen co seu grupo clase.
Teñen a vantaxe evidente de non producir consecuencias negativas na súa socialización. Recoméndase optar por axustes no programa ordinario, é dicir, por adaptacións do currículo que se acomoden ás súas necesidades concretas de aprendizaxe e desenvolvemento e que serán tanto máis significativas canto maiores sexan esas necesidades educativas.Esta medida garante a individualización da ensinanza dentro do grupo clase con programas específicos axustados ás características do alumnado a través de tarefas de ampliación ou enriquecemento vertical (máis contidos para aprender en 1 ou varias áreas) e de enriquecemento horizontal a través da profundización e interconexión entre os contidos que se aprenden (escanear, buscar información complementaria en fontes bibliográficas, google, elexir 2-3 traballos complementario que estean na caixa de traballos para saber máis, crear un libro-texto coa información que atopa complementaria sobre a temática traballada realizando esa tarefa el solo, deseño de problemas para empregar numeración, operacións,..., creación de carteis, rimas, adiviñas, textos poéticos, informativos, expositivos,)...
-TRABALLO POR PROXECTOS onde a través da interdisciplinariedade e globalidade se responde á necesidade de avance persoal
-APRENDIZAXE COOPERATIVO
-RESOLUCIÓN DE SITUACIÓNS PROBLEMA
-RUTAS E DESTREZAS DE PENSAMENTO
Ámbitos a desenvolver no PROGRAMA DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR tanto no contexto escolar coma familiar:
·         ÁMBITO DE AXUSTE SOCIO-EMOCIONAL: Estimula o axuste socio-emocional adestrando ao alumnado en habilidades sociais e traballo cooperativo entre iguais.
·         ÁMBITO DE CREATIVIDADE LINGÜÍSTICA E NARRATIVA DIXITAL (STORYJUMPER ou STORY BIRD): Estimula a creatividade lingüística, procurando que o alumnado faga uso creativo da linguaxe oral e escrito en situacións pouco estructuradas, activando a capacidade para manexar e organizar os significados e as funcións das palabras e da linguaxe.
·         ÁMBITO APRENDER A PENSAR: empregando organizadores gráficos: Análise asociativa, roda lóxica, CTF (considero todos os factores), CeR  (consecuencias e resultados), CÍRCULO INTELIXENTE, REMUIÑOS DE IDEAS, ENTREVISTAS, VET (Viaxes no espazo e no tempo), USO DE TRINOMIOS PARA CREAR FRASES OU TEXTOS OU CONTOS para desenvolver o pensamento diverxente, a fluidez de pensamento, o pensamento lóxico, creativo.
·         ÁMBITO DE CREATIVIDADE
     RAZONAMENTO MATEMÁTICO: Estimula a creatividade matemática mediante a resolución divergente de problemas pouco estructurados de tipo matemático e tarefas que requiran a lóxica inferencial ou proposicional, mediante o razonamiento lóxico, espacial e numérico (ROBÓTICA, INVENCIÓN DE PROBLEMAS, TANGRAM, TRIOMINOS, PENTAMINOS, TETRIS, TANTRIS, SUDOKUS, CÁLCULO MENTAL, XADREZ, DAMAS, MINIARCO...).
·        OBRADOIRO  DE MULTIMEDIA: Estimula a creatividade mediante o uso de recursos intelectuais de tipo lóxico, matemático e verbal nun contexto multimedia, pouco estructurado, presentando diferentes niveles de dificultade.
·         NARRATIVA CON ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN-EXPRESIÓN  ORAL E ESCRITA a través de gravacións en audio, escoita activa de historias, creación de historias en soporte dixital,...
·       RAZONAMENTO: DEDUCTIVO (do xeral ao particular), INDUCTIVO (do particular aoxeral), PREDICTIVO ou CONSECUENCIAL. Os tipos de contidos sobre os que se razoa son: verbal, lóxico-abstracto, temporal, espacial, numérico. Existen estratexias de razonamento: observar, comparar, clasificar, categorizar, localización de intrusos, completar ou continuar series, establecer analoxías, identificar casos que cumpran determinadas condicións,..
·       
     Resulta tamén enriquecedor (sempre que forme parte dos seus intereses) practicar deportes como o XADREZ, DAMAS ou tamén completar a súa formación con estudos de Música ben en ESCOLAS DE MÚSICA ou CONSERVATORIOS DE GRAO MEDIO-SUPERIOR.
r
      Recomendacións xerais  para o profesorado e familias:
·         nunca transmitirlle presión contexto de seguridade persoal e emocional.
·         nunca transmitirle un excesivo nivel de esixencia
·         ofrecer estímulos variados en relación aosseus intereses, capacidades
·         non descoidar o desenvolvemento emocional, afectivo, social ofreciendo  seguridadepersoal e emocional
·         vixiar actitudes prepotentes e de superioridade cara as outraspersoas e iguais
·         vixiar que fagacomparacións negativas dos demais
·         favorecer que acepte a inferioridade dos demáis
·         estar pendiente das críticas aos demáis
·         mitigar a autocrítica ou excesivo perfeccionismo
·         promover tarefas-actividades ou exercicios cunha dificultade progresiva e sempre un eslabón por riba do seu grado de desenvolvemento para que múltiples procesos cognitivos (razonar, clasificar, pensar,…) e modelos de pensamento (deliberativo, crítico, analógico, creativo, lógico,…) entren en acción.
·         Dinamizar un nivel de esixencia considerable para que non exista acomodación e se deaconta de que as cousas requiren esforzo.
·         Deberase respectar a personalidade do neno, aceptándoo tal como é na realidade, cos seus aspectos positivos e negativos, procurando que se sinta querido.
·         Animalo a que manteña a súa propia autoestima pero sen sobreeloxios. Non convén “colgarlle” a etiqueta de excepcional. Máis que o nome interesan os seus comportamentos e feitos.
·         Calquera actividade cotiá realizada na casa ou fóra dela pode ser fonte de información e de estímulo.
·         As enciclopedias, libros, xogos de diverso tipo, instrumentos e audicións musicais, deportes, ... son estímulos que permiten a expansión de intereses coa conseguinte mellora de capacidades.
·         Motivalo, pero sen agobialo. Evitar o exceso de actividades extraescolares.
·         Aproveitar os recursos que a comunidade social e cultural ofrece: museos, parques, conservatorios de música, acuarios, teatro, concertos, exposicións, roteiros culturais, roteiros deportivos, cine, teatro, actividades deportivas,..
·         Actividades ludico-informativas, etc.
·         As visitas ou viaxes fóra do circuíto cotiá son susceptibles de aproveitamento para aprender sobre a planificación de rotas e sitios a visitar.
·         Tentar responder ás preguntas e ásdúbidas dentro dun clima de liberdade e naturalidade. Hai que ter en conta que é posible un desfasamento entre o desenvolvemento cognitivo e emocional, co que algunhas preguntas poden resultar “infantís”. O clima de diálogo e confianza é fundamental.
·         É importante respectar o seu traballo e non interromper cando está concentrado en algo que o apaixoa, sempre e cando isto non supoña un abandono doutras responsabilidades ou quebranto das normas de convivencia familiar ou escolar.
·         Interesa fomentar hábitos de orde: a súa habitación, a aula, os recantos da aula, xoguetes, libros, etc.  Nai, pai, familia, profesorado … deben ser coherentes con ese espíritu de orde.
·         Coidar que non salte dunhas temáticas a outras por capricho, sen profundizar o suficiente.
·         Controlar o excesivo perfeccionismo e a autocrítica. Axudarlle a programar actividades acordes coa realidade.
·         Non pretender que vaia ser excelente en todo
·         Debe facilitárselle a forma autónoma de traballar con poucas axudas. As orientacións deben ir enfocadas a materiais de consulta, bibliotecas, etc. Nunca facerlle as tarefas.
·         É moi importante para a súa autoestima o eloxio polos logros e a perseveranza, tendo sempre en conta a “fina” fronteira entre animar e presionar.
·         Deben evitarse as comparanzas con compañeiros-as, amigos-as que non son máis capaces. Non hai privilexios. A disciplina debe ensinarse igual cós demais.
·         Colaborar co centro educativo estreitamente. En caso de desacordo coa filosofía do profesorado, non convén compartir a perspectiva coa nena, pois isto podería convertirse nunha perfecta disculpa para non facer o que o profesorado lle pida. En caso necesario, é conveniente recorrer ao orientador/a ou ó director/a do colexio xunto coa titora e profesorado para expoñerlle os motivos das súas inquedanzas.
·         Partir dos seus intereses para aprender máis: buscar información sobre equipos, seleccións e xogadores de fútbol, biografías de deportistas famosos, ...identificando similitudes, diferenzas, procedencia,...creación de informes orais sobre a información obtida de temas que lle motiven.




BIBLIOGRAFÍA RECOMENDABLE
ACCORINTI,  S. (2000): Lis. U relato de Filosofía para Niños. Buenos Aires. Manantial.
ACCORINTI,  S. (2000): Trabajando en el aula. La práctica de la Filosofía para Niños. Buenos Aires. Manantial.
ALCALA, M e Colabs.(2004): Matemáticas re-creativas. Barcelona. GRAÖ
AMAYA MAYAS, J.C. : Cuentos para aprender y hacer. Málaga. Aljibe

ARIAS, A (2009): O traballo por proxectos. Xunta de Galicia
ASOCIACIÓN DE MESTRS ROSA SENSAT-REGGIO CHILDREN (2006). Colección: la escuela que no se da. 6 Vol. Octaedro. Barcelona
BATAILLARD, S. (2011): Taller de mandalas para desarrollar la creatividad en los niños. Madrid. GuyTrédaniel Ediciones
BATAILLARD, S. (2011): Taller de mandalas para el reencuentro con las hadas. Madrid. GuyTrédaniel Ediciones
BLANCO, D. (2007): Las sumas que vinieron  del espacio (5-6 anos). Madrid. Nivola. 
BUG PEREDA, M. (2014): La educación emocional en el aula (6-12 anos).Barcelona. Horsori
GOMEZ, B & CARRASCOSA, L (2008): Aprendo a pensar en primaria (3-6 anos). Madrid. CCS
CARRION MARTINEZ, J. & CARRETERO PARRA, M. (1998).:Programa para el desarrollo del pensamiento creativo, PRO-CREA I. Valencia. Promolibro
CATLOW, N. (2007): Tú qué pintas? 1,2. Madrid. S.M.
COMUNIDAD DE MADRID e outros (2000). Programa de Enriquecimiento Extracurricular: DE TODO UN POCO, nº. 2 e 3. Madrid.

DEUCHARS, M. (2011): Arte, crea tu libro. Barcelona. Coco Books
ELICES, J. e outros (2014): SICO 1 .Cuaderno de trabajo para alumnos con AA.CC.
Madrid. CEPE
FEUERSTEIN, R.: Programa de enriquecimiento instrumental (PEI). Madrid. S. Pio X.
FIGUEROLA, M & ALONSO, J.R. (2002).:Jugar con números. Madrid. Espasa
GADET, M. & PRIETO, A.(2006): Diviertete reciclando. Taller creativo con materiales de desecho. Madrid. CCS
GADNER, H.& FELDMAN, D.H. & KRECHEVSKY, M (2001): Proyecto Spectrum. Tomos 1,2,3. Morata.
GARNET, S. (2009): Como usar el cerebro en el aula. Madrid . Narcea
GARNICA, M. (2014): Puedo 1. Madrid. CEPE
GOMEZ, R. (2003).:La selva de los números. Madrid. Alfaguara
HÉBRARD, R. (2009):Mándalas para aprender a concentrarse. Malinké Libros
KEMP J.& WALTERS, C (2006).  Juegos de números y lógica. Barcelona. Parramón
Ediciones.
LA GALERA. (2008): Vitaminas para el cerebro 1,2,3. Barcelona. La Galera
LEON, C. (2011): Estimulación de las funciones cognitivas. Granada. GEU
MOSCOVICH, I (2007): El gran libro de juegos para la mente. Buenos Aires. Troquel
NAVARRO, A. (2015): Ingenio en la escuela (6 tomos).Madrid. Anaya
NUÑEZ, C. & VALCARCEL, R.: Emocionario. Madrid. Palabras Aladas
ORTEGA, R. (2008):El fantasma que odiaba las matemáticas (6 anos). Madrid. Nivola
PEREZ SANCHEZ, L. & GUTIERREZ GONZALEZ, P. (1998): Programa Flash. Madrid. CEPE
SCAVO, M. (2010): Aulas muy creativas. Madrid. Narcea
SATIRO, A. (2004): Jugar a pensar con cuentos de 3-4 años.(Proxecto NORIA).Barcelona. Octaedro

SATIRO, A. (2004): Jugar a pensar con niños  4-5 años.(Proxecto NORIA).  Barcelona. Octaedro

SATIRO, A. (2004): Jugar a pensar con niños  5-6 años.(Proxecto NORIA).  Barcelona. Octaedro

SÁTIRO, A. (2004): La mariquita Juanita (Proxecto NORIA). Octaedro. Barcelona
SEGARRA, L (2001): Problemates. Colección de problemas matemáticos para todas las edades. Barcelona. GRAÓ
VALLES ARANDIGA, A.: Programa de desarrollo de la inteligencia, I . Valencia. Promolibro
VARIOS. Proyecto de activación de la inteligencia. Tomos I e II. Madrid. S.M.
VARIOS: Aprendo a pensar desarrollando mi intelegencia. (APDI). Madrid. ICCE
VARIOS: Pensamiento creativo.  (PROGRESINT, 6). Madrid. CEPE
REGADERA, A. & SÁNCHEZ, J. (2004):Cuadernos de entrenamiento cognitivo-creativo. Colección: talentos en acción. Valencia
ESCAMILLA, A. (2017):ENSINAR E APRENDER A PENSAR (ANAYA)
JUEGOS DE FORMAS Y DE OBSERVACIÓN (EDIT. ANAYA)
ANTUNES (2009): JUEGOS PARA ESTIMULAR LAS I. MÚLTIPLES EDIT. NARCEA
MATERIAL I. MÚLTIPLES, EDIT. SANTILLANA
MARTÍN LOBO (2011): INTELIGENCIAS MÚLTIPLES, EDIT. SAN PABLO
http://www.usaelcoco.com/
http://miclase.wordpress.com/category/2-matematicas/
PUJOLAS (2004): APRENDER JUNTOS ALUMNOS DIFERENTES, EDIT OCTAEDRO
TORREGO Y NEGRO (2012): APRENDIZAJE COOPERATIVO EN EL AULA, ALIANZA EDITORIAL
ESCAMILLA, A (2017): ENSINAR E APRENDER A PENSAR EN E. INFANTIL. MADRID, ANAYA
DE BONO, E. (2009): SEIS SOMBREROS PARA PENSAR, BARCELONA: PAIDÓS
DE BONO, E (2004): CÓMO ENSEÑAR A PENSAR A TU HIJO. BARCELONA:
PAIDÓS.GARDNER, H. (2012): INTELIGRENCIAS MÚLTIPLES: LA TEORÍA EN LA PRÁCTICA. BARCELONA: PAIDÓS
WARTZ et al (2013): EL LAPRENDIZAJE BASADO EN NEL PENSAMIENTO....MADRID: SM