Páginas

miércoles, 21 de febrero de 2018

2º SESIÓN PENSANDO NUNHA NOVA EDUCACIÓN


Xa estamos rematando febreiro!
Xa temos ás portas unha nova sesión da ESCOLA DE NAIS E PAIS deste curso a través da Radio Municipal de Tui.
Podedes deixar as vosas preguntas no tfno. 664061200 



Nesta sesión teremos ao profesor FLORENCIO LUENGO (Coordinador Xeral do Proyecto Atlántida) un referente nacional en desenvolvemento e integración curricular das Competencias Clave na educación. A súa vida profesional estivo ligada a todas as etapas educativas e tamén á formación das novas persoas docentes na Universidade Ten desenvolvido acción de escola-familia-comunidade e coñece, dende a práctica, a necesidade dos cambios metodolóxicos para que os nosos fillos e fillas, os nosos alumnos e alumnas sexan cada vez máis competentes e teñan estratexias para ter iniciativa, para aprender a aprender, para que non só coñezan senón tamén saiban aplicar eses coñecemento á vida cotiá. Este ámbito é necesario desenvolvelo nos centros educativos para que saiban analizar cunha mirada crítica a información dunha mesma nova nos medios de comunicación, para que poidan comparar o gasto do consumo de luz e auga e a súa repercusión no medio ambiente, para que conversen, deliberen, ....
Coas súas aportacións iremos descubrindo algúns dos ámbitos da educación do século XXI que deben ser cambiados, modificados ou recreados para dar respostas exitosas ás necesidades dos estudiantes de hoxe.
As receitas do pasado, as formas do pasado,...deben quedar no pasado e xuntos (comunidade, familias, profesorado e alumnado) ir creando un futuro educativo diferente.
Ao longo dos 30 minutos da entrevista F. Luengo tratará de facer unha radiografía da realidade educativa actual e ir poñendo os cementos dunha nova arquitectura tratando de responder ás inquietudes e curiosidades das familias, do profesorado ou da cidadanía.