Páginas

lunes, 29 de enero de 2018

ESCOLA DE NAIS E PAIS CURSO 17-18



Un ano máis queremos apostar pola formación das familias e, por suposto, do profesorado.

Este ano iniciamos unha travesía nova a través da Radio Municipal de Tui, os derradeiros mércores de cada mes, de 12:30 a 13:00 h.

Os derradeiros mércores de cada mes teremos faladoiros de educación denominados "PENSANDO NUNHA NOVA EDUCACIÓN".


Ao longo dos diferentes programas tentaremos, coas aportacións relevantes de diferentes persoas vinculadas á educación e de renome nacional e internacional, desentrañar enigmas, mitos e falacias da educación e ir artellando os PIARES DA NOVA ARQUITECTURA EDUCATIVA.

A primeira persoa que vai estar en antena é o Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, MIGUEL ANGEL SANTOS GUERRA. Esta persoa é un referente en educación a nivel internacional e unha fonte de sabiduría educativa.

Este profesor impartiu Filosofía no Instituto de Tui e moitos de nós estamos vinculados á educación pola súa pegada pedagóxica.

Todas as persoas que o desexen poden deixar as súas preguntas no teléfono 664 061 200, e os invitados e invitadas resolverán as dúbidas ou facilitarán respostas ás inquedanzas.

O mércores día 31 de xaneiro as temáticas serán: 
AVALIACIÓN PARA APRENDER.
IMPORTANCIA DA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS
NOS CENTROS EDUCATIVOS.



domingo, 28 de enero de 2018

DEIXATE ATRAPAR POLAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES E CCCC



AÍ VAI OUTRO LIBRO PARA APRENDER :



AMPARO ESCAMILLA FAINOS PROPOSTAS PARA INTEGRAR Ó DESENVOLVEMENTO DAS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES E AS COMPETENCIAS CLAVE NO DESEÑO CURRICULAR. BEN É CERTO QUE SE REFLEXIONAMOS SOBRE AS CCCC E O CURRÍCULO ACTUAL XA ESTÁN INTEGRADAS PERO ESTA AUTORA REALIZA UNHA VISIBILIZACIÓN CLARA E CREATIVA.
DE IGUAL MANEIRA, REALIZA PROPOSTAS METODOLÓXICAS PARA ENSINAR E APRENDER A PENSAR A TRAVÉS DE:
-ANALISE ASOCIATIVO
-CTF
-RODA LÓXICA
-CÍRCULO INTELIXENTE,...

ANIMÁDEVOS A PROBAR!
SEGURAMENTE QUE TE ATRAPARÁ.

martes, 23 de enero de 2018

PAISAXE DE APRENDIZAXE A TRAVÉS DA HISTORIA: A COCIÑEIRA DO REI

Dende o centro educativo levamos propoñendo a promoción da lectura deseñando unha PAISAXE DE APRENDIZAXE a través dun póster dixital interactivo que ofrece a posibilidade de aprender a través das propostas da guía da lectura, a través da audición ou a través do texto. Este poster dixital como marco visual é tamén un EVA (entorno virtual de aprendizaxe) ou PLE (Personal Learning Environment).
Estes entornos virtuais  dan resposta a unha realidade social diferente e cada vez máis audiovisual, intuitiva e funcional e, polo tanto, un espazo de aprendizaxe diverso.
Tamén podería realizarse outra posibilidade de acción a través dunha ruta de pensamento que nos leve a pensar e a razonar: ORGANIZADOR GRÁFICO-RODA LÓXICA


"No hay nadie cuyo cerebro funcione a pleno rendimiento; todos tenemos capacidades mentales que
están por desarrollar. No sabemos lo que podríamos conseguir con la ayuda necesaria, el tiempo suficiente y los estímulos apropiados. Todos necesitamos los estímulos del ejercicio mental para mantener a punto nuestras mentes. Al igual que los músculos, la mente humana se expande y desarrollacon el uso y, al igual que el cuerpo, se mantiene en forma mediante una actividad regular”.
Fisher (2011:23)

Co noso poster dixital damos unha resposta inclusiva aos diferentes intereses e fai oposible a personalización das aprendizaxes. A nosa paisaxe integra sistuacións que desenvolven procesos cognitivos como comprender, aplicar, analizar, avaliar e crear, modelos de pensamento coma o analítico ou intelixencia como a verbal. Son situacións de aprendizaxe ricas, diversificadas, multiopcional ofrecendo accións visuais e auditivas e tamén a posibilidade de tazonar e pensar sobre texto con organizadores graficos ou unha guía de lectura. Esta forma de traballar cunha historia proporciona alternativas ao texto, pon en valor a intelixencia visual, a transferencia ou a xeralización asi como a creatividade ao poder decidir sobre o final da historia,...







POSTER DIXITAL A COCIÑEIRA DO REI

domingo, 21 de enero de 2018

PAISAXES DE APRENDIZAXE

A integración das Competencias Clave no currículo fai necesario que artellemos recursos ou fórmulas metodolóxicas que posibliten unha NOVA ARQUITECTURA DA EDUCACIÓN.
Unha desas fórmulas é crear PAISAXES DE APRENDIZAXE que integren diferentes procesos cognitivos, diferentes modelos de pensamento e o desenvolvemento de diferentes intelixencias.
Estas paisaxes de aprendizaxes deséñanse a través de marcos visuais a modo de posters que permiten navegar clicando a outros marcos nos que aparece información con textos escritos, imaxes, vídeos, ... a información non é, polo tanto, lineal.
Cada secuencia de aprendizaxe ten diversas posibilidades: para pensar, para buscar información, para reflexionar, para contrastar,.... tendo diferentes graos de complexidade e dificultade e o alumnado non sempre seguirá a mesma ruta. Todos chegarán a unha meta pero por camiños diferentes. Favorece, desta maneira, que o alumnado sexa conductor das súas aprendizaxes, promove a capacidade de organización, permite o traballo cooperativo, dinamiza que poidan coñecer as súas debilidades e fortalezas para pòder xestionarse mellor (metacognición).

Esta proposta metodolóxica integra un EVA, entorno virtual de aprendizaxe ou o que é o mesmo un PLE (Personal Learning Environment). Traballando dende este prisma pon en acción a andamiaxe, o conlicto cognitivo e o modelado.
As secuencias que se establecen en cada marco visual levaranos a outros submarcos ou subpaisaxes que integran TAREFAS INTEGRADAS, RESOLUCIÓN DE SITUACIÓNS PROBLEMA, INDAGACIÓNS NO MEDIO, APRENDIZAXE SERVIZO...que se resolverán empregando a comparación entre diferentes informacións, realizando ou construindo unha roda lóxica, establecendo viaxes no tempo, análises asociativos, remuiño de ideas, CTF (considero todos os factores), burbullas de pensamento,... A información pódena atopar nun escritorio virtual coma SYMBALOO.
Estes entornos virtuais de aprendizaxe posibilitan transformar a información en coñecemento, posibilitan que as tecnoloxías sirvan para as aprendizaxes e o coñecemento (TAC).
A medida que van resolvendo, executando as propostas ou transformando a información en coñecemento as paisaxes transfórmanse coa acción do alumnado e darán lugar a novas paisaxes de aprendizaxes máis ricas, máis creativas, máis intuitivas, etc. ca proposta inicial.
Por outra parte, as paisaxes permiten realizar un DESEÑO UNIVERSAL  DE APRENDIZAXES (DUA)que significa realizar o mesmo que no eido da arquitectura: ter en conta as necesidades dos usuarios a priori para que non se precisasen adaptacións posteriores. Asi, se nas paisaxes contemplamos diferentes propostas, diferentes secuencias con diversos graos de complexidade ou dificultade podemos integrar a un maior número de alumnado partindo que a diversidade é unha realidade non só escolar senón social. É deseñar e integrar un currículo que dé resposta á diversidade de capacidades, habilidades, intereses, motivacións ou ritmos e estilos de aprendizaxe. Deste xeito non homoxeneizaremos a heterexoxeneidade aceptando como natural o diferente que se logrará se reflexionamos sobre diferentes graos de logro, desempeño ou consecución dos ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE.
Deseñando propostas didácticas que teñan como referente a diversidade faremos posible unha educación máis INCLUSIVA.
Un alumno-alumna, polo tanto, cando observa a paisaxe de aprendizaxe proposta  pode decidir clicar no Symbaloo e analizar a información de 2 textos ou recursos sobre o relevo de Galicia para despois crear unha infografía, un mapa cognitivo ou un cartel coa información obtida. Pola contra, outra alñumna-alumno decidirá visionar un documental que aparece no Symbaloo para máis tarde comparar esa información coa que aparece nun link que o leva a un texto ou á wikipedia. Con toda a información decide realizar coma producto un documental do relevo da súa zona xeográfica onde se plasman as características do relevo.  
Os 2 alumnos-as chegaron a transformar a información en coñecemento poñendo en acción diferentes intelixencias (visual, lingÜística, plástica ou a creativa), ademáis taménse puxeron en acción os piares da educación do século XXI dos que falaba DELORS (1996):
-aprender a coñecer
-aprender a facer
-aprender a estar e convivir
-aprender a ser

EXEMPLOS:



Agora só vos queda deseñar fantásticas paisaxes de aprendizaxe.


lunes, 15 de enero de 2018

EDUCACIÓN EMOCIONAL E LECTOESCRITURA


A médico ROSA CASAFONT explica que a educación emocional é relevante para realizar aprendizaxes. A mente humana é quen de realizar cambios cognitivos, emocionais e de comportamento máis saudables.
Os ingredientes son:
-autocoñecemento
-xestión das emocións a través da educación cognitiva-emocional

O importante é ter en conta que o "noso cerebro é un órgano de coñecemento emocional e que as emocións forman parte da toma das nosas decisións".
As emocións positivas farán posible que se aprenda mellor, que se aprenda con interese, que se aprenda con ilusión,...e favorecerá que o alumnado pregunte, indague, cuestione, ... e ademáis con empatía, resilientes, tolerantes coas frustracións, cooperativos...

viernes, 12 de enero de 2018

DEIXATE ATRAPAR POR....LIBROS PARA EDUCAR MÁIS E MELLOR


PROPOSTAS DE LIBROS PARA EDUCAR MÁIS E MELLOR:




TRES PIARES PARA A EDUCACIÓN: ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO


Na educación existen 3 protagonistas fundamentais:
-familias
-alumnado
-profesorado
Estes tres actores deben crear unha nova arquitectura educativa que poña en marcha procesos de aprendizaxe onde o alumnado teña un papel activo pois se non aprenden facendo,  se non aprenden indagando, se non aprenden deliberando, se non aprenden dende o contexto e no contexto social e cultural, se non aprenden creando e valorando, se non aprenden cooperando,... a través dun ambiente emocional seguro non poderemos dicir que están aprendendo.
O alumno aprende se a súa atención é sostida, se a percepción é normal, se a linguaxe é comprensiva, se existe a expresión oral,...pero tamén para aprender precisamos que o noso corazón estea preparado para querer aprender é dicir se a autoestima está ben, se o meu autoconcepto é positivo, se me sinto comprendido e querido, se me transmiten que cren en min,  se me din que podo só-soa, se me expresan palabras de ánimo e de amor, se non me comparan con outros-as, ....e, por último, apréndese cando nos permiten "FACER" unha lista da compra con alimentos saudables dos diferentes grupos da roda dos alimentos, cando realizamos unha estatística das veces que abrimos e pechamos a billa da auga ou malgastamos auga ou luz, cando indagamos sobre as causas dos incendios, cando buscamos posibilidades de aplicar a división en problemas da vida cotiá, cando creamos un titorial sobre recantos con encanto da miña zona, cando busco e atopo a xeolocalización da miña familia, cando descubro na arquitectura formas xeométricas, ángulos, radios, segmentos,...
O profesorado e as familias, como persoas adultas, deben ter altas expectativas (pero reais) para o seu alumnado e para os fillos e fillas, respectivamente, e transmitir con optimismo, que os retos son posibles, que con esforzo e perseverancia as dificultades de aprendizaxe son superables, que as dificultades da vida axudan a medrar máis e mellor, que nos podemos equivocar pero que as equivocacións serven para aprender, que temos que seguir co intento de facelo ben ou de facelo mellor.
As familias e o profesorado son corresponsables na educación dos fillos e fillas e do alumnado e tal como explica Dorinda Mato (Universidade da Coruña) "correspóndelles esixir e potenciar o rendimento, así como orientalos cara a excelencia adaptando o nivel de reto ás súas capacidades".
Debemos tamén, XUNTOS, coñecer os intereses, motivacións, habilidades, destrezas, competencias,...deles para lograr reducir a brecha da desigualdade educativa. Non todos os seres humanos somos iguais (por sorte) pero todos temos as nosas fortalezas que deben servir de punto de inicio para o deseño das secuencias didácticas, para organizar e artellar os procesos de ensinanza, para organizar as aprendizaxes no contexto familiar, para deseñar as aprendizaxes no contexto formal da escola.
As familias, ás veces, precisan orientación e guía para coñecer que se aprende nos centros educativos e tamén que se ensina e como se ensina. Se queremos deseñar ou re-deseñar unha nova arquitectura escolar os centros educativos deben ser transparentes en canto ao currículo e deseños curriculares que se "viven" cada día nas aulas. as familias non poden dar a imaxe de dimisionarias no proceso educativo de fillos e fillas.
Debemos crear un universo relacional conxunto para que vaiamos polo mesmo camiño, para que coñezamos por onde vai a educación dos fillos e fillas, para que saibamos como podemos axudarnos e axudalos.
Chegado a este momento é preciso tomar as verbas de Joyce Epstein (2013) que establece 4 grandes vínculos entre a familia e a escola:
-aprendizaxe no fogar como educación no contexto informal
-participación das familias nos centros educativos
-compromiso escolar coa implicación das familias
-actividades de apoio e formación para familias
Polo tanto, o nexo familia-docentes non pode estar situado na periferia escolar.
Entre todos temos que reflexionar se estamos facendo todo por mellorar as aprendizaxes dos nenos e nenas, se todos partimos do respecto mutuo, se todos desexamos coñecernos e coñecer, se todos, en definitiva, podemos facer algo máis.
Agora queda determinar premisas para que se poida aprender de forma activa:
-en cada sesión de clase diseñaranse tempos para que conversen, dialoguen, expresen,....sobre temáticas de actualidade relacionadas cos contidos da materia (violencia, acoso, consumo responsable,...)
-tempos para que realicen búsqueda de información a través de soportes impresos e dixitais e a contrasten 
-tempos para que pensen a través de rutas de pensamento empregando organizadores gráficos
-tempos para traballar cooperativamente
-tempos para facer e non só receptores pasivos de información
-tempos para ensinar de forma creativa e non para transmitir
-tempos para falar e conversar no fogar
-tempos para organizar tarefas corresponsables no fogar (apréndese o que se vive cada día)
-tempos para o estudio e o traballo no fogar de forma autónoma pois se mamá ou papá ten que facer os resumes o fillo ou filla nunca aprenderá e sentirase inutil. O acompañamento pode ser, nun primeiro momento como guía, para seguir cun "acompañamento emocional positivo" realizando valoracións positivas, apoiando, crendo nas súas posibilidades,....incluso poderá contarnos máis tarde que estivo lendo ou resumindo ou resolvendo do mesmo xeito que nós contaremos que fixemos e como o fixemos nos traballos que desenvolvememos.


LER E ESCRIBIR DE FORMA CREATIVA E CONTEXTUALIZADA

É PRECISO DESENVOLVER O ANDAMIAXE NOVA ARQUITECTURA DA LECTURA E DA ESCRITURA
LER E ESCRIBIR SON DOUS PROCESOS MOI RELACIONADOS E COMPLEXOS.   OS DOUS PROCESOS RESULTAN PRIMORDIAIS PARA ACCEDER AOS SABERES ORGANIZADOS DUNHA CULTURA.
DEBEN SER ABORDADOS DE FORMA GLOBAL PARA GARANTIZAR O SEU SIGNIFICADO.
BAIXO UN PRISMA OU MODELO CONSTRUCTIVISTA A LECTOESCRITURA É CONSIDERADA COMA UN PROCESO GLOBAL DE CONSTRUCCIÓN E INTERPRETACIÓN DE SIGNIFICADOS EN ENTORNOS CULTURAIS ALFABETIZADOS.

PARA SABER MÁIS:

martes, 9 de enero de 2018

PEISADELOS E TERRORES NOCTURNOS


Os fillos e fillas en múltiples ocasións manifestan terrores nocturnos ou ben teñen moitos peisadelos.
Estes dous aspectos son diferentes e, achego información para distinguilos e para que esta información nos aporte tranquilidade xa que son normais na infancia e que ámbolos dous procesos van desaparecendo a medida que as criatura van medrando e tamén a medida que os adultos deixemos de desdramatizar a situación.

DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA



Se tomamos como referente a Orden ECD 65/2015 que establece a relación entre os diferentes elementos curriculares coas Competencias Clave establece a importancia de ter  competencia en sentido de iniciativa e espíritu emprendedor e que implica, entre outras cuestións,  adquirir conciencia da situación a intervir ou resolver, saber elixir, planificar e xestionar,... 

A autonomía tamén se relaciona co autocoñecemento.

AUTONOMÍA PERSOAL

ALFABETIZACIÓN EMOCIONAL


Xa estamos iniciando o segundo trimestre e,pode ser, que percibamos que o alumnado e os fillos e fillas non son conscientes das súas emocións ou sentimentos, que  non amosan interese por aprender, que non se motivan con nada,...
Algúns destes ámbitos están directamente relacionados coa intelixencia emocional. Esta intelixencia emocional (Goleman) ou a intelixencia interpersonal da que falaba Gardner debe ser desenvolvida e, polo tanto, é necesario que no contexto familiar e escolar deseñemos tempos para esta alfabetización emocional.
A continuación daremos unhas pautas:

miércoles, 3 de enero de 2018

PRESENTACIÓN CALENDARIOS COMPETENCIAIS 2018


Onte presentáronse na Diputación de Pontevedra os novos CALENDARIOS COMPETENCIAIS para as familias de EDUCACIÓN INFANTIL e de EDUCACIÓN PRIMARIA.
Para que?
Unha das finalidades da educación é favorecer as aprendizaxes competenciais e que as familias sexan axentes educativos activos e corresponsabeis.
Polo tanto, dentro das funcións dos docentes (Título III, Cap. I, art. 91) aparecen:
-orientar ás familias sobre as aprendizaxes dos seus fillos
-apoiar e orientar o proceso educativo dos alumnos e alumnas en colaboración coas familias
 Baixo as recomendacións anteriores é preciso, polo tanto, de deseñar accións, recursos, estratexias que favorezan non só formar ás dfamilias senón tamén ofrecer a posibilidade que desenvolvan aprendizaxes competenciais no contexto familiar e social.


DeSeCo (2003) define competencia como «a capacidade de responder demandas complexas e levar a cabo tarefas diversas de forma adecuada». A competencia «supón unha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz». Considéranse, pois, como coñecemento na práctica, é dicir, un coñecemento adquirido a través da participación activa en prácticas sociais e, como tales, pódense desenvolver tanto no contexto educativo formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais e informais.


Así pois, o coñecemento competencial integra un coñecemento de base conceptual: conceptos, principios, teorías, datos e feitos (coñecemento declarativo-saber dicir); un coñecemento relativo ás destrezas, referidas tanto á acción física observable como á acción mental (coñecemento procedemental-saber facer); e un terceiro compoñente que ten unha grande influencia social e cultural e que implica un conxunto de actitudes e valores (saber ser).

Nenos e nenas deben aprender en diferentes contextos, en diferentes escenarios e en diferentes ambientes xa que aprenden cando están no parque, na escola, no patio, nos corredores, no supermercado, nos xantares familiares, no teatro, no cine ou nas festas familiares. Por este motivo deben ter normas básicas e coherentes que servan para todos estes escenarios e fan posible que medren nun estado de benestar persoal, social e emocional óptimo.

Tal como nos establecen LAVE E WENGER as aprendizaxes deben ser SITUADAS, contextualizadas.

Dado que a aprendizaxe baseada en competencias se caracteriza pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral, o proceso de ensino-aprendizaxe competencial débese abordar desde todas as áreas de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais como nos non formais e informais. 
 Neste ano 2018 teremos propostas para as familias de E. Infantil e propostas de E. Primaria. 
Os 12 meses teñen un ámbito conductor: A VISIBILIDADE DA MULLER en diferentes eidos da ciencia, da arte, da educación, da literatura,...
Promóvese o deseño de cronogramas con tarefas corresponsábeis no fogar, o uso das TIC e as TAC de forma creativa, receitas saudables, ecoauditorías para mellorar un medio ambiente sostible,  conversas en familia sobre temáticas actuais,...
Estes calendarios dinamizan aprendizaxes funcionais e promoven tamén un desenvolvemento afectivo e emocional no contexto familiar. Trátase de que fillos e fillas e membros adultos das familias aprendan xuntos.
Tamén aparecen PROPOSTAS DE LITERATURA E CINE INFANTIL, PROPOSTAS DE LITERATURA DE ADULTOS ESCRITA POR MULLERES e PROPOSTAS  DE CINE DE ADULTOS DIRIXIDO POR MULLERES.
A continuación, escolma de notas de prensa: