Páginas

miércoles, 4 de octubre de 2017

ATENCIÓN? QUE É? PARA QUE?



En primeiro lugar establecemos que cada neno-nena, cada ser humano é diferente e procesa a información de xeito diverso. Dende os centros educativos deberemos adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado (art. 3 D. 229/2011). Unha desas características diferenciadoras é a atención.

A maior ou menor atención fai que un neno ou unha nena teña un diferente ritmo de aprendizaxe, ou teña un estilo de aprendizaxe peculiar, ou que non atenda porque non lle interese a temática ou que a súa autoestima estea moi baixa e non sinta a necesidade de aprender pois pense que o fai facer mal ou crea que non sabe.

As veces, cando un neno ou unha nena ten déficit de atención non sempre se pode establecer que exista un TDAH ou TDA. O trastorno por déficit de atención e Hiperactividade non pode ser diagnosticado ata os 6 anos. Por este motivo, debemos buscar e ofrecer estratexias para que os síntomas desaparezan ou no caso da existencia real de TDAH ou TDA  melloren os ámbitos deficitarios.

A atención é a capacidade que permite a un neno ou nena concentrarse na execución dunha actividade dirixida a acadar un obxectivo (arrodear cadrados vermellos, seguir unha serie de números, agrupar certo nº de obxectos, escribir palabras que teñan un T,...). Cando un/a alumno/a presenta un nivel baixo de atención-concentración pode ser por algunha das seguintes causas:
a) ausencia de respostas aos estímulos que recibe ben porque existan estímulos alteradores (barullos, estímulos máis atractivos e motivadores ca os ofrecidos polo profesor/a, etc) ou ben porque os estímulos que lle chegan son irrelevantes.
 b) Falta de motivación no neno-a cara a actividade que implica a atención.
c) Alteracións na zona cerebral na que se integra a atención (hipocampo e corpo caudado).
As dúas primeiras causas serán nas que nos centremos.
Na atención están implicados procesos mentales como a FOCALIZACIÓN que fai referencia ao proceso de centrarse só nun aspecto do ambiente ou só na realización dunha tarefa. Falamos entón atención focalizada.

Outro proceso mental implicado na atenció é o PROCESO SELECTIVO que se activase activa cando un neno ou unha nena ten que focalizar a súa mente nun estímulo  ou tarefa en presenza doutros estímulos ou tarefas variados e diversos e ten que se capaz de non atender a eses distractores que hai ao redor (buscar un boton verde grande nunha caixa de botóns de diversos tamaños e cores. Os outros botóns que non son verdes e grandes son elementos distractores) . Cando ese neno ou nena é quen de inhibir eses distractores falamos de  atención selectiva.

Tamén temos que ter en conta o proceso de DISTRIBUCIÓN que se pon en marcha cando temos que atender a varios estímulos á vez. Esta capacidade para atender a máis dunha cousa ao mesmo tempo e/ou executar dous ou máis tarefas simultáneamente coñécese co nome de atención dividida e/ou distribuida. Por exemplo, escoitar música cantando e realizar os exercicios dunha ficha.

Para finalizar, temos o PROCESO DE MANTEMENTO ou SOSTEMENTO da atención que se produce cando temos que manter a atención nunha tarefa durante períodos de tempo relativamente amplos. Falamos entón de atención sostenida



*    PAUTAS XERAIS PARA DESENVOLVER A ATENCIÓN 

  •  Que durma e descanse o necesario
  • Indagar se descansa pola noite ou está sobresaltrado-a, ten peisadelos,...pois se o sono é inadecuado a atención e a concentración disminue.
  • Vixiar a existencia de problemas respiratorios que repercuten nun sono e descanso nocturno alterado e de falta de calidade e na óptima osixenación.
  • As tarefas deben ter varias fases e estar segmentadas as máis complexas con imaxes visuais empregando pictogramas.
  • As actividades e os pasos -fases para a súa resolución deben ser claras e precisas e acompañadas de referencias visuais a través de pictogramas con secuencias visuais e horarios visuais.
  • Debemos dar tempos pois os tempos dos adultos non teñen nada que ver cos tempos das criaturas.
  • Eliminación de estímulos irrelevantes e de distractores.
  • Non deben existir estimulos sonoros e visuais en exceso
  • O espazo para o traballo individual debe favorecer a concentración
  • Reforzo positivo polos tempos de atención
  • Deseñar actividades para que poida ter éxito
  • Ter en conta as motivacións, intereses, capacidades, habilidades.
  • Dar estratexias para manexar a baixa tolerancia a frustración e a demora da gratificación
  • Ambiente familiar debe ser sereo,  tranquilo, sosegado, ordenado, con "rutinas" pois do contrario existen situacións que os levan a descentrarlos-as. Pautas, normas, límites estables e acordados polos proxenitores
  • Non sobreprotexer en exceso
  • Evitade que vexa a televisión ou que xogue coa tablet, xogar con videoxogos antes de realizar actividades que requiran atención ou antes de ir á escola.
  • Controlade o uso de videoxogos pois non favorecen a concentración en actividades menos atractivas e que implican un maior esforzo mental.
  • Desenvolver actividades ao aire libre
  • Realizar xogos que favorecen a atención: puzzles, dominós, memorys, mini-arco, ...
  • Fomentar a lectura ou audición de contos e promovede que explique imaxes, facer preguntas sobre o que escoitou,...
  • Buscar determinadas imaxes ou palabras en folletos, xornais,...
  • Fomentar que execute "recados" no fogar para realizar tarefas da vida cotiá. Irase incrementando as partes dese recado.
  •  Non sobrecarguedes aos nenos-nenas con tarefas escolares no fogar pois provocará rexeitamento e terá a sensación de sentirse saturado-a. 
  •   Establecer horarios visuais no fogar e na escola para que sempre teña un referente do que fixo e o que lle queda por facer.
  • Establecer actividades no fogar que  teñan que ser desenvolvidas estando sentados-as: dobrar roupa, limpar cubertos, buscar imaxes de alimentos para facer a lista da compra, ler ou mirar un conto,...
  • Habituar ao/a alumno/a-fillo-a á realización de exercicios de respiración antes de executar una actividade que esixa un nivel elevado de atención.
  • Intercalar breves descansos en aquelas actividades que exijan moita concentración. 
  •   Eliminar os estímulos que son irrelevantes respecto á  tarefa que se executa.
  • Realizar breves exercicios de concentración antes de abordar a tarefa (localizar ou identificar letras e números, proseguir una serie, describir un obxecto, etc).
  • As sesións de traballo escolar ordinario deberán ser tanto menores canto menor sexa o nivel de atención que teñen os/as alumnos/as. Esto no quere dicir que se traballe menos, xa que tamén se pode realizar unha nova sesión a continuación dun descanso.
  • A duración das asembleas deberán axustarse ás necesidades do alumnado con falta de atención e poderán realizarse microasembleas.
  • Crear condicións ambientais axeitadas (temperatura, ventilación,iluminación) 
  •  Evitar niveis de activación extremos
  • Control emocional empregando técnicas de respiración, relaxación muscular
  • Progresivo marcaxe de tempos e sub-tarefas que debe ter realizadas. Ampliacións progresivas.
  • Secuenciar as actividades graduándoas en función das curvas de fatigabilidade.
  • Respectar  os tempos de resposta lentos do neno-a.
A continuación poderedes atopar maís información:
PARA SABER MÁIS