Páginas

martes, 14 de marzo de 2017

DISLEXIA




DISLEXIA

En primeiro lugar, debemos partir dunha premisa importante:

Non centrarse no diagnóstico senón en DAR RESPOSTA ás necesidades que presenta o A.N.E.A.E

PRINCIPIOS DA EDUCACIÓN:

Para a atención á Diversidade debemos partir do que a LOMCE 8/2013 ou a LOE 2/2006  establece como principios da educación: a calidade da educación para todo o alumnado; a equidade, a inclusión educativa e a non discriminación; a concepción da educación ao longo de toda a vida; a flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado; a orientación educativa e profesional do estudantado; o esforzo compartido por alumnado, nais, pais ou titores e titoras legais, profesorado, centros, administracións, institucións e o conxunto da sociedade, e a autonomía para establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares. Mediante eses principios trátase de conseguir o éxito escolar de todo o alumnado.



O fin da educación ou o obxectivo prioritario da ATENCIÓN Á DIVERSIDADE debe ser que todo o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral para todas as alumnas e alumnos cunha atención integral. tratando de evitar as desigualdades derivadas de factores sociais, económicos, culturais, xeográficos, étnicos ou doutra índole. La atención a la diversidad de todo el alumnado desde una perspectiva inclusiva y compensadora, a fin de dar respuesta a sus necesidades educativas, considerando sus intereses, motivaciones y capacidades para el aprendizaje en un entorno normalizado.

A diversidade, pois, é unha realidade social, e, polo tanto, unha realidade en cada centro educativo; realidade derivada da singularidade biolóxica, psicolóxica, social e cultural de cada alumna e cada alumno, da singularidade de cada familia e de cada unha das profesoras e dos profesores, tamén das particularidades de cada centro e de cada comunidade educativa no seu conxunto. E a resposta educativa a esa diversidade debe concretarse en cada un dos proxectos educativos, en cada unha das ensinanzas, na coordinación docente, na personalización da educación de cada unha das alumnas e alumnos, nos recursos e medidas educativas, nos compromisos familiares e sociais e en todo o que contribúa ao máximo desenvolvemento persoal e social do alumnado e á súa preparación para convivir e participar, de forma autónoma, nunha sociedade democrática.

A atención á diversidade da respostas  a diferentes capacidades, intereses, motivacións, estilos e ritmos de aprendizaxe, a compensar desigualdades educativas, sociais, xeográficas, culturais,..(art. 3, D. 229/2011) ás  necesidades educativas especiales, ás  dificultades específicas de aprendizaje, ao alumnado con TDAH, ao alumnado con  altas capacidades intelectuales, á incorporación tardía ao sistema educativo como se reflicte no TÍTULO II, CAP. I da LOMCE.

A DISLEXIA fai referencia á dificultade na aprendizaxe, distinción, memorización de letras, grupos de letras, falta de orden e ritmo na colocación e mala estructuración de frases afectando tanto á lectura como á escritutra.

A Dislexia evolutiva ou de desenvolvemento fai referencia a aqueles suxeitos que non son quen de deletrear, ler, escribir con facilidade no momento inicial da aprendizaxe.

Os retrasos madurativos localízanse a nivel neurolóxico ou nas funcións psicolóxicas.Os retrasos madurativos neurolóxicos que poden ocasionar dificultades concretas na aprendizaxe da lectoescritura son:

-retrasos evolutivo-funcionais do hemisferio esquerdo que producen alteracións perceptivas e nos procesos simbólicos

-retrasos no desenvolvemento  do hemisferio esquerdo orixinado por anomalías neuroanatómicas

Ademáis existen retrasos na maduración das funcións psicolóxicas que tamén producen dificultades específicas na aprendizaxe da lectoescritura e estes son:

-retrasos do desenvolvemento perceptivo-visual

-retrasos na adquisición do esquema corporal

-retrasos no desenvolvemento da coordinación dinámica

-retrasos no desenvolvemento dos procesos psicolingüísticos básicos

Porén predominan factores neurolóxicos (dominancia cerebral, lateralidade,...), cognitivos (déficits perceptivos e de memoria, de procesamento verbal)

Tipoloxía de dislexia:

-dislexia auditiva ou disfonética

-dislexia visual ou diseidética

-dislexia aléxica ou visoauditiva

Subtipos

-dislexia audiolingüística

-dislexia visoespacial

-dislexia fonolóxica

-dislexia morfémica

-dislexia visual-analítica

A dislexia afecta principalmente ao proceso lectoescritor ainda que outras áreas poden estar afectadas en maior ou menor medida. Estas áreas poden ser:

-memoria de traballo, atención, coordinación, percepción e orientación espacio-temporal.

Ainda que na etapa de E. Infantil non estea totalmente consolidado o proceso lector e escritor  e porén non se poida facer un diagnóstico fiable podemos detectar alumnado que presenta sinais de risco por ter motas dificultades en áreas ou ámbitos como a percepción, a orientación espacial, a lateralización, a motricidade-psicomotricidade, funcionamento cognitivo, funcionamento psicolingüístico, linguaxe (omisións, inversións, susbstitucións, insercións, confusións,...), dominancia lateral, esquema corporal, déficits espacio-temporais, desenvolvemento emocional, conciencia semántica,...



ÁMBITOS/ÁREAS A DESENVOLVER NA INTERVENCIÓN

-Educación multisensorial

-Educación psicomotriz: esquema corporal, lateralización, orientación espacio-temporal

-Entrenamento perceptivo-motriz e coordinación viso-espacial

-Desenvolvemento psicolingüístico: recepción auditiva, recepción visual, asociación auditiva, asociación visual, expresión verbal, habilidades metafonolóxicas (segmentación de palabras-léxica, de sílabas, de fonemas-fonémica, sopa de letras, rimas,...)

(Propostas: programa de intervención Lateralidade e organización espacial, mes dee marzo 2017)

Outras problemáticas que ás veces relaciónanse son:

-DISORTOGRAFÍA: Conxunto de erros da escritura que afectan á palabra e non ao seu trazado ou grafía, á calidade da grafía.

-DISGRAFÍA: Trastorno de tipo funcional que afecta á calidade da escritura do suxeito no que se refire ao trazado e a grafía.


ORIENTACIÓNS PARA TRABALLAR  A LINGUAXE ESCRITA E/OU OS TRASTORNOS NA LINGUAXE ESCRITA

Que é a Dislexia?  Que é un trastorno da linguaxe escrita?

 A Dislexia ou  Trastorno na linguaxe escrita  como se denomina no DSM-V é un trastorno que se caracteriza por ter unha dificultade á hora de comprender tanto textos escritos, como para memorizar ou distinguir algunhas letras, ou grupos de letras entre algunhas cousas máis.  Polo xeral, este trastorno preséntase entre os 8 e os 13 anos de idade, dáse cando o hemisferio cerebral que é responsable de procesar a información visual, actúa dunha forma máis lenta que o hemisferio que é o encargado dos procesos asociados á linguaxe.  Nalgunhas ocasións, a Dislexia tamén se asocia coa disgrafia ou a dificultade de escribir. Ter este trastorno, fai que ,en xeral, os procesos de aprendizaxe sexan máis difíciles de levar a cabo con normalidad, e en algunhnas ocasións, dependendo dos síntomas que se presenten, pode chegar a ser unha situación incapacitante.

Os síntomas que poden darse, poden aparecer en conxunto ou de forma illada, isto último resulta máis común. Os síntomas poden ter dúas orixes, en primeiro lugar, están os factores neurofisiológicos que se dan por mor dunha maduración moito máis lenta do sistema nervioso, e doutra banda están os factores psicolóxicos xa que as presións e as tensións que se dan inflúen drásticamente no progreso deste trastorno.

Cando estamos a falar do proceso da aprendizaxe da linguaxe escrita debemos ter en conta que interveñen diferentes procesos: perceptivos (percibir e interpretar as letras e palabras), léxicos (ler correctamente as palabras), sintácticos (interpretar as diferentes estruturas sintácticas, signos de puntuación,…) e semánticos (extraer o significado do lido, integralo na memoria e realizar inferencias), cognitivos, afectivos-emocionais, atencionais,…

En Educación Infantil, é prematuro falar de DISLEXIA pero si podemos establecer accións para que, de existir en cursos posteriores, teñamos moitos aspectos xa desenvolvidos. Pois a estas idades non é posible valorar a velocidade lectora, erros cando len palabras, omisión de letras nunha palabra ou palabras completas; substitución dunha letra por outra; substitución de palabras ao ler; engadir letras ou palabras na lectura, confusión de letras similares:P-B-D-Q;M-N-OU-Ñ-H;etc

Outros aspectos importantes que poden ter menos desenvolvido é:

·       Memoria a curto prazo

·       a conciencia fonética, é dicir a capacidade de analizar os sons do fala (dificultades sobre todo a nivel de fonemas).

·       Dificultades de orientación espacial: dificultades para imitar xestos en espello, identificar dereita, esquerda,…

·       Dificultades visioperceptivas: problemas para reproducir debuxos sen sentido, varias figuras geométricas ou liñas que seguen diferentes traxectorias; dificultades para discriminar debuxos similares ou símbolos, distinguir arriba e abaixo, diante-detrás, identificar figuras-imaxes-letras iguais ou diferentes a un modelo, dificultades para identificar diferentes figuras-imaxes-letras iguais a un modelo,…

·       Problemas de psicomotricidade: están frecuentemente asociados á dislexia, trastornos como os do ritmo, equilibrio ou aqueles que teñen un pobre coñecemento do seu esquema corporal.

·       Poden ter dificultade para traballar con outro tipo de símbolos: números, signos matemáticos.

·       O seu rendemento está por baixo do promedio da súa idade en tarefas de memoria visual inmediata e tarefas de ritmo.

·       Problemas coa lateralidade: a lateralización é o proceso polo cal o neno vai facendo máis dominante un lado que o outro a medida que se desenvolve, o dereito ou o esquerdo, diestros ou zurdos e non está definitivamente establecida ata os 6 anos.

O rendemento intelectual en xeral é correcto (por exemplo, o Cociente Intelectual está dentro dos valores normais). Parece que só está afectada a lectura e os procesos que conleva.

O diagnóstico é complexo, xa que cada dislexia é distinta e evoluciona de forma diferente en cada neno. Necesítase unha avaliación psicopedagógica específica. Doutra banda, para estar completamente seguros do diagnóstico, recoméndase esperar ata os 7 ou 8 anos.

Exemplo de actividades para mellorar a Dislexia: As actividades deben promover o desenvolvemento da percepción, da conciencia fonolóxica, da atención, da memnoria, da lateralidade,….e sempre con GUÍAS para o ÉXITO.


- identificar sons, aislar sons
-conciencia fonemas
-percepción e discriminación visual e espacial de formas xeométricas dando un modelo
-identificar letras nunha palabra dando un modelo
-localizar letras nunha determinada posición dando un modelo
-identificar figuras iguais a un modelo
-identificar letras iguais a un modelo
-identificar palabras iguais a un modelo
-asociar imaxe e palabra
-realizar bingos de letras
-executar laberintos de formas,  de letras, de palabras,…
-aislar letras dunha palabra dando modelo
-aislar sílabas dunha palabra dando modelo
-aislar palabras dunha frase dando modelo
-contar palabras dunha frase
-contar letras dunha palabra
-Exercicios de linguaxe: nomear e definir obxectos, debuxos, contar contos.
-Exercicios perceptivos e manuais: recoñecer e agrupar obxectos segundo a cor, segundo o tamaño e a forma.
-Exercicios para mellorar o coñecemento da súa propia estrutura corporal.
-Exercicios de actividade mental: de atención e memoria, organizar e ordenar elementos, observar e distinguir uns obxectos doutros.Exercicios espaciais (abaixo-arriba, diante-detrás, etc.)
-Exercicios de equilibrio estático: manterse sobre un pé, manterse na punta dos pés, etc.
-Exercicios de equilibrio dinámico: saltar sobre dous pés, saltar cun pé, etc
-Exercicios para coñecer o seu propio corpo: sinalar partes do corpo, dicilas polo seu nome, etc.