Páginas

miércoles, 26 de octubre de 2016

HOXE FALAMOS DE TDAH



TDAH
A continuación daremos unha información resumida sobre o TDAH pero tamén ofrecemos estratexias  para desenvolver unha atención educativa coherente, flexible, integral, personalizada, inclusiva,... 
ENLACES PARA SABER MÁIS

(Fonte: PROTOCOLO DE CONSENSO TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA, XUNTA DE GALICIA)O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) responde a un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza na idade infantil.
TDAH maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola, relacións interpersoais, actividades de lecer), en  forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
A desatención obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade para manter a concentración nas tarefas, a falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización. A hiperactividade refírese ao exceso de mobilidade e á inquietude constante. E a impulsividade ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como á dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo.

A hipercatividade, a desatención e a impulsividade poden darse combinada ou con predominancia dun destes tres aspectos.

Presentación combinada. é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como os de impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o nivel evolutivo da persoa.
•• Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva. nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou hiperactividade, mentres que os síntomas de inatención teñen unha menor presenza. Esta presentación é máis frecuente
nas nenas e nos nenos de menor idade.
•• Presentación predominantemente inatenta. nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de inatención.

MANIFESTACIÓNS RELACIONADAS COA INATENCIÓN
As seguintes condutas poden indicar inatención:
•• Non adoita prestarlles atención suficiente aos detalles ou incorre en erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades. Por exemplo: pasa por alto detalles ou esquéceos, o seu traballo é impreciso.
•• A miúdo ten dificultades para manter a atención en tarefas ou en actividades lúdicas. Por exemplo: ten dificultade para manter a atención durante unha conferencia, despístase durante as conversacións ou nas lecturas longas.
•• Normalmente non escoita cando se lle fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar, mesmo en ausencia de elementos promotores de distracción.
•• Non acostuma a seguir as instrucións e non remata as tarefas escolares, encargos ou obrigas no ámbito do traballo escolar. Por exemplo: comeza as tarefas, pero rapidamente perde a concentración e despístase facilmente.
20
•• A miúdo ten dificultades para organizar as tarefas e as actividades.
Por exemplo: ten dificultade para manexarse en tarefas con varios pasos, para manter os seus materiais e as súas pertenzas en orde, traballa de forma desorganizada, manexa mal o tempo, e presenta dificultade para cumprir
os prazos.
•• Normalmente evita, desgústase ou resístese a dedicarse a tarefas que requiren un esforzo mental continuado. Por exemplo: realizar as tarefas escolares ou domésticas, redactar traballos ou informes, cubrir formularios ou revisar textos extensos.
•• A miúdo extravía obxectos necesarios para as súas tarefas ou actividades. Por exemplo: perde os seus materiais escolares -lapis, libros, carteiras, documentos-, ferramentas, chaves, lentes, teléfonos móbiles...
•• É habitual que se distraia por estímulos irrelevantes. As persoas adolescentes e adultas poden distraerse cos propios pensamentos.
•• Acostuma a ser descoidado nas actividades diarias. Por exemplo: á hora de facer tarefas, de cumprir encargos, de devolver chamadas, de pagar facturas ou de cumprir coas súas citas.

MANIFESTACIÓNS RELACIONADAS COA HIPERACTIVIDADE-IMPULSIVIDADE


As seguintes condutas poden indicar hiperactividade ou impulsividade:
Relacionadas coa hiperactividade:
•• A miúdo móvese, repica -cos dedos, mans e/ou cos pés- sobre unha superficie imita o son do tambor ou retórcese no asento.
•• Acostuma a érguese do asento en situacións nas que é impropio facelo. Por exemplo: érguese do seu sitio na aula  ou noutras situacións que requiren permanecer no sitio.
•• Adoita correr ou saltar excesivamente en situacións nas que é impropio facelo. 21
•• Normalmente ten dificultades para xogar ou para dedicarse a actividades de ocio tranquilamente.
•• Acostuma a estar en movemento, sen acougo. Por exemplo:
é incapaz ou sente gran incomodidade para estar sen
moverse durante un tempo longo, como na silla da aula, nunha sesión de teatro,...e mesmo pode dar a sensación de que sente desacougo e que lle custa estar como as demais persoas.
•• A miúdo fala en exceso.
Relacionadas coa impulsividade:
•• Acostuma a precipitar respostas antes de que rematen as preguntas. Por exemplo: remata as frases dos demais, ou non pode esperar a súa quenda nunha conversa.
•• A miúdo ten dificultades para esperar a súa vez. Por exemplo: ten dificultades para esperar nunha fila.
•• Acostuma a interromper as demais persoas. Por exemplo: interrompe as conversas, os xogos ou as actividades, colle e emprega as cousas das demais persoas sen permiso, métese no que outras ou outros están a facer ou quítalles o seu posto.

En xeral, as nenas e os nenos con TDAH, dende o punto de vista socioemocional, caracterízanse polo seguinte:
•• Teñen problemas para facer amizades na escola, e para conservalas.
•• Son rexeitados, ou ben ignorados, polos seus compañeiros e compañeiras.
•• Prestan pouca atención aos desexos e aos sentimentos das demais persoas.
•• Frústranse facilmente.
•• Teñen dificultade para comprender as relacións sociais, e “meten a pata” frecuentemente.
23
•• Cambian de estado de ánimo con moita frecuencia, e desmoralízanse
facilmente.
•• Cústalles respectar as regras dos xogos.
•• Testaneán e enfádanse con moita frecuencia.
•• Presentan unha baixa autoestima, inseguridade e dependencia excesiva das persoas adultas.
•• Presentan estados emocionais extremos e pouco axustados á realidade.
•• Responden moito mellor aos incentivos de carácter inmediato.
•• Teñen dificultades para calmarse e autocontrolarse, unha vez que se alteran por algo.
•• Acostuman a estaren implicados en problemas (discusións, pelexas) nos recreos, no comedor, no transporte.
•• Amosan desinterese e pouca motivación polo logro escolar.
•• Viven no presente e ignoran as consecuencias futuras.
Manifestacións na vida escolar
•• Parece que non oe cando se lle fala.
•• Parece moi nerviosa ou nervioso.
•• Fala demasiado.
•• Interrompe a outras persoas.
•• É moi impaciente.
•• Ten problemas cos iguais
•• Xera discusións entre a nai e o pai.
•• Fai comentarios non axeitados á situación.26
•• Non espera a súa quenda.
•• Responde sen esperar a que as demais persoas rematen de facer a pregunta, mesmo aínda que non vaia dirixida a el ou a ela.
•• Distráese facilmente.
•• Cambia rapidamente dunha actividade a outra.
•• Sempre está en movemento (móvese de diante para atrás,
move as mans, as pernas), aínda que estea sentado move os
pés ou xoga co que teña cerca (unha culler, un vaso,...), etc.
•• Ten dificultade para terminar as tarefas
•• Dificulates para coller  todo o material necesario que precisa para  executar unha tarefa (esquece o lapis ou a goma, ou o libro,...)
•• Perde material escolar e pezas de roupa con demasiada frecuencia.
•• Desmonta os bolígrafos e outros instrumentos de traballo.
•• Non sabe por onde empezar as tarefas, nin que é o máis importante do que debe facer.
•• Non sabe organizar nin o tempo nin o traballo.
•• Comete moitos erros por falta de atención.
•• Non lles presta atención aos detalles.
Manifestacións Nos xogos:
•• Corre ou trepa de xeito inadecuado.
•• Non dá xogado en silencio.27
•• Non é quen de estar sentada ou sentado.
•• Ten dificultade para esperar a súa quenda.
•• Ten dificultade para seguir as instrucións e as regras dos xogos.
•• “Soña esperta ou esperto”, fantasía demasiado.
•• Está moi inquieta ou inquieto e retorcese constantemente.
•• Fala sen parar e interrompe outras persoas.
•• Anda sempre correndo.
•• Toca todo o que ve, xoga con todo.
•• Ten dificultade para controlar as súas emocións.
•• A miúdo interrompe ou métese nos asuntos doutras persoas.
•• Ten comportamentos de risco.
No ámbito escolar, o profesorado pode observar a existencia das seguintes manifestacións:

•• Cústalle comezar o traballo. Non comeza por si só ou soa.
•• Amosa desorde e desorganización e non completa os traballos.
•• Usa o mínimo esforzo nos seus traballos e tarefas.
•• Ten aparencia de ser unha persoa preguiceira, mesmo pouco motivada.
•• Parece non escoitar cando se lle fala. Segue con dificultade unha conversa.8
•• Presenta os traballos sucios, rachados ou deteriorados.
•• Esquece entregar os traballos, aínda que os teña feitos.
•• Presta moita máis atención nas áreas ou materias que lle gustan.
•• Ten dificultade para atender e seguir as normas dun xogo.
•• Cambia constantemente de postura na súa cadeira, nas rodas de xogo, etc.
•• Morde, chupa e xoga co material (lapis, goma, bolígrafo).
•• Move constantemente as pernas, os brazos e os dedos, sen erguerse do asento.
•• Cáenlle as cousas ao chan con excesiva frecuencia, rompe materiais, etc.
•• É das persoas que adoita ter pequenos accidentes no recreo e nos xogos.
•• Contesta sen pensar.
•• Non ve o perigo en ningures.
•• Non controla a expresión dos seus sentimentos.
•• Os castigos producen pouco efecto no seu comportamento e as recompensas a longo prazo tampouco funcionan.
•• O tempo é o seu inimigo e non inicia as tarefas ata o último momento.
•• Ten dificultade para controlar o seu comportamento.
•• Cústalle poñerse no lugar da outra persoa.
•• Desmoralízase enseguida.
•• Frecuentemente parece unha persoa testana.
•• Carece de empatía, o que orixina moitos rexeitamentos.
•• Ten moi baixa autoestima, inseguridade e dependencia das persoas adultas.
•• Ten dificultades para dicir o que quere dicir, explícase mal.
•• Cando ten que explicar algo non atopa as palabras e ten dificultades para explicar as súas ideas de maneira rápida e precisa.
•• Esquécese de darlles a volta ás follas dos exames.
•• Cando unha pregunta ten varias partes, contesta a primeira e esquece as seguintes.



Os aspectos máis relevantes a ter en conta  para unha detección precoz serían:
-non pode estar sentado/hiperactivp
-falta de atención/non escoita
-actos impulsivos
-problemas de comportamento
-baixo rendemento escolar

Orientacións xerais para a prevención e a intervención psicoeducativa
Todo programa de intervención debe estar baseado nas potencialidades e nas necesidades educativas , no principio de inclusividade  e no desenvolvemento da intervención dun xeito multicontextual.

As orientacións agrúpanse enn tres bloques:
1.- Prevención e intervención na organización do centro educativo
-Escolarizar o alumnado con TDAH nas aulas ordinarias, desenvolvendo as medidas de atención á diversidade  adaptadas ás súas necesidades.
-Sensibilizar o profesorado coas medidas de atención á  diversidade para alumnado con TDAH, incluíndoas nos  documentos do centro: Plan xeral de atención á diversidade
e Plan de convivencia do centro educativo.
-Informar e formar o profesorado, de xeito que coñeza as  características do TDAH e as estratexias para realizar os  axustes necesarios e que entenda que este alumnado ten un  trastorno do neurodesenvolvemento e non confundilo con  alumnado mal educado pola familia.
-Establecer canles de coordinación entre todo o profesorado que lle imparte clase ao alumnado con TDAH, para  unificar as pautas metodolóxicas, os sistemas de avaliación  e as técnicas de control da conduta.
-Incentivar a elección da titoría con alumnado con TDAH  por parte do profesorado con experiencia e formación específica.
-Sistematizar o intercambio de información nos cambios  de curso e de etapa educativa ou de centro do alumnado  con TDAH, para asegurar a continuidade do proceso formativo.
-Garantir a coordinación entre a familia, o profesorado,  os servizos de orientación e, a través da familia, os servizos sanitarios e/ou sociais e as entidades sen ánimo de lucro
relacionadas co TDAH.
2.-. Prevención e intervención dentro da aula
Entre as pautas e as estratexias que deben estar presentes na contorna da aula destacan:
Tipo de aula
O alumnado con TDAH debe estar nunha  aula con bo clima de traballo e, a ser posible, na que non  coincida con alumnado con problemáticas semellantes.
Perfil do profesorado.
Funciona ben o profesorado que  harmoniza as normas claras e coherentes coa empatía e co
reforzo positivo. Os estilos permisivo ou autoritario son negativos nestes casos

Técnicas de modificación de conduta.
Utilízanse para favorecer o cambio de comportamento a través dunha serie  de estratexias. Con elas preténdese reducir ou eliminar as  condutas problemáticas e fortalecer as condutas adecuadas.
1-Técnicas para incrementar a conduta desexada como o reforzo positivo e a economía de fichas.
2-Técnicas para reducir as condutas non desexadas como retirar a atención diante dunha conduta  inadecuada, reforzar condutas alternativas, privalo de obter reforzamento etc.
3-Outras técnicas para a mellora cognitiva.
-Autoinstrucións.
-Solución de problemas.
-Autoobservación.
-consciencia das conductas e atribución adecuada dos éxitos e dos fracasos.
- Habilidades sociais.

4-Estratexias de intervención nas dificultades específicas da aprendizaxe.:
-percepción visual
-percepción auditiva
-lóxica-matemática
-razonamento con figuras
-secuencias manipulativas
-comprensión oral
-tratamento da lectura, da comprensión
escrita, da expresión escrita, da numeración, do cálculo e da  resolución de problemas matemáticos.
Resulta recomendable establece un REXISTRO DE CONDUCTAS DISRUPTIVAS identificando os tempos que duran, intensidade, motivos, cusas que provocaron a conducta disruptiva, espazos onde se produciu, pesonas que interviron.
Orientacións para as familias

É un deber que ten o profesorado do centro e o xefe do Dto. Orientación proporcionar ás familias estratexias para manexar as  actuacións e as condutas das nenas e dos nenos con TDAH. Algunha das estratexias serían:

-Unificación de criterios entre as persoas adultas da familia
-repartir e compartir as tarefas e as responsabilidades da crianza e das consecuencias do TDAH das rapazas e dos  rapaces. É moi importante que as persoas adultas que conviven na casa teñan o mesmo criterio á hora de educar e que  sexan modelo de conduta reflexiva. É dicir, hai que actuar  sempre do mesmo xeito, para non confundir a nena ou o  neno e a nai e o pai manterán a mesma liña de actuación

-Coordinación da familia cos servizos educativos e sanitarios e tamén cos Servizos externos)
A familia debe apoiar os distintos profesionais (profesorado, persoal orientador, persoal médico etc.) cos que  se relacionan as nenas e os nenos con TDAH e debe haber  unidade nela mesma, que é fundamental para trasladar unha  mensaxe común nos sistemas familiar, escolar e sanitario.

A nai, o pai ou as persoas titoras legais ou gardadoras teñen  que integrar a información que reciben dos distintos profesionais e actuar como canle de comunicación entre eles,  para favorecer a evolución integral das rapazas e dos rapaces.

•Normas de convivencia familiar
. Poñer normas e límites  para a totalidade da familia é o primeiro paso para desenvolver unha disciplina positiva. Estas deben ser poucas,  claras e ben definidas. Así mesmo, deben expresarse como afirmación (“Recolle os xoguetes do teu cuarto!”), máis que  como petición ou favor (“Queres recoller os xoguetes do  teu cuarto?”). Non son eficaces os reproches e as discusións
permanentes. Tamén é importante establecer as consecuencias das condutas positivas e negativas e ser coherente na  súa aplicación. As nenas e os nenos con TDAH necesitan  máis supervisión para poder organizarse e manexar o tempo. As rutinas e un horario estable axudaralles a afrontar as  súas responsabilidades.
•Consecuencias positivas e/ou negativas das condutas. Tanto as consecuencias que se derivan dunha conduta positiva coma dunha negativa deben ser proporcionadas e inmediatas á conduta, para que sexan efectivas. Utilizaranse, preferentemente, os reforzos positivos (por exemplo: felicitar inmediatamente despois de que a nena ou o neno faga  algo bo, e sorprendelo, tan frecuentemente como sexa posible, xa sexa cun sorriso ou cunha loanza). Modificarase, o antes posible, calquera conduta negativa. Explicaráselle,
con claridade, o que fixo mal e suxeriráselle que propoña  que outras cousas boas podería facer.
•Realización de tarefas na casa
. Se é o caso, e se procede,  as familias poden axudar a que a nena ou o neno faga as  tarefas escolares na casa, para o que han de ter en conta as  pautas ou estratexias que lle proporcione o profesorado.

Desenvolvemento emocional. Autoestima
. A posible sensación de fracaso das nenas e dos nenos con TDAH leva a  que se resinta a súa autoestima, polo que necesitan axuda  para entender as súas emocións e controlalas. Hai que coi
-
dar a linguaxe, cambiar o “es” por “estás”, criticar o que é a
conduta e non a nena ou o neno, darlle mensaxes positivas
e dicirlle o que se espera del ou dela, valorar o seu esforzo
e non só o resultado, establecer normas e límites, darlle res-
ponsabilidades, utilizar máis os premios ca os castigos, ins
-
cribila ou inscribilo en actividades nas que destaque, invitar
as súas compañeiras e compañeiros á casa etc.
Estratexias de modificación de conduta
. A nai, o pai ou as  persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado deben ser  modelo de conduta reflexiva. As rapazas e os rapaces aprenden máis por observación ca polo que se lles di ou polo que  oen. Así, para favorecer que as condutas conflitivas sexan cambiadas por outras máis axustadas poden utilizarse as seguintes estratexias, con fin de garantir o control e a seguridade das rapazas e dos rapaces:
• Retirar a atención
. Ignorar as condutas inadecuadas favorecerá a súa desaparición.
• Saír da situación
. Pódese optar por saír da situación dicíndolle que “cando estea tranquila ou
tranquilo pode buscarnos para falar”.
• Tempo fóra
. Cando un rapaz ou unha rapaza entra  en crise e berra, chora, arremete contra o irmán, insulta a nai ou o pai ou lanza obxectos, hai que
retirala ou retiralo da situación onde está, manda lo ou mandala para un espazo neutro e controlar a súa seguridade, pero sen lle falar. O máis importante é que, unha vez rematada a crise, non consiga nada do que quería cando empezou o enfado.
• Reforzar as condutas alternativas ou positivas
. As estratexias de extinción da conduta problemática deben ir acompañadas do reforzo da conduta positiva alternativa, para consolidar a mellora do
comportamento.
•Adquirir estratexias de comunicación e diálogo.
Deben desenvolverse formas de comunicación e diálogo que melloren as relacións familiares, tanto da nena ou do neno con  TDAH, coma do resto dos membros da familia.

Áreas nas que pode destacar e, ao mesmo tempo,  aprender as normas, controlar a impulsividade e mellorar a  socialización.
• Favorecer a súa relación con amigas e amigos e con compañeiras e compañeiros.
Resulta moi útil para o alumnado  con TDAH ensaiar e exercitar na casa condutas de:
• Compartir cousas, respectar a quenda, pedir xoguetes.
• Permitirlle o acceso a xoguetes, cromos, películas, libros de aventuras, etc. que espertan interese  entre as súas compañeiras e compañeiros, para fa-
cilitar a súa integración e participación.
• Invitar a outras nenas e nenos ao seu aniversario,  cun plan de xogo preestablecido.
• Supervisar o comportamento mentres xoga.




Algúns Criterios diagnósticos para o TDAH segundo a CIE-10:
Déficit de atención
1. Frecuente incapacidade para reparar nos detalles, xunto a erros, por descoido, nos labores escolares e noutras actividades.
2. Frecuente incapacidade para manter a atención nas tarefas ou no xogo.
3. A miúdo aparenta non escoitar o que se lle di.
4. Imposibilidade persistente para cumprir as tarefas escolares asignadas ou outras misións.
5. Diminución da capacidade para organizar tarefas e actividades.
6. A miúdo evita ou séntese marcadamente incómodo ante tarefas coma os deberes escolares, que requiren un esforzo mental mantido.
7. A miúdo perde obxectos necesarios para unhas tarefas ou actividades, como material escolar, libros,
etc.
8. Distráese facilmente ante estímulos externos.
9. Con frecuencia é esquecedizo no curso das actividades diarias.
Hiperactividade
1. Con frecuencia mostra inquietude con movementos de mans ou de pés ou removéndose no seu asento.
2. Abandona o asento na aula ou noutras situacións nas que se espera que permaneza sentado.
3. A miúdo corrica ou trepa en exceso en situacións non apropiadas.
4. Resulta inadecuadamente ruidoso no xogo ou ten dificultades para entreterse tranquilamente en actividades lúdicas.
5. Exhibe, de maneira persistente, un patrón de actividade excesiva que non é modificable substancialmente polos requirimentos do medio social.
Impulsividade
1. Adoita facer exclamacións ou responde antes de que se lle fagan as preguntas completas.
2. A miúdo é incapaz de gardar quenda nas colas ou noutras situacións en grupo.80
3. A miúdo interrompe ou entremétese nos asuntos doutros.
4. Con frecuencia fala en exceso e non é quen de se conter ante as situacións sociais.
• O inicio do trastorno non é posterior aos sete anos.
• Os criterios deben cumprirse en máis dunha situación.
• Os síntomas de hiperactividade, déficit de atención e impulsividade ocasionan malestar clinicamente significativo ou unha alteración no rendemento social, académico ou laboral.
• Non cumpre os criterios para trastorno xeneralizado do desenvolvemento, episodio depresivo ou trastorno de ansiedade.

Intervencións realizadas neste período (psicopedagóxicas, curriculares,
organizativas, familiares, etc.) Informarase, segundo proceda, das intervencións:
• Psicopedagóxica: programas de prevención/intervención,
técnicas de modificación de conduta,
formación en habilidades sociais, educación emocional,
etc.
• Curricular: reforzos educativos, adaptación curricular, metodoloxía, avaliación, materiais, etc.
• Organizativa: apoios dentro/fóra da aula, desdobramentos, agrupamentos flexibles, localización na aula, titoría entre iguais, información/asesoramento
ao profesorado, unificación de criterios, aula de convivencia inclusiva e atención educativa, etc.
• Familiar: achega de pautas/criterios, entrevistas periódicas, asesoramento, axenda escolar, etc.