Páginas

martes, 28 de abril de 2015

A LECTOESCRITURA NO PROCESO DE APRENDIZAXE

Cando se fala do aprendizaxe da lectoescritura podemos abordalo dende diferentes prismas e dende enfoques diversos.
Comezaremos expoñendo que as nenas e os nenos dende moi pequenos len: len imaxes, identifican fotos, localizan os anagramas e logos de cadenas de tv ou alimentos que lles apetece comer,...
Deste xeito, o proceso lector non convencional aparece a idades temperás.
Outra reflexión previa é a de establecer cando ensinar a ler ou a escribir. A resposta é sinxela dende que o cativo ou cativa queira coller un útil de escritura e empeza a facer garabatos, símbolos non convencionais e é quen de contarnos unha historia marabillosa ainda sen escritura "convencional"
Ler e escribir son logros que posibilitan outros aprendizaxes posteriores e, é posible, que unha boa competencia lectora será un piar fundamental en posteriores desarrollos curriculares.

Os procesos máis importantes que interveñen na lectura son:
-PROCESAMENTO PERCEPTIVO
-PROCESAMENTO LÉXICO
-PROCESAMENTO SINTÁCTICO
-PROCESAMENTO SEMÁNTICO
-PROCESAMENTO DE TEXTOS

Algúns dos procesos cognitivos que son necesarios son:
-ELABORACIÓN DA MENSAXE
-TEXTUALIZACIÓN
-REVISIÓN

Hoxe sabemos que amáis de  ter unha lateralidade ben desenvolvida e un esquema corporal ben interiorizado e vivenciado precísanse outras capacidades:
-Relación espacio-temporais
-coordinación óculo-manual
-hábilidades e destrezas grafomotrices (independencia segmentaria)
-percepción e discriminación auditiva
-capacidade analítico-sintética
-simbolismos e capacidades psicolingüísticas
-capacidade de atención
-resistencia á fatiga
-facultade de memorización e evocación inmediata