Páginas

martes, 28 de abril de 2015

DIFICULTADES E/OU TRASTORNOS NA LINGUAXE ESCRITA

 

ORIENTACIÓNS PARA TRABALLAR  A LINGUAXE ESCRITA E/OU OS TRASTORNOS NA LINGUAXE ESCRITA

Que é a Dislexia?  Que é un trastorno da linguaxe escrita?

 A Dislexia ou  Trastorno na linguaxe escrita  como se denomina no DSM-IV é un trastorno que se caracteriza por ter unha dificultade á hora de comprender tanto textos escritos, como para memorizar ou distinguir algunhas letras, ou grupos de letras entre algunhas cousas máis.  Polo xeral, este trastorno preséntase entre os 8 e os 13 anos de idade, dáse cando o hemisferio cerebral que é responsable de procesar a información visual, actúa dunha forma máis lenta que o hemisferio que é o encargado dos procesos asociados á linguaxe.  Nalgunhas ocasións, a Dislexia tamén se asocia coa disgrafia ou a dificultade de escribir. Ter este trastorno, fai que ,en xeral, os procesos de aprendizaxe sexan máis difíciles de levar a cabo con normalidad, e en algunhnas ocasións, dependendo dos síntomas que se presenten, pode chegar a ser unha situación incapacitante.

Os síntomas que poden darse, poden aparecer en conxunto ou de forma illada, isto último resulta máis común. Os síntomas poden ter dúas orixes, en primeiro lugar, están os factores neurofisiológicos que se dan por mor dunha maduración moito máis lenta do sistema nervioso, e doutra banda están os factores psicolóxicos xa que as presións e as tensións que se dan inflúen drásticamente no progreso deste trastorno.

Cando estamos a falar do proceso da aprendizaxe da linguaxe escrita debemos ter en conta que interveñen diferentes procesos: perceptivos (percibir e interpretar as letras e palabras), léxicos (ler correctamente as palabras), sintácticos (interpretar as diferentes estruturas sintácticas, signos de puntuación,…) e semánticos (extraer o significado do lido, integralo na memoria e realizar inferencias), cognitivos, afectivos-emocionais, atencionais,…

En Educación Infantil, é prematuro falar de DISLEXIA pero si podemos establecer accións para que, de existir en cursos posteriores, teñamos moitos aspectos xa desenvolvidos. Pois a estas idades non é posible valorar a velocidade lectora, erros cando len palabras, omisión de letras nunha palabra ou palabras completas; substitución dunha letra por outra; substitución de palabras ao ler; engadir letras ou palabras na lectura, confusión de letras similares:P-B-D-Q;M-N-OU-Ñ-H;etc

Outros aspectos importantes que poden ter menos desenvolvido é:

·       Memoria a curto prazo

·       a conciencia fonética, é dicir a capacidade de analizar os sons do fala (dificultades sobre todo a nivel de fonemas).

·       Dificultades de orientación espacial: dificultades para imitar xestos en espello, identificar dereita, esquerda,…

·       Dificultades visioperceptivas: problemas para reproducir debuxos sen sentido, varias figuras geométricas ou liñas que seguen diferentes traxectorias; dificultades para discriminar debuxos similares ou símbolos, distinguir arriba e abaixo, diante-detrás, identificar figuras-imaxes-letras iguais ou diferentes a un modelo, dificultades para identificar diferentes figuras-imaxes-letras iguais a un modelo,…

·       Problemas de psicomotricidade: están frecuentemente asociados á dislexia, trastornos como os do ritmo, equilibrio ou aqueles que teñen un pobre coñecemento do seu esquema corporal.

·       Poden ter dificultade para traballar con outro tipo de símbolos: números, signos matemáticos.

·       O seu rendemento está por baixo do promedio da súa idade en tarefas de memoria visual inmediata e tarefas de ritmo.

·       Problemas coa lateralidade: a lateralización é o proceso polo cal o neno vai facendo máis dominante un lado que o outro a medida que se desenvolve, o dereito ou o esquerdo, diestros ou zurdos e non está definitivamente establecida ata os 6 anos.

O rendemento intelectual en xeral é correcto (por exemplo, o Cociente Intelectual está dentro dos valores normais). Parece que só está afectada a lectura e os procesos que conleva.

O diagnóstico é complexo, xa que cada dislexia é distinta e evoluciona de forma diferente en cada neno. Necesítase unha avaliación psicopedagógica específica. Doutra banda, para estar completamente seguros do diagnóstico, recoméndase esperar ata os 7 ou 8 anos.

Exemplo de actividades para mellorar a Dislexia: As actividades deben promover o desenvolvemento da percepción, da conciencia fonolóxica, da atención, da memnoria, da lateralidade,….e sempre con GUÍAS para o ÉXITO.


- identificar sons, aislar sons
-conciencia fonemas
-percepción e discriminación visual e espacial de formas xeométricas dando un modelo
-identificar letras nunha palabra dando un modelo
-localizar letras nunha determinada posición dando un modelo
-identificar figuras iguais a un modelo
-identificar letras iguais a un modelo
-identificar palabras iguais a un modelo
-asociar imaxe e palabra
-realizar bingos de letras
-executar laberintos de formas,  de letras, de palabras,…
-aislar letras dunha palabra dando modelo
-aislar sílabas dunha palabra dando modelo
-aislar palabras dunha frase dando modelo
-contar palabras dunha frase
-contar letras dunha palabra
-Exercicios de linguaxe: nomear e definir obxectos, debuxos, contar contos.

-Exercicios perceptivos e manuais: recoñecer e agrupar obxectos segundo a cor, segundo o tamaño e a forma.

-Exercicios para mellorar o coñecemento da súa propia estrutura corporal.
-Exercicios de actividade mental: de atención e memoria, organizar e ordenar elementos, observar e distinguir uns obxectos doutros.Exercicios espaciais (abaixo-arriba, diante-detrás, etc.)
-Exercicios de equilibrio estático: manterse sobre un pé, manterse na punta dos pés, etc.
-Exercicios de equilibrio dinámico: saltar sobre dous pés, saltar cun pé, etc
-Exercicios para coñecer o seu propio corpo: sinalar partes do corpo, dicilas polo seu nome, etc. 
 

 

A LECTOESCRITURA NO PROCESO DE APRENDIZAXE

Cando se fala do aprendizaxe da lectoescritura podemos abordalo dende diferentes prismas e dende enfoques diversos.
Comezaremos expoñendo que as nenas e os nenos dende moi pequenos len: len imaxes, identifican fotos, localizan os anagramas e logos de cadenas de tv ou alimentos que lles apetece comer,...
Deste xeito, o proceso lector non convencional aparece a idades temperás.
Outra reflexión previa é a de establecer cando ensinar a ler ou a escribir. A resposta é sinxela dende que o cativo ou cativa queira coller un útil de escritura e empeza a facer garabatos, símbolos non convencionais e é quen de contarnos unha historia marabillosa ainda sen escritura "convencional"
Ler e escribir son logros que posibilitan outros aprendizaxes posteriores e, é posible, que unha boa competencia lectora será un piar fundamental en posteriores desarrollos curriculares.

Os procesos máis importantes que interveñen na lectura son:
-PROCESAMENTO PERCEPTIVO
-PROCESAMENTO LÉXICO
-PROCESAMENTO SINTÁCTICO
-PROCESAMENTO SEMÁNTICO
-PROCESAMENTO DE TEXTOS

Algúns dos procesos cognitivos que son necesarios son:
-ELABORACIÓN DA MENSAXE
-TEXTUALIZACIÓN
-REVISIÓN

Hoxe sabemos que amáis de  ter unha lateralidade ben desenvolvida e un esquema corporal ben interiorizado e vivenciado precísanse outras capacidades:
-Relación espacio-temporais
-coordinación óculo-manual
-hábilidades e destrezas grafomotrices (independencia segmentaria)
-percepción e discriminación auditiva
-capacidade analítico-sintética
-simbolismos e capacidades psicolingüísticas
-capacidade de atención
-resistencia á fatiga
-facultade de memorización e evocación inmediata





lunes, 27 de abril de 2015

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: AFROITA-T BEN

 Iniciaremos no mes de maio e de xuño unha travesía pola alimentación saudable e pola promoción da inxesta de froita en horario escolar.
Con tal motivo editamos O NOSO LIBRO DA FROITA con actividades que favorecerán a mellora da atención, percepción, memoria,....
http://issuu.com/revistadixital/docs/afroita-t_ben_cra_mestra_clara_torr

Algunhas das accións que desenvolveremos son:
-RECOLLER AS FROITAS DAS NOSAS HORTAS ESCOLARES
-REALIZACIÓN DUN SHOW COOKING EN FAMILIA DE PEIXE E FROITA NO PARADOR DE TUI CO XEFE DE COCIÑA
-REALIZACIÓN DUN LIBRO DE RECEITAS CO INGREDIENTE DE FROITA
-OBRADOIROS CON FAMILIAS PARA FACER: ENSALADA DE FROITAS CON IOGUR, ENSALADA DE FROITAS CON ZUME DE LARANXA, BROCHETAS CON CHOCOLATE FACENDO UNHA SERIE DE CORES, PIZZA DE FROITAS

APRENDENDO XUNTOS SOBRE EDUCACIÓN



Gústavos aprender de educación?
Pois aí van máis títulos para a reflexión:



viernes, 24 de abril de 2015

LIBROS, LIBROS, LIBROS,....DÉIXATE ATRAPAR!



23 de abril, Día do Libro
Hoxe queremos que vos deixedes atrapar por:

Un libro sempre é un tesouro!

Queremos compartir o NOSO DECÁLOGO DA LECTURA:
1.SE ABURRIDA -ABURRIDO ESTÁS AS BIBLIOTECAS VISITARÁS.
2.SE OS BERROS DESEXAS CALMAR UN LIBRO PARA ACOUGAR COLLERÁS.
3.SE TRISTE NON DESEXAS ESTAR UN LIBRO NAS MANS TERÁS.
4.SE CABUXOS NON QUERES TER  SEMPRE UN LIBRO PARA LER.
5.SE FELIZ ESTÁS CUN LIBRO DISFRUTARÁS.
6.SE ALEGRE QUERES ESTAR ÁS BIBLIOTECAS ACUDIRÁS.
7.SE VIAXES DE BALDE QUERES FACER UN LIBRO ENTRE AS MANS SEMPRE DEBERÁS TER.
8.SE AVENTURAS QUERES TER LIBROS DEBES LER.
9.SE EMOCIÓNS PRETENDES SENTIR LECTURAS DEBES COMPARTIR.
10.SE COÑECEMENTOS QUERES CREAR AOS LIBROS DEBERÁS ACUDIR.


MAMÁ E PAPÁ TAMÉN LEN!

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES. 

23 de abril, DÍA DO LIBRO
Libros para soñar e para pensar, para vivir, para sentir, para cantar, para falar,...
Libros para contar!
Ler é:  deixarse atrapar polas historias, deixar que a maxía das letras viva con nós, sentir cos personaxes, implicarse coa vida das outras persoas, viaxar,...
Para que poidades facer todo iso aí van unhas propostas:




miércoles, 22 de abril de 2015

O CRA TAMÉN NO DÍA DA TERRA



Hoxe é o día da TERRA.
Nós estamos na TERRA.
Nós formamos a TERRA.
Se queremos seguir a ter unha TERRA temos que coidala.
-facendo un consumo responsable da auga
-facendo un consumo responsable da enerxía
-facendo un tratamento responsable de residuos
-Reciclando
-reutilizando
-reducindo
Queredes estratexias para seren responsable co COIDADO DA TERRA?
-UNHA CEA Á LUZ DAS CANDEAS
-UNHA HORA CADA DÍA SEN TV
-UN CEPILLADO DE DENTES CON AUGA NUN VASO
-UNHA DUCHA EN VEZ DUN BAÑO
-LAVADO DE MANS SEN A BILLA  DE AUGA BOTANDO AUGA SEGUIDO
-REGAR POLA NOITE OU POLA MAÑÁN CEDO
-COLOCAR ASPERSORES
-ENCHER A LAVADORA E O LAVAVAIXELAS
-APAGAR AS LUCES INNECESARIAS
-APAGAR O ORDENADOR

ÁNIMO E A FACER A TERRA ALGO NOSO!
A TERRA É DE TODOS!

APRENDENDO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E DE EDUCACIÓN

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES.

Deixamos propostas de libros de educación e de atención á diversidade para que as familias e o profesorado sexan competentes no desenvolvemento de novas formas de facer educación:





martes, 21 de abril de 2015

ESTRATEXIAS PARA A MELLORA DA FALA: LOTE DE FRICATIVAS (P. ALONSO MANZANARES, MESTRA DE AL)

A continuación dámosvos pautas para a discriminación e correcta articulación daos fonemas /s/, /z/

















PROPOSTAS METODOLÓXICAS DENDE ENFOQUES INCLUSIVOS

Para dar resposta ao alumnado con n.e.a.e deberemos reformular a nosa praxe e o paradigma debe ser o de "aprender facendo".
A partir desta premisa e coa necesidade de desenvolver aprendizaxes competenciais debemos crear situacións de aprendizaxe nas que a información che por diferentes sentidos pois ás veces a información que lles damos é moi abstracta e complexa para que a poidan procesar pois decir: "arrodea 2 elementos", "arrodea de 2 en 2" "sinala a letra A",... resultan contidos que poden non ser entendidos e procesados. A mensaxe anterior debe se completada  con imaxes e mesmo ser desenvolvida a tarefa polo adulto ou por un igual con material manipulativo para que a información sexa multisensorial.
Para as persoas que queiran reflexionar os seguintes documentos:
http://issuu.com/revistadixital/docs/aspectos_metodol__xicos_xerais_para
http://issuu.com/revistadixital/docs/programa_de_intervenci__n_para_o_al_18e7bef5bab0b7

RECICLANDO PARA MARTA

Sempre hai que reciclar pero se o facemos para poder axudar a alguén é fantástico.
Marta é unha nena que padece un SÍNDROME DE DELECIÓN e precisa que gardemos tapóns de plástico para ela.
Cada tapón terá unha  posibilidade para Marta e desexamos milleiros de posibilidades.
Animádevos!

lunes, 20 de abril de 2015

REVISTA PADRES Y MAESTROS

 No seguinte enlace podedes obter información-formación  sobre o papel da familia nos centros e sobre o novo paradigma educacional do século XXI xa que o noso alumnado debe desenvolver aprendizaxes competenciais que lle permita saber, saber facer e saber ser.
http://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros

domingo, 19 de abril de 2015

ROTEIRO DE MUIÑOS E BURROS FARIÑEIROS

En abril a ASOCIACIÓN MUIÑEIROS DO TRIPES fainos disfrutar da auga, dos regatos, do río TRIPES e dos muiños.
Se queredes estar sempre ao día das novas da Asociación podedes entrar no seu blog:
http://muineirosdotripes.blogspot.com.es/
Amáis sempre ofrece ao CRA MESTRA CLARA TORRES a realización dunha muiñada.

LIBROS PARA APRENDER DE N.E.A.E

Nos seguintes enlaces podemos atopar recursos teóricos e prácticos para dar respostas á diversidade e sempre considerándoa como un VALOR, coma unha RIQUEZA para o grupo de iguais, para as familias e para o grupo docente.

-Trastorno de espectro autista (TEA)
https://www.dropbox.com/home?preview=m1_tea.pdf
https://www.dropbox.com/home?preview=m2_tea.pdf
https://www.dropbox.com/home?preview=m3_tea.pdf
https://www.dropbox.com/home?preview=m4_tea.pdf

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2015/04/Autismo-Gu%C3%ADa-Manual-para-los-Primeros-100-D%C3%ADas-tras-el-diagn%C3%B3stico.pdf

-Necesidades educativas especiais do ámbito motórico
https://www.dropbox.com/home?preview=motoricas.pdf

-Necesidades educativas especiais do ámbito sensorial
https://www.dropbox.com/home?preview=sensoriais.pdf

-Necesidades educativas especiais TXD
https://www.dropbox.com/home?preview=TXD.pdf

-Necesidades específicas de apoio educativo: Altas capacidades
https://www.dropbox.com/home?preview=altas+capacidades.pdf

IMOS AO CINE! CINECRA DE ABRIL!

Xa chegou abril!
Se queredes ir ao cine podedes facelo a partir da seguinte proposta:

jueves, 16 de abril de 2015

RECURSOS PARA A MELLORA DA ATENCIÓN, MEMORIA E PERCEPCIÓN VISUAL

 A continuación, atopades recursos de tarefas para a mellora da atención, memoria e percepción visual que son ámbitos de intervención educativa necesarios para un proceso de aprendizaxe exitoso.

https://www.dropbox.com/sh/a985girepo8bt9o/AAB8AzjQVK0-ZmdD61ErnGMoa?dl=0

martes, 14 de abril de 2015

BOLETÍN INFORMATIVO MES DE ABRIL

Xa está publicado o boletín informativo do mes de abril.
Podedes descargalo no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/boletin

jueves, 9 de abril de 2015

CINECRA EN ABRIL

As propostas de cine para abril son:
FROZEN, EL REINO DEL HIELO para infantil
Data: venres 24 de abril ás 18 horas no SALÓN DE ACTOS do SEMINARIO
Data: domingo 26 de abril ás 17,30 horas na CASA CULTURAL DE PEXEGUEIRO



EL NIÑO para adultos
Data: 30 de abril ás 20,30 horas no SALÓN DE ACTOS DO SEMINARIO

AGORA SOLO QUEDA DISFRUTAR CO VISIONADO!

miércoles, 8 de abril de 2015

Un novo paradigma educativo

A continuación unhas reflexións sobre novos modelos educativos que aparece no artigo de ISASA GONZÁLEZ-UBIETA titulado "EL NUEVO PARADIGMA EN EL QUE DEBEMOS EDUCAR"
http://revistas.upcomillas.es/index.php/padresymaestros/article/view/5345

FALADOIRO E CALENDARIO COMPETENCIAL DE ABRIL


Sesións no FALADOIRO de familias  como escenario para aprender xuntos estratexias para unha educación dos fillos máis eficaz e coherente.

6 de marzo: ESTRATEXIAS PARA A MELLORA DO PROCESO LECTOESCRITOR DENDE O CALENDARIO COMPETENCIAL
17 de abril: ESTRATEXIAS PARA A ADQUISICIÓN DUNS HÁBITOS DE ESTUDIO E DE TRABALLO DENDE O CALENDARIO COMPETENCIAL

AULA DE BALDRÁNS
HORA: 18,30 HORAS

 Propostas para aprendizaxes competencias.  
Algunha das actuacións son:
-cine para adultos
-cine para nenos e nenas
-propostas literarias
-actividades para a mellora da fala
-decir palabras fermosas ás persoas da familia
-visitar a INSUA DO CRASTO (FRIESTAS), VALENÇA
-recortamos imaxes de persoas en revistas ou xornais e decimos características
-ler un conto en familia
-buscar no diccionario nomes de froitas,...
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 
https://www.dropbox.com/home/calendarios%202015?preview=ABRIL+15.pdf

FALADOIRO EN ACCIÓN

Sesións no FALADOIRO de familias  como escenario para aprender xuntos estratexias para unha educación dos fillos máis eficaz e coherente.

6 de marzo: ESTRATEXIAS PARA A MELLORA DO PROCESO LECTOESCRITOR
17 de abril: ESTRATEXIAS PARA A ADQUISICIÓN DUNS HÁBITOS DE ESTUDIO E DE TRABALLO

AULA DE BALDRÁNS
HORA: 18,30 HORAS