Páginas

viernes, 27 de febrero de 2015

PROTAGONISTA: MARTA

Hoxe día 27 de febreiro LEMBRAMOS que existen enfermedades raras.  O nome da medo, crea desacougo, tristura, da medo.
Pero, dende este espazo, queremos SEGUIR visibilizando a nosa historia con Marta (Síndrome deleción I p36), unha experiencia maravillosa para toda a Comunidade Educativa do centro.
Contar coa presenza de Marta ( a nosa Martiña)  sigue a facernos  PENSAR e RE-PENSAR a educación, as prioridades no noso universo persoal, os nosos egoísmos, …
Contigo, Marta,  descubrimos  o significado valioso  dun sorriso, dunha ollada, de canto se pode comunicar coa linguaxe non verbal!
Grazas Marta por ensinarnos TODO : a ser, a estar, a convivir, a emocionarnos cando recoñeces a nosa voz ou cando botas a man a uns brincos (pendentes). Grazas por amosarnos cada día O VALOR DA DIFERENCIA, O VALOR DO ESFORZO e que as posibilidades sempre son infinitas.
Cando estás entre nós aprendemos  a compartir, a sentir,  a explorar a vida  dende o  valioso prisma da DIVERSIDADE.
Cando coñecemos persoas coma ti non temos máis remedio que pregar investigacións médicas, investigacións educativas, investigacións na atención temperá,…para poder darvos respostas eficaces ás vosas necesidades.
Non podemos rematar sen un apoio incondicional á túa mamá, ao teu papá, aos teus avós, ao teu irmán.
Grazas por facernos un pouco máis felices, un pouco máis solidarios e mellores docentes. 

miércoles, 25 de febrero de 2015

CINECRA

CINECRA


SALÓN DE ACTOS DO SEMINARIO DE TUI
XOVES 26 de febreiro, 20,30 horas
 PELÍCULA: EL HIJO DE LA NOVIA






VENRES 27 febreiro, 18,00 horas
PELÍCULA : ROMPE RALPH



jueves, 19 de febrero de 2015

OS CALENDARIOS COMPETENCIAIS XA TEÑEN VIDA!

Un novo ano con CALENDARIOS COMPETENCIAIS!

Este calendario tamén fai unha “ponte de unión” con VALENÇA e dende alí posibilidades de lectura en portugués e lugares fermosos para descubrir e disfrutar.

É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …

Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo 7 COMPETENCIAS, como COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.


O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...

 Estas 7 Competencias deben ser integradas e desenvolvidas en tódalas áreas curriculares.

Trataremos de facer unha reseña das 7 Competencias Clave (7 CC):

As CCCC son: 

1.º COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL). 2.º COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA (CMCT). 3.º COMPETENCIA DIXITAL (CD). 4.º APRENDER A APRENDER (CAA). 5.º COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS (CSC). 6.º SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR (CSIEE). 7.º CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC).
Dende o proceso de ensinanza-aprendizaxe poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.

O noso calendario ten propostas de lecer en familia, de literatura infantil e de adultos, recomendacións de cine, estratexias para mellorar a memoria, a competencia matemática, a atención, a discriminación, a fala,...

Se queredes APRENDER xuntos non tedes máis que premer nos seguintes enlaces:
https://www.dropbox.com/s/b075ggjp0vrfdcg/XANEIRO%2015.pdf?dl=0 

https://www.dropbox.com/s/2ugsexkqh61fasd/FEBREIRO%2015.pdf?dl=0 
 




martes, 10 de febrero de 2015

PINGAS POLA PAZ

A auga na contorna da eurocidade mergúllase coas mensaxes de PAZ que creou o alumnado do centro.
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d17868824k9475463o1l1/pingas-pola-paz

lunes, 2 de febrero de 2015

Boletín informativo xaneiro 2015

Xa está publicado un novo boletín informativo da Consellería de Educación:
http://www.edu.xunta.es/web/boletin