Páginas

jueves, 19 de febrero de 2015

OS CALENDARIOS COMPETENCIAIS XA TEÑEN VIDA!

Un novo ano con CALENDARIOS COMPETENCIAIS!

Este calendario tamén fai unha “ponte de unión” con VALENÇA e dende alí posibilidades de lectura en portugués e lugares fermosos para descubrir e disfrutar.

É un calendario “COMPETENTE” para facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.

Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.

Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.

Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.

E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade

A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.

Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …

Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo 7 COMPETENCIAS, como COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.


O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.

No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...

 Estas 7 Competencias deben ser integradas e desenvolvidas en tódalas áreas curriculares.

Trataremos de facer unha reseña das 7 Competencias Clave (7 CC):

As CCCC son: 

1.º COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL). 2.º COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA (CMCT). 3.º COMPETENCIA DIXITAL (CD). 4.º APRENDER A APRENDER (CAA). 5.º COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS (CSC). 6.º SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR (CSIEE). 7.º CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS (CCEC).
Dende o proceso de ensinanza-aprendizaxe poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.

O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia.

O noso calendario ten propostas de lecer en familia, de literatura infantil e de adultos, recomendacións de cine, estratexias para mellorar a memoria, a competencia matemática, a atención, a discriminación, a fala,...

Se queredes APRENDER xuntos non tedes máis que premer nos seguintes enlaces:
https://www.dropbox.com/s/b075ggjp0vrfdcg/XANEIRO%2015.pdf?dl=0 

https://www.dropbox.com/s/2ugsexkqh61fasd/FEBREIRO%2015.pdf?dl=0