Hoxe día 27 de febreiro LEMBRAMOS que existen enfermedades raras. O nome da medo, crea desacougo, tristura, da medo.
Pero, dende este espazo, queremos SEGUIR visibilizando a nosa historia con Marta (Síndrome deleción I p36), unha experiencia maravillosa para toda a Comunidade Educativa do centro.
Contar coa presenza de Marta ( a nosa Martiña) sigue a facernos PENSAR e RE-PENSAR a educación, as prioridades no noso universo persoal, os nosos egoísmos, …
Contigo, Marta, descubrimos o significado valioso dun sorriso, dunha ollada, de canto se pode comunicar coa linguaxe non verbal!
Grazas Marta por ensinarnos TODO : a ser, a estar, a convivir, a emocionarnos cando recoñeces a nosa voz ou cando botas a man a uns brincos (pendentes). Grazas por amosarnos cada día O VALOR DA DIFERENCIA, O VALOR DO ESFORZO e que as posibilidades sempre son infinitas.
Cando estás entre nós aprendemos a compartir, a sentir, a explorar a vida dende o valioso prisma da DIVERSIDADE.
Cando coñecemos persoas coma ti non temos máis remedio que pregar investigacións médicas, investigacións educativas, investigacións na atención temperá,…para poder darvos respostas eficaces ás vosas necesidades.
Non podemos rematar sen un apoio incondicional á túa mamá, ao teu papá, aos teus avós, ao teu irmán.
Grazas por facernos un pouco máis felices, un pouco máis solidarios e mellores docentes.