Páginas

viernes, 27 de junio de 2014

AFROITATE NO VERÁN




No verán é un gran momento para que o alumnado non perda os hábitos saudables adquiridos durante este curso en relación coa inxesta de froita dentro do PROGRAMA ALIMENTA-T BEN da Consellería de Educación.
Familias aproveitade para seguir cos almorzos saudables desenvolvidos durante o curso:






 
Se queredes comprobar eses bos hábitos non tedes máis que premer no seguinte enlace:

A mensaxe final é: AFRÓITATE TAMÉN NO VERÁN


miércoles, 25 de junio de 2014

APRENDENDO XUNTOS TAMÉN NO VERÁN

Chegaron as vacacións e a pregunta pode ser:
¿e agora que?
Un novo curso remata e parece que foi onte!
Queremos desexarvos unhas vacacións preñadas de vivencias familiares, de ledicia, de xogos compartidos, de andainas polo monte e pola praia, festas,...
E tamén de xornadas de CINE.
As propostas para este verán son:
CINE NA RÚA organizado pola Concellería de Cultura e Educación. Se precisades máis información premede nos seguintes enlaces:
LOS CROODS
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=158&filLin=ga
BRAVE
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=156&filLin=ga
FROZEN
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=160&filLin=ga
MONSTERS UNIVERSITY
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=153&filLin=ga

Por outro lado podedes aproveitar para algunha sesión en salas comerciais pois ir ao cine é unha experiencia ÚNICA que non é comparable ao  visionado dunha película no salón da casa. As suxerencias son:
AVIONES 2: EQUIPO DE RESCATE

CAMPANILLA Y EL HADA PIRATA


CÓMO ENTRENAR A TU DRAGÓN 2


LEGO: LA PELÍCULA


LAS AVENTURAS DE PEABODY Y SHERMAN


RÍO 2

LAS AVENTURAS DE TADEO JONES 2

TARZAN 3D


Agora queremos deixarvos algunha outra recomendación relacionada coa atención, percepción, estimulación,...:

Durante o verán as nenas e nenos deben descansar das tarefas escolares pero poden realizar moitíiiiiiisimas  tarefas da vida diaria que podan axudar ao desenvolvemento de capacidades e de competencias.
No calendario que se vos entregou dende o Dto. De Orientación tedes múltiples propostas que promoven a capacidade de atención, de memoria, as habilidades lectoescritoras,  matemáticas, a ter autonomía, a pensar,...


Algúns exemplos:
-realizar a lista da compra con imaxes ou escribindo
-recordar letras, escribir palabras (ainda que non saiban por todas)
-practicar a numeración contando, agrupando,...
-recordar cantigas, adiviñas, cancións, refráns,...
-realizar andainas descubrindo tesouros (fontes, lavadoiro, unha árbore,...)
-recoller e por a mesa a diario
-recoller, agrupar a roupa que se recolle do tendal,...
-axudar a elaborar as merendas, as ceas,...
-ler as imaxes dos contos (se non saben facer unha lectura convencional) e contalos aos demáis
-ler contos entre os diferentes membros da familia (con texto ou con imaxes) xa que favorece a imaxinación, a creatividade e a linguaxe verbal,...
-facer xogos de sopro, de respiración, de discriminar sons,...
-cando se vai en coche ir decindo as cores dos coches e/ou matrículas e/ou marcas,...
Propostas para mellorar a percepción
-localizar nas páxinas dun conto determinados obxectos, pesoas, animais, ….: atopa un personaxe que leva un pantalón azul, localiza as cousas que hai detrás do cabalo do príncipe,…
-busca no folleto de publicidade do supermercado botes de leite semellantes aos que hai na casa, paquetes  de galletas da mesma marca, iogures da mesma cor,…
-identifica  e enumera todo o que aparece detrás das figuras principais do conto na páxina 3 ou 7….
- localiza (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) formas  cadradas ou triangulares,…persoas que leven un pantalón curto ou verde, ou longo; un coche de cor azul; unha nena loira ou un neno moreno,…
-busca (nunha revista do corazón, nun xornal, nun folleto publicitario,…) cousas, persoas ,árbores,…que estean perto da muller que ten o vestido verde ou lonxe do neno que leva un pantalón branco ou ao redor da casa grande,…
-nomea e di a cor das cousas que están enriba da meseta da cociña,...
-identifica sons que hai no fogar: a batidora, a lavadora, o secador, o microondas, a billa de auga, auga a ferver na pota,…
-localiza arumes e cheiros no fogar: lexivia, fregacháns, loureiro, cebola, allo, colonia, xabón,…
-busca obxectos agochados polo seu son: despertador, secador, a serea dun coche, …
Algunhas estratexias para a mellora da memoria visual e auditiva no contexto familiar poden ser:
-recordar as principais personaxes dun conto
-lembrar as accións que desenvolven na trama dun conto ou película as personaxes
-enumerar os alimentos que se tomaron no almorzo, no xantar, na merenda,...
-nomear as prendas de vestir que levamos o día anterior e as cores
-lembrar a historia dos debuxos animados que se visionaron pola tarde
-recordar o que se fixo o fin de semana
-mostrar unha páxina dun conto ou folleto publicitario durante varios minutos e, a continuación, enumerar obxectos
-colocar enriba da mesa 3-4 pezas con formas xeométricas ou obxectos facer que os observe e, a continuación, retiralos debendo colocar de novo os obxectos ou pezas.
-elexir as prendas de vestir para o día seguinte (mamá ou papá agocha algunha) e localizar pola mañán as que faltan.
-redactar a lista da compra e ir buscando a mercancía no supermercado ou tenda sen mirar (cada vez ir recordando máis artigos)
- papá, mamá, avoa,...comunica cousas a realizar (3-10) ou productos que hai que mercar e, as nenas ou nenos, deberán ser quen de enumeralos.


Como vedes un verán para xogar, aprender e disfrutar das fillas e dos fillos.


As familias son a parte máis importante e relevante no proceso educativo. Sen o voso apoio, compromiso e implicación o ÉXITO EDUCATIVO NUNCA SERÁ POSIBLE.
 

viernes, 20 de junio de 2014

MÁIS VIDA PARA AS PRENDAS DE VESTIR, ÉXITO NO 2º MERCADILLO SOLIDARIO

O xoves 5 de xuño tivemos o 2º MERCADILLO SOLIDARIO onde seguimos a trocar prendas de vestir por alimentos.
Nesta ocasión foi a cidadanía quen se encargou de atender o posto (o alumnado tiña unha saída complementaria.
Xuntáronse 200 kgs. de alimentos que a ASOCIACIÓN S.O.S. BAIXO MIÑO recolleu.
A roupa sobrante entregouse a outra asociación PASO A PASO.

Esta iniciativa callou entre a poboación de Tui polo que debemos pensar na continuidade desta campaña de cara ao curso 2014-15.  






As horas pasaban e as caixas se ían enchendo de alimentos
Ao final a furgoneta da Asociación pasou a recoller
Ese día descubrimos a 2ª vida das prendas de vestir.
Que emoción ollar para as persoas que estaban a darlle vida de novo a esas prendas que estaban en desuso!





MIL GRAZAS!


domingo, 15 de junio de 2014

CAMPING CRA 2014, UNHA EXPERIENCIA PARTICIPATIVA

Xa chegou o día!
Xa tivemos o noso camping 2014 para o alumnado de 6º de Educación Infantil!
Estivemos no CAMPING DE PRAIA AMÉRICA.
Familias, profesorado e alumnado realizamos a montaxe das tendas, repuxemos forzas, camiñamos ata a praia,...
Que boa estaba a auga!
Cando xa estabamos moooooooiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii remollados fumos ao camping a xantar.
QUE FAME!
Como nos gustou o menú!
E o xeado?
Ummm sabrosísimo!
Non estragamos nada pois o que sobrou o levamos para a merenda.
Despois do xantar descansamos nas tendas e ....Á PISCINA!
Pola noite moitas familias e ex-alumnas e alumnos e ex-familias quedaron a durmir.
Se queredes comprobar o ben que o pasamos premede nos seguintes enlaces:
http://photopeach.com/album/4ppfc3

http://photopeach.com/album/ry84h8

http://photopeach.com/album/73kac0

Grazas a todos e a todas por participar e por facer tan fermosa esta experiencia!

sábado, 14 de junio de 2014

IMOS DE CINE!

A proposta de cine en FAMILIA para este mes é ampla.
Seguiremos coa mostra de cine de animación rcrada e realizada polos cativos dentro da proposta NÓS TAMÉN CREAMOS.  
A continuación tedes os enlaces para o visionado desteas curtas:

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/cee-vilagarcia-de-arousa-ernesto-bo-dia

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-albeiros

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-bibei

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-conmenino

Outras propostas son:
  • JUSTIN Y LA ESPADA DEL VALOR


 PARA SABER MÁIS PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE
http://www.ecartelera.com/noticias/15195/justin-espada-valor-animacion-made-in-spain-estilo-hollywood/

  • ESCAPE FROM

 PARA SABER MÁIS PREMEDE NO SEGUINTE ENLACE:
http://www.filmaffinity.com/es/film878343.html

Ademais tamén facemos  a recomendación do film LO IMPOSIBLE


 Se o precisades premede no seguinte  enlace para ter unha guía de visionado
https://www.dropbox.com/s/muw53te1yb5oa1x/lo%20imposible.pdf

Outra película para ver en familia é BRAVE

 Se o precisades premede no seguinte  enlace para ter unha guía de visionado
https://www.dropbox.com/s/knr4kywmy74him3/BRAVE.pdf

jueves, 12 de junio de 2014

NAVEGAMOS POLO RÍO MIÑO

O xoves día 5 de xuño estivemos cazando tesouros polo río Miño, no PATRULLEIRA CABO FRADERA:
-CATEDRAL
-PONTE INTERNACIONAL
-PENEDO
-CENTRO INTERFEDERADO
-VALENÇA DO MINHO,...

O alumnado descubriu a beleza do río e ollaron TUI dende outra perspectiva.
Se queredes comprobar o ben que o pasaron premede nos enlaces dos seguintes vídeos:

Aulas de Guillarei e Ponte Internacional
http://photopeach.com/album/6w6hfk

Aulas de Caldelas
http://photopeach.com/album/kdfd3v

Aulas de Paramos, Malvas, Baldráns
Aulas de Areas, Pexegueiro, Ribadelouro
 
Outro curso máis o noso alumnado tivo o seu bautismo fluvial!




jueves, 5 de junio de 2014

O FALADOIRO ACOMPÁÑAME A APRENDER

VENRES 6 DE XUÑO, 18,30 HORAS
FALADOIRO EN BALDRÁNS
Xa chegou xuño, o mes das vacacións.
Unha das preocupacións pode ser QUE FACER EN VACACIÓNS? COMO PODEMOS SEGUIR ACOMPAÑANDO Á APRENDER AOS NOSOS FILLOS E FILLAS?

 Para darnos pequenas estratexias acompáñanos unha psicóloga do gabinete ARROLÁN que nos explicará como axudar, tamén en vacacións, a desenvolver as capacidades cognitivas, emocionais, comunicativas, afectivas,....
De igual maneira nos descubrirá como se vai producindoo desenvolvemento cognitivo, conductual, funcional,...

A continuación un resumen da charla:

En el desarrollo de vuestros hijos, los padres sois imprescindibles para dar continuidad a las habilidades y conocimientos que van adquiriendo en el entorno escolar. 

 Necesitan acceso a un entorno estimular fuera del entorno formal de la escuela, para que puedan generalizar esas competencias aprendidas en el aula a su entorno familiar y sociocomunitario.
  El cerebro del niño es como una “esponja”, en todo momento está aprendiendo,  a través de la observación, del contacto a través de todos sus sentidos,.. de lo que está a su alrededor. 

  A través del desarrollo de sus capacidades cognitivas, emocionales, conductuales y funcionales, va a adquirir una total y plena autonomía; que además de posibilitarlo para ser independiente le permitirá relacionarse de forma adecuada con su entorno social en cada momento de su vida..
Desarrollo
Cognitivo
Atención-Memoria-Lenguaje- Razonamiento-Coordinación Motora-Visuoespacial-Función Ejecutiva- Orientación a larealidad
Juego , Juguetes, Actividades diarias, Manejo del entorno….
Desarrollo
emocional
Autoestima- Autoexpresión y Autorregulación Emocional
Seguridad, Vínculo  , Apoyo, Contagio emocional…..
Desarrollo conductual
Autocontrol-Empatía-Asertividad-Comunicación interpersonal
Resolución de conflictos; Valores y actitudes de padres y familia….
Desarrollo funcional
Gestionar las AVD (Actividades de la Vida Diaria)
-          Básicas
-          Instrumentales
-          Avanzadas
Modelo , Dar responsabilidades……….



               
Por ello es muy importante ofrecerle y acompañarlo en un entorno estimulantes, tanto a nivel sensorial como social.
                IMPORTANTE ES QUE ENCONTRÉIS  EL EQUILIBRIO ENTRE:
SOBRE-PROTECCIÓN Y SOBRE-ESTIMULACIÓN
O
INFRA-ESTIMULACIÓN Y INFRA-PROTECCIÓN



 Los adultos somos el MODELO que en el cual se ven reflejados nuestros niños, sobre todo a nivel de cómo nos relacionamos y comportamos en el casa y fuera de ella. Tenemos que tener siempre presente que para que vuestros hijos tengan una CONDUCTA ADECUADA es importante que:
*       Que le des unas normas claras.
*       Que estén adaptadas a lo que él puede hacer y teniendo en cuenta sus posibles dificultades.
*       En un ambiente ordenado y organizado; sereno y cálido.
*       Que se le reconozca el esfuerzo realizado.
*       Que le animes y contengas, sin una sobreprotección excesiva.
*       Que le ayudes a situarse y organizarse.
*       Pero sin dejarse manipular por sus caprichos, ni sentir pena por él.
*       Manteniendo los límites de forma racional, estable e inamovible

 TENED ESPECIAL CUIDADO CON
  •  -Menos justificación verbalü  Estar de acuerdo todas las personas adultas que rodean al niño-NUNCA, NUNCA,.. hacer comparaciones con los demás SIEMPRE COMPARARLE CONSIGO MISMO.              

lunes, 2 de junio de 2014

CONTACONTOS CREATIVOS.....A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS


O venres día 6 de xuño, ás 18,30 horas,  na aula de Baldráns teremos a derradeira sesión de este curso do noso CONTACONTOS CREATIVO. Haberá unha sorpresa de cine!
O conto escollido é A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS da Editorial OQO.
Unha breve sipnose da historia é:
A princesa non facía máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os ministros…, mesmo o gato e o can do xardineiro bocexaban. O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, pero os seus esforzos eran en balde. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun criado de palacio achegouse á princesa e...
Un relato divertido, sinxelo e eficaz que, con acento poético, tira proveito da linguaxe e salienta o valor da amizade cunha mensaxe clara e directa para os lectores: … nin bólas de xeado, nin colchóns de pluma, nin elefantas amarelas alegran o corazón das princesas tanto como un bo amigo. Un conto para que os nenos aprendan a recoñecer os valores e a gozar plenamente da infancia. Porque nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, cómpre que non esquezan a importancia das relacións humanas, do xogo tradicional e da experimentación como actividades indispensables para comprender o mundo e establecer lazos afectivos.
As ilustracións de Elena Odriozola presentan un trazo delicado e intimista, con moita personalidade; sutil tanto no nivel técnico como no nivel conceptual. Para alén diso, o álbum foi galardoado en 2006 co SEGUNDO PREMIO ÁS MELLORES ILUSTRACIÓNS na categoría de Libro Infantil e Xuvenil, outorgado polo Ministerio de Cultura.
A guía de lectura e a historia en audio podedesno seguinte enlace: