Páginas

viernes, 20 de junio de 2014

MÁIS VIDA PARA AS PRENDAS DE VESTIR, ÉXITO NO 2º MERCADILLO SOLIDARIO

O xoves 5 de xuño tivemos o 2º MERCADILLO SOLIDARIO onde seguimos a trocar prendas de vestir por alimentos.
Nesta ocasión foi a cidadanía quen se encargou de atender o posto (o alumnado tiña unha saída complementaria.
Xuntáronse 200 kgs. de alimentos que a ASOCIACIÓN S.O.S. BAIXO MIÑO recolleu.
A roupa sobrante entregouse a outra asociación PASO A PASO.

Esta iniciativa callou entre a poboación de Tui polo que debemos pensar na continuidade desta campaña de cara ao curso 2014-15.  






As horas pasaban e as caixas se ían enchendo de alimentos
Ao final a furgoneta da Asociación pasou a recoller
Ese día descubrimos a 2ª vida das prendas de vestir.
Que emoción ollar para as persoas que estaban a darlle vida de novo a esas prendas que estaban en desuso!





MIL GRAZAS!