Páginas

lunes, 5 de abril de 2021

LENDO EN ABRIL

 

As propostas lectoras de abril  para E. Infantil levarannos a viaxar por unha horta moi especial e tamén coñecer a casa dunha mosca pasando polas aventuras dun homiño.

Para E. Primaria as aventuras pasan por coñecer que ten de especial Isadora pois é filla dunha fada e dun vampiro e de tal mestura adiviñade como será a rapaza e que gustos e preferencias terá. De seguido, Billie coas súas dezaseis pecas ou seis pares de calcetíns de raias faranos introducirnos na vida dunha futbolera. E se estas dúas historia snon che parecen divertidas proba coa historia dunha formiga fóra do carreiro   que ten que enfrontarse a un feixe de animais que tratan de gobernala e de dicirlle o que ten que facer. O mes pode rematar cun libro que integra os obxectivos ODS e céntrase en coñecer de onde sae a enerxía para ter luz na casa ou para fabricar pantalóns.

Educación Infantil




Educación Primaria





Educación Secundaria:

As historias para soñar e imaxinar en secundaria realizarán unha travesía pola historia de Harper que planifica o seu futuro pero? e poderán seguir pola historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino ou transitar polo misterio, amor e superación escrito por María Herrejón e rematar cos plans xeniais de Tom como como compoñer cancións ...





Propostas para persoas adultas



O libro de DESPOJOS versará sobre o que significa o que pode significar unha ruptura matrimonial pero tamén a posibiliodade de crear oportunidades e fortalezas diferentes para un novo modelo de familia.

Agora solo queda deixarse engaiolar polas palabras de cada páxina.