Páginas

viernes, 5 de febrero de 2021

EXERCICIOS PARA A LECTOESCRITURA: FONEMAS (L, S)

 


No proceso da lectura e da escritura debemos ter en conta o importante das axudas distais (ambiente de aprendizaxe, recursos,...) e axudas proximais (ofrecer modelos, retroalimentación, directrices de acción,...) polo que os periodos establecidos por Piaget teñen un carácter orientativo e coa cautela interpretativa de que as aprendizaxes producen avance no desenvolvemento e maduración do alumnado e, polo tanto, non podemos argumentar   que primeiro o alumnado debe estar xa desenvolvido e logo poder pasar de etapa no proceso escritor e lector.

Seguindo a teoría de Vygotsky débense ter en conta os niveis de DESENVOLVEMENTO REAL  (ZDR) e POTENCIAL  (ZDP) polo que temos que actuar na ZONA DE DESENVOLVEMENTO PRÓXIMO para que o alumnado poida poñer en conexión o que xa sabe, o que realiza solo e o que realizará con axuda dos iguais ou dos docentes porén condicionando os nosos plantexamentos pedagóxicos-didácticos. Neste senso Vygotsky denomina como ZONA DE DESENVOLVEMENTO PRÓXIMO o conxunto de funcións que aínda non maduraron pero que están en proceso de maduración. Esta concepción permite orientar o ensino cara a facilitar as condicións que fagan posible a consecución do nivel madurativo seguinte ainda antes da idade determinada polos estadios evolutivos de Piaget.

Ex. xa escribe o seu nome, agora intentamos que escriba os nomes dos amigos e amigas; xa identifica nomes e agora deberá localizalos en frases, en textos,...

Atribuimos significado a unha nova aprendizaxe basándonos no que xa sabemos. Cando non podemos relacionar o contido que temos que aprender empregamos a  memorización  polo que as actividades de lectura e de escritura que plantexemos ao alumnado deben ser próximas, contextualizadas, relacionadas con centrois de intereses, proxectos,... e deben posibilitar a interacción entre o que saben, o novo contido e a actitude ou dispoñibilidade do neno ou nena. Os iguais e os adultos debemos crear conflicto, desequilibrio nos esquemas cognitivos para poder seguir aprendendo.

A recente adopción dos postulados de Vygostky e o desenvolvemento do modelo constructivista puxeron de manifesto que a aprendizaxe é previa á maduración e, polo tanto, non se poden concebir os estadios de Piaget de forma estática. Hai que incorporarlle ó senso constructivo – dinámico-  o criterio de intervir sobre a zona de <<desenvolvemento próximo>> (propiciando comparacións, reflexións, análises, indagacións,...) polo que deberemos tomar en consideración non só os estadios xa completados senón tamén aqueles que están comenzando a madurar.

Polo que se refire á aprendizaxe significativa de Ausubel integrada na “TEORÍA DA APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA”, integrada dentro do modelo constructivista e desenvolvida por Ausubel, permite profundizar nos mecanismos da aprendizaxe e parte da necesidade de poñer á criatura ante unha situación de desequilibrio, presentándolle conceptos que dificulten a súa conexión cos que ela xa posúe almacenados no cerebro. Ante esta situación vese na obriga de responder a fin de resolver esa disonancia, ben sexa clarificando a relación entre o novo concepto e os que xa tiña e adaptando polo tanto a súa estructura cognitiva, ou polo contrario, construíndo novos esquemas cando non hai relación posible entre os conceptos almacenados e a nova información.

Ex.Como se escribirá MECANICO?, que letras faltarán na palabra escrita? Imos comparar o que escribimos coa lista de palabras que temos no ficheiro, cal será máis longa? que letras ten o meu nome que tamén están nas palabras sinaladas do conto? cantas veces aparece repetida o fonema /t/?

De igual maneira botaremos man das aportacións das aportacións de Bruner  (Aprendizaje por descubrimento) que establece que a aprendizaxe debe facerse de forma activa e constructiva, por “descubrimento”, polo que é fundamental que o alumno-a aprenda a aprender. A persoa docente actúa como guía do alumnado e pouco a pouco vai retirando esas axudas (andamiaxes) ata que alumnos e alumnas  puedan actuar cada vez con maior grao de independencia e autonomía.

Ex. buscando axuda en ficheiros de vocabulario, en modelos de recetas, en modelos de menús, en modelos de cómics, de cartas, de notas informativas,...

E para rematar, integraremos as aprendizaxes dunha forma contextualizada, "aprendizaxe situada". O concepto de “aprendizaxe situada” (situated learning, Leave y Wenger, 1991) indica que as aprendizaxes deben ter un carácter contextualizado e que non se reduce  ás  nocións convencionais de aprendizaxe in situ ou aprendizaxe activo, senón que se aprende nunha comunidade de práctica; isto é, nun contexto cultural, social, de relacións, do cal obtén os saberes necesarios para transformar a comunidade e transformarse a sí mesmo.

Ex: creación de cuñas informativas ou publicitarias, deseño de notas informativas, creación de decálogos de consumo responsable de auga, de uso responsable das bibliotecas, etc.

Outros referentes para deseñar situacións de aprendizaxe da lectoescritura exitosas, significativas, globalizadas, activas, globalizadas, por descubrimento, dinámicas, inclusivas,...serían:  Díez de Ulzurrun (2011), Ferreiro e Teberosky (1979), Teberosky (1993)

EXEMPLO DE TRABALLO COS FONEMAS /L/, /S/