Páginas

viernes, 5 de junio de 2020

ODS: VIDA TERRESTRE E ECOSISTEMAS


Hoxe, día 5 de xuño, día do MEDIO AMBIENTE pode ser o momento oportuno para unha reflexión  sobre a nosa vida na terra e sobre os ecosistemas para ir facendo un camiño  de desenvolvemento sostible. Aí van unhas propostas para mellorar a nosa contorna natural, todo o que nos rodea, é dicir, o noso medio ambiente:

VIDA TERRESTRE E ECOSISTEMAS
Crea un decálogo que recolla aspectos para unha vida equilibrada dun ecosistema
Busca ecosistemas diferentes e continentes ou países e analiza similitudes e diferenzas
Explica á túa familia que é biodiversidade
Realiza unha lista de productos contaminantes e que alteren os ecosistemas e que produzan residuos tóxicos
Analiza a distribución dos recursos naturais
Crea o propio compost no fogar
Escribe conceptos relacionados cos ecosistemas
Relaciona países e continentes con diferentes ecosistemas
Busca información sobre o significado de biodiversidade
Indaga sobre sobre a importancia dos bosques para o equilibrio do mediambiente
Indaga sobre as consecuencias dos incendios nos ecosistemas.
Crea un decálogo con accións que contribuyan a contribuir o medio ambiente.
Deseña un proxecto para para utilizar terras sen cultivar na túa comarca
Identifica 5 accións que a túa familia realiza cada día para mellorar o medio ambiente
Sementa tomates, allos e cebolas na túa contorna
Crea unha lista de accións que suplan o plástica na vida cotiá
Identifica as necesidades de cada ecosistema
Realiza unha andaina coa túa familia e recollede resíduos tóxicos
Visita unn bosque da zona e identifica o que estácontribuindo á súa destrucción
Planifica e organiza unhas vacacións sostibles