Páginas

miércoles, 10 de junio de 2020

ODS: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

Aí van propostas para un desenvolvemento sostible de cidades e comunidades:

CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES
Localiza e fotografía na túa contorna lugares históricos e monumentos e logo crea un vídeo-infografía
Roteiro pola cidade e búsqueda de información sobre patrimonio etnográfico, natural, artístico
Crea cuñas para publicitar recantos con encanto e monumentos da túa localidade
Crea e organiza unha exposición sobre espazos públicos da localidade
Indaga sobre o que é un horto solar e localiza algún pola zona
Busca información sobre as 3 R e pensa como aplicalo no teu fogar
Averigua de onde chega a froita que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
Averigua de onde chega o peixe, a carne, legumes,... que comemos e analiza a contaminación para transportala e chegar aos puntos de venda
Marca no mapa da túa localidade rutas para ir ao colexio, a un lugar históricoi, a un servizo comunitario
Crea un decálogo para que o teu centro e  fogar sexa seguro, saudable e sostible
Deseña unha horta sostible na tua contorna e/ou centro
Organiza diferentes contenedores para a recollida selectiva de lixo
Crea un decálogo de consumo sostible
Analiza e reflexiona sobre  fotografías de antes e de agora da túa localidade e valora a sostibilidade
Investiga sobre diferentes  maneiras de reducir residuos
Compara cos teus familiares como era antes a vida na túa localidade e agora. Ventaxas e inconvenientes
Busca fórmulaspara ir ao colexio a pé
Mide as emisións de gases de efecto invernadoiro
Busca estratexias para a reducción de emisións de CO2
Explica aos membros da familia a necesidade de non usar simultaneamante  equipos que precisen gran cantidade de enerxía
Busca medidas para a reducción de CO2 do transporte escolar
Crea eslogan ou cuña para a reducción do consumo de enerxía
Calcula e analiza o uso de carburante de toda a clase para ir ao colexio e extrae consecuencias
Elabora un mural sobre o quentamento global
Indaga sobre o efecto invernadoiro, as súas causas e consecuencias
Indaga sobre o gasto de auga para a fabricación de prendas de vestir
Investiga sobre a creación sostible de prendas de vestir