Páginas

lunes, 1 de junio de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE XUÑO 20

Xa estamos no mes de xuño! E o calendario competencial trae múltiples propostas de lectura, de cine e de tarefas competenciais que axudan a ser autónomos, a pensar, a facer, a sentir, a refglexionar, a comparar,...
O alumnado de E. Infantil poderá crear unha cuña publicitaria sobre un recanto da zona, debuxar ás persoas que compoñen a súa familia, pensar ou buscar no dicionario nome de legumes ou cereais, nomear obxectos que estean na cociña que teñan tres sílabas, emparellar e dobrar a roupa do tendal,...
O alumnado de E. Primaria poderá crear un cartel ou póster dixital con recomendacións de coidado do medio ambiente, colaborar na preparación dunha comida, indagar sobre a fotosíntese e a utilidade para a vida, localizar lugares de lecer para disfrutar coa familia,...
Amáis teremos adicación especial a unha MESTRAS DE SEMPRE: Concepción Pérez Iglesias do Concello de Portas.
E como seguimos sen poder sair da provincia que mellor que visitar RECANTOS CON ENCANTO: mosteiro de Aciveiro (Forcarei), encoro de Eiras, Regato Peitieiros (Gondomar).
Agora a realizar as múltiples propostas!