Páginas

viernes, 17 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ATENCIÓN


A atención é un proceso psicolóxico básico e proceso fundamental para un proceso de aprendizaxe exitoso.
Nas aulas podemos atopar nenos e nenas con dificultades para controlar as súa atención, que se distraen facilmente, cústalles mater a concentración ou lles custa atender a varios estímulos á vez.
Se estimulamos a atención do alumnado potenciamos as capacidades cognitivas e intelectuais e favorecerán o seu rendimento na escola.
Débese traballar a atención selectiva, serial, focal, sostida. Ademáis non podemos esquecernos que desenvolveremos a atención cando realizan actividades de discriminación visual, percepción de diferenzas, coordinación visomotora, motricidade fina, estratexias de planificación e organización de tarefas, comprensión e seguimento de instruccións, memoria de traballo ou flexibilidade mental.