Páginas

viernes, 1 de mayo de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL MAIO 2020




Xa estamos en maio!
E agora máis que nunca seguimos apostando polas aprendizaxes funcionais para a vida e pola integración de OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, ODS, na vida cotiá: separar os residuos, axudar a levar o lixo, palnificar actividades corresponsábeis, planificación mensual da compra, deseñar actividades de lecer en familia, crear cuñas sobre libros, unha película,  etc
Ao mesmo tempo, ofertamos propostas de cine e de literatura para adultos e fillos-fillas.
E como cada mes visibilizamos unha MESTRA DE SEMPRE: MARGARITA SÁNCHEZ REBOREDO (Ponte Caldelas)
Para Educación Primaria tamén hai propostas de actividades de aprendizaxe que desenvolven contidos básicos, esenciais, funcionais,...que nestes momentos son de vital importancia xa que o alumnado está aprendendo no seu contexto familiar e este tipo de propostas permitirán un desenvolvemento curricular máis eficaz e exitoso.
Algunha das actividades son:
-Facer unn colaxe coas fotos da familia en formato dixital ou en papel
-Crear unha historia oral manifestando o que senten e pensan nestes momentos
-Indagar sobre a funcionalidade das Funcións Públicas (Concellos, Diputacións, Bombeiros, Protección Civil,...)
-Inventar un poema ou rap
-Crear receitas
-Crear podcast sobre un libro, sobre patrimonio natural e cultural
-Indagar sobre mulleres políticas relevantes de Europa
-Investigar sobre diferentes países de Europa,...
Agora a aprender en familia!


CALENDARIO MAIO 2020 EDUCACIÓN INFANTIL


CALENDARIO MAIO 2020 EDUCACIÓN PRIMARIA