Páginas

martes, 17 de marzo de 2020

AUDIOCONTOS PARA RIR, SOÑAR, COMPARTIR, IMAXINAR!




Nestes días diferentes o tempo ten un valor especial. As familias están vivindo esta situación con diversidade de realidades.
Desexamos ofertar múltiples opcións para cada realidade familiar.
Hoxe a proposta é un BANCO de AUDIOCONTOS para que fillos e fillas cos avós, avoas, tíos, tías, irmáns,... disfruten de ESCOITAR CONTOS!
A escoita activa é un dos ámbitos que favorece a mellora das aprendizaxes. Adicar tempo a escoitar, cunha atención sostida resulta beneficioso para o desenvolvemento cognitivo. Coa proliferación do uso de pantallas adicarlle uns minutos cada día a escoitar contos serve como desintoxicación diaria e ademáis escoitar en compañía pode ser unha aventura marabillosa.
Estes contos están narrados por ACTORES E ACTRICES de GALICIA que colaboraron con Dto. de Orientación do centro para donar a edición de 2 CDs a diversos colectivos desfavorecidos (Síndrome Deleción 1p36, Autismo 1+, Plataforma afectados explosión Paramos
Neste momento, estes CDs poden ser unha ferramenta que favoreza tamén a solidariedade, a axuda, a compensación, etc.
Historias en galego e en castelá da editorial OQO que colaborou desinteresadamente.
Temos actores como: Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras, Carlos Blanco, César Cambeiro, Pepo Suevos, Dani Trillo, Tito Asorey, Josito Porto e Fer González.
As actrices participantes son: Sabela Hermida, Rocío González, Sabela arán, Uxía Senlle, Lucía Regueiro, Uxía Blanco, Isabel Blanco, Ana Santos, Melania Cruz e Iria Acebedo.

AUDIOCONTOS PARA RIR, SOÑAR, COMPARTIR, IMAXINAR!

Títulos:
-A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS (Ana Santos)
-CHOCOLATA (César Cambeiro)
-PACO PAPÁN (Pepo Suevos)
-GALIÑO PELADO (Dani Trillo)
-LA LUNA LADRONA (Iria Acebedo)
-LA SOPA QUEMA (Melania Cruz)
-NO HACE FALTA LA VOZ (Tito Asorey)
-A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR (Fer González)
-TAM, TIM, TOM  (Josito Porto)
-A POTA QUE TROTA (Antonio Mourelos)
-MARUXA (Sabela Hermida)
-A RÚA DA TIXOLA (Rocío González)
-A MELLOR SOPA DO MUNDO (Sabela Arán)
-COCORICO (Uxía Senlle)
-A COCIÑEIRA DO REI (Monti Castiñeiras)
-A MÁSCARA DO LEÓN (Lucía Regueiro)
-SOPA VERDE (Carlos Blanco)
-TITIRITESA (Uxía Blanco)
-A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS  (Isabel Blanco)