Páginas

domingo, 23 de junio de 2019

REFLEXIÓNS COMPARTIDAS COAS FAMILIAS do alumnado de novo ingreso


Chega un momento importante para a vida dos vosos fillos e fillas e tamén para vós: a incorporación
á ESCOLA, ao 2º CICLO DE E.I.
A vida na escola é unha continuidade do voso fogar para eles e o proceso educativo debe ser unha
tarefa compartida entre vós e nós, os docentes. Deste xeito, deberemos estar sempre en sintonía
dialogando, conversando, expresando opinións, compartindo momentos, experiencias e información.
A escolarización dos nenos e nenas no CRA MESTRA CLARA TORRES é un momento para disfrutar xa que ofrecemos unha EDUCACIÓN DE CALIDADE, INCLUSIVA, COMPETENCIAL, DINÁMICA, GLOBALIZADA,... na contorna da parroquia e perto da súa casa e promoveremos o aprender a coñecer, o aprender a facer, o aprender a estar e a convivir, o aprender a ser. Partiremos da premisa das múltiples intelixencias que ten cada alumno e alumna e que poden ser diferentes, diversas. Temos na DIVERSIDADE o noso valor.
Nas nosas aulas damos TEMPOS para PENSAR, para DEBATIR, para TOMAR DECISIÓNS, para
INDAGAR, para CONTRASTAR, para SENTIR, para APRENDER FACENDO, ...
E sempre coa participación das familias nas saídas.
Se queredes saber máis do que significa a incorporación do neno-nena a 4º de E.I. debedes premer no seguinte enlace FOLLETO EXPLICATIVO