Onte nas miñas mans (e no meu corazón) puxeron un fermoso libro. Fala da importancia de ter enn conta as aportacións de Montessori e os avances da neurociencia na educación de nenos e nenas.
As familias e os docentes debemos ter en conta que os nenos e nenas posúen capacidades innatas para aprender pero debemos poñelos en situacións de aprendizaxe ricas, estimuladoras en ambientes e escenarios diversos. Tamén hai que respectar as leis naturais do desenvolvemento das criaturas pero, estas leis vense aceleradas se os poñemos en situacións de aprender e que os espazos de xogo libre sexan ricos, diversos, que favorezan a reflexión, o espíritu crítico, a toma de decisión, a indagación, a resolución de problemas,...
Agora solo desexo que disfrutedes da súa lectura como eu o estou a disfrutar.