Páginas

viernes, 18 de enero de 2019

REGRETEANDO PRIMEIRA PARTE!



REGRETEANDO PRIMEIRA PARTE


ANTECEDENTES DAS REGRETAS DE CUISENAIRE?
María Montessori e F. Froebel empregaban regretas para representar números.

QUEN ERA CUISENAIRE?
Georges Cuisenaire, profesor, publicou no ano 1952 un libro titulado LOS NÚMEROS EN COLOR.

CARACTERÍSTICAS
Este recurso foi moi desenvolvido e popularizado por CALEB GATTEGNO en moitos paises do mundo. É un recurso tamén empregado para a ensinanza de idiomas.

As regretas son 10 prismas de 10 cores diferentes e de diferentes lonxitudes.
As equivalencias son:
1= branco,  2=vermello, 3=verde craro, 4=rosa, 5=amarelo, 6=verde oscuro, 7=negro, 8=marrón, 9=azul, 10=laranxa
Algúns dos aspectos positivos máis relevantes das regretas son que permiten e promoven:
- a interacción
-a manipulación
-a verbalización ao ter que intercambiar información e ter que argumentar un proceso
- o traballo en equipo e a titorización entre iguais
-o razonamento
-o pensamento lóxico
-o pensamento analítico
-o pensamento analóxico
-o pensamento deliberativo
-o compartir
-a resolución de problemas
-o cálculo
-a numeración
-posibilidade de actividades multinivel
-a compensación de desigualdades

Coas regretas realizamos a función manipulativa (obxectos da vida real: caramelos, patos, galiñas,...), a gráfica (reprrsentación da vida real: o prisma verde claro pode representar 3 gominolas, 3 patos,...) e a simbólica (se lle asigna un garabato, unha forma: 1, 2, 3, 4,...)

Para saber máis  debedes descargar o código QR que está arriba.